★ LUNS 19 

ANIMACLOWN

FUNDACIÓN TCHYMINIGAGUA

Tchymizayaguas

→19.30 h  ↓Rúas da cidade

ANIMACLOWN

7BUBBLE

Meninas

→21.00 h  ↓Rúas da cidade

★ MARTES 20 

ANIMACLