Festaclown nas Parroquias
- Venres 26 de xullo. Carril. Assircópatas. Rogelio. Praza da Liberdade, 20.00 h
- Xoves 8 de agosto. Guillán. Assircópatas. Rogelio. Centro Sociocultural, 21.00 h
- Domingo 11 de agosto. O Sixto. Isla Letriska. Letriska Inmobile. Teleclube de Solobeira, 12.00 h
- Domingo 11 de agosto. Cornazo. Isla Letriska. Letriska Inmobile. Centro Sociocultural, 20.00 h
Festaclown
Apartado Social
O Soño de Lilith
+ Arousa moza
Xincana pola igualdade
11.00 h Praza de Galicia
Inauguración
Festaclown 2019
12.00 h Praza de Galicia
Superroquiños
Muu
Crunch!
13.00 h
Rúa Castelao
Desclowntrol
Kote Malabar
Cirkote
19.00 h
Rei Daviña esquina Baldosa
CERTAME INTERGALÁCTICO
Muu
Crunch!
20.00 h
Praza do Castro
Mostra Internacional
Miguel de Lucas
Olé!
21.30 h
Praza de Galicia
Apartado Social
Cía Amencer + Con Eles
Exposición “O riso para nós”
11.00 h
Praza de Galicia
Superroquiños
Patty Diphusa
Superharte
13.00 h
Praza da Independencia
Desclowntrol
Patty Diphusa
Superharte
19.00 h
Rei Daviña esquina Baldosa
CERTAME INTERGALÁCTICO
Sempre Arriba
C´est pas la vie
20.00 h
Praza do Castro
Mostra Internacional
Vol'e temps
DistanS
21.30 h
Praza de Galicia
Apartado Social
Pallasos en Rebeldía
+ Nen@s do campamento de verán
11.00 h
Praza de Galicia
Apartado Social
Rudi Dudi
Clowntamination
12.00 h
Centro LAR de saúde mental
Superroquiños
Píscore
Concerto Con Fusión
13.00 h
Praza de Galicia
Desclowntrol
AsSircópatas
Rogelio: Un pallaso en recuperación
19.00 h
Rei Daviña esquina Baldosa
CERTAME INTERGALÁCTICO
Píscore
Concerto Con Fusión
20.00 h
Praza do Castro
Mostra Internacional
Mireia Miracle
Rojo
21.30 h
Praza de Galicia
Apartado Social
Con Eles + Clámide + Amencer
Piratas da Arousa
11.00 h
Praza de Galicia
Superroquiños
Mago Teto
Alquimia
13.00 h
Praza de Galicia
Desclowntrol
Isla Letriska
Letriska Inmobile
19.00 h
Rei Daviña esquina Baldosa
CERTAME INTERGALÁCTICO
Mago Teto
Alquimia
20.00 h
Praza do Castro
Mostra Internacional
Aimar & Cía
Etxea
21.30 h
Praza de Galicia
Apartado Social
Pallasos en Rebeldía
O Valo
11.00 h
Praza de Galicia
Apartado Social
Leo Bassi
El teatro como herramienta política
12.00 h
Auditorio Municipal
Superroquiños
Cía Vaya
On time
13.00 h
Rei Daviña esquina Baldosa
Mostra Internacional
Kanbahiota
Trapecio Volante
19.00 h
Praza de Galicia
Certame Intergaláctico
Cía Vaya
Atempo
20.00 h
Praza do Castro
Mostra Internacional
Kanbahiota
Trapecio Volante
22.30 h
Praza de Galicia
Mostra Internacional
Leo Bassi
Yo, Mussolini
21.00 h
Auditorio Municipal
Apartado Social
Pallasos en Rebeldía
O Valo
11.00 h
Praza de Galicia
Apartado Social
Leo Bassi
El teatro como herramienta política
12.00 h
Auditorio Municipal
Superroquiños
Cía Vaya
On time
13.00 h
Rei Daviña esquina Baldosa
Mostra Internacional
Kanbahiota
Trapecio Volante
19.00 h
Praza de Galicia
Certame Intergaláctico
Cía Vaya
Atempo
20.00 h
Praza do Castro
Mostra Internacional
Kanbahiota
Trapecio Volante
22.30 h
Praza de Galicia
Leo Bassi
Yo, Mussolini
Leo Bassi volta a posicionarse fronte á extrema dereita cun espectáculo nado do auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista.
Trátase dunha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, o mellor, Risistir! con intelixencia á intolerancia, e é que a mensaxe máis importante de Yo, Mussolini é que o fascismo crece polo medo que xera e que o mellor antídoto contra o medo é o sentido do humor.
Vol'e temps
DistanS
Vol'e temps nace en maio de 2018 como un espectáculo de teatro-circo nunha linguaxe poética e cunha grande beleza e sensibilidade. En pouco máis dun ano xa mereceu o Premio Fetén 2019 e o Premio Lorca de espectáculo de circo 2019.
DistanS é unha viaxe a través das emocións nun espazo visual e sonoro que envolve as escenas de circo acrobático e teatro xestual conformando un espectáculo orgánico, sensible e divertido.
DistanS fala da amizade, da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.
Mago Teto
Alquímia
Durante milleiros de anos, os alquimistas viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo: atopar a Pedra Filosofal.
O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume e o tempo. Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles a cura de todas as enfermidades, a riqueza... Cando conseguían estes logros, coñecíase como “A Grande Obra”.
Nesta nova aventura, o Mago Teto busca a pedra filosofal na procura da alquimia que está dirixida ao corazón: a felicidade! A felicidade do público e a do propio mago, para lograr a súa propia “Grande Obra”. A auga, a terra, o lume e o aire farán posible esta nova andanza do Mago Teto!
Píscore
Concerto Con Fusión
Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se converta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.
Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural), que levou o Premio do Público no Festiclown 2018 e foi o espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe, Concerto Con Fusión.
Miguel de Lucas
OLÉ!
Miguel de Lucas é un mago atípico, é unha personaxe peculiar que ademais de usar a maxia como instrumento para divertir e namorar, é quen de crear absurdas situacións improvisadas con tan só o uso da palabra e o xesto. En Olé! mestúranse estas situacións con disparatados números de maxia, que tomando como base o público familiar amosan que a maxia é unha linguaxe universal coa que se pode xogar e experimentar sen esquecer que a rúa é un contexto idóneo para propoñer cousas esperando moito a cambio: bólas multiplicándose, panos que aparecen e desaparecen, aneis que voan, un número final de escapismo, e moita enerxía máxica, serán tan só algúns dos ingredientes que terás neste espectáculo protagonizado polo presentador do programa da 2 de Televisión Española, Un País Mágico.
Mireia Miracle
Rojo
Mireia Miracle Company é a compañía da actriz, clown, directora e pedagoga homónima. É fundada en 2016 co seu primeiro traballo: ROJO, que en 2017 foi adaptado a sala co nome de ELLA. Teatro xestual, clown e humor. Un obstáculo, unha liña, un límite.
Rojo é o camiño dun clown, é unha viaxe aos límites, os que nos impoñen e os que nós mesmos creamos. Estrañas provisións de viaxe: chaves, pomos de portas, ilusións, po, lembranzas… Rojo é un diálogo cun muro, unha danza cos confíns, un soño que está máis aló, é algo que deixar atrás para poder avanzar. O motor da viaxe e o desexo de chegar ao outro lado, ao lugar no que están os outros.
Muu
Crunch!
Un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas das que un aprende e sae adiante e sobre todo de risas que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.
Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.
Patty Diphusa
Superharte
Patty Diphusa é unha Hartista, con h maiúscula. E ven a traernos un pouco de Harte, e moito de Hamor.
Durante 50 minutos esta pequena gran Hartista intenta, literalmente, chegar ao máis alto, utilizando para iso todas as habilidades ao seu alcance; bailando, trepando, inchando globos e incuso meténdose dentro de eles!!
Armada cun humor moi pícaro e moitas ganas de pasalo ben, Patty chega disposta a conquistar os corazóns do público porque como ela di “Aos artistas se lles respecta, pero aos pallasos ámasenos”, e é ese amor a razón de porqué durante 50 minutos non parará de dar toda a súa enerxía aos presentes.
Rudi Dudi
Clowntamination
Rudi Dudi, no seu personaxe "O home máis forte do mundo", ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, tenta romper os moldes, xogando co absurdo.
Coa súa arte sedutora consegue atrapar a un público sen límite de idade, convidándoo a participar e axudar no imposible, logrando que quen ten a sorte de velo perda a noción do tempo e gañe un sorriso. Un espectáculo dinámico e interactivo deseñado para salas e exteriores.
AsSircópatas
Rogelio: Un pallaso en recuperación
Un espectáculo de clown desde un pallaso que non ten moito filtro e que precisa do público como un elemento máis do espectáculo. Maxia, escapismo, clown e moitas sorpresas máis.
Rogelio leva pechado na súa casa 20 anos. No instituto facíanlle Bullying. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de 12 pasos, está no último chanzo. Paso número 12: facer en público o que máis lle gusta, a maxia. Se hoxe sae todo ben, danlle o alta médica. Iso so se cura coa axuda do público.
Isla Letriska
Letriska Inmobile
Isla Letriska presenta este delirante espectáculo no cal combina disciplinas de Novo Circo: malabares, pallaso, equilibrios... Xunto a excentricidades e xogos co público. Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando proezas como: malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxectos cotiáns, pelexar co público ou converter a un neno nun grande artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tolería, moita tolería. Pequen@s e grandes sacarán @ tol@ que levan dentro.
Aimar & Cía
Etxea
ETXEA / CASA / HOME é a confluencia das traxectorias vitais e profesionais dos dous membros da compañía co circo contemporáneo como fío condutor na súa particular loita por atopar a súa identidade vital e artística. En ETXEA o protagonista é un estraño personaxe que enfrontase ás súas pantasmas nunha viaxe de crecemento persoal para construír un niño propio. Unha historia sinxela sobre unha viaxe fantástica, unha homenaxe ao fogar de acollida, comezar de cero, botar novas raíces, atopar novas realidades, facerse a unha nova contorna. Sentimentos de nostalxia, euforia, calidez… Os conceptos de fogar e identidade da man a partir das técnicas do clown e o mastro chinés.
Pallasos en Rebeldía
O Valo
O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade. Pallasos en Rebeldía -entidade de cooperación internacional a través das artes e con ampla traxectoria en zonas de conflito – decide crear e producir este espectáculo, coa crise das persoas refuxiadas de fondo, para convidar ao público infantil (de educación primaria) a reflexionar e tomar conciencia sobre esta problemática que está a se enquistar nas nosas fronteiras.
Cia Vaya
On time
On Time é un espectáculo de circo contemporáneo de grande sutileza, que conecta ao público coa súa propia experiencia, recuperando ao neno que todos levamos dentro.
Unha parella esperta para vivir os seus soños, descubrindo a rutina e o traballo como un xogo acrobático delirante. Home e muller enfróntanse ata atopar na harmonía do soño, a lixeireza do humor e a enerxía da acrobacia, a súa conexión coa realidade. Vivir os soños e soñar espertos, On Time recórdanos o lindo que é querer, crer e voar.
Cia Vaya
Atempo
Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión orixinal da evolución do ser humano e a nosa humanidade.
Atempo interpela ao espectador para que se pregunte polo futuro da nosa humanidade. “A través do circo contemporáneo falamos sobre os nosos procesos de evolución convidando ao espectador a retroceder ás bases do que fomos, o que quizais somos e o que nos habita".
Sempre Arriba
C'est pas la vie
Usando o clown como linguaxe, e en comunicación directa co público, neste espectáculo ponse de manifesto a dualidade que moitos vivimos por dentro: Aprendemos a ser eficaces, a cumprir prazos e expectativas, e esquecémonos de deixarnos ser e gozar. Un fío dramatúrxico sinxelo para facer chegar unha historia universal. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, que convida ao público a empaparse das emocións que este personaxe vive en escena. Responsable, disciplinada, eficaz e profesional, cada día pon o mellor de si mesma. Pero hoxe a súa rutina vai ser alterada pola mirada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, levándoa a facer o que cría imposible. Unha viaxe cara ao reencontro cun mesmo e o pracer de vivir e compartir.
Kanbahiota
Trapecio Volante
Kanbahiota significa reviravolta en brasileiro. Do seu nome até a súa esencia, todo pasa polo movemento. Desde o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario. Aprópianse do vento nas prazas e do ambiente no teatro. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as súas depuradas técnicas aéreas. Os malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas destes artesáns do espectáculo. Catro trapecistas, unha barra e unha estrutura de trapecio volante. Só hai que conseguir axustalo para poder conquistar o aire coas súas acrobacias, non sen algunha caída inesperada... 20 minutos de espectaculares voos en clave de humor.
Kote Malabar
Cirkote
CIRKOTE circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.
KOTE MALABAR leva cerca de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público nun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que ti acabes sendo a estrela da función.
Leo Bassi
Taller de Bufón
19 e 20 de Agosto
Auditorio Municipal - Sala Principal
De 10.00 a 13.00 h e de 16.00 a 19.00 h
Prezo: 100 €
Para inscribirse podes mandar un email a info@festiclown.org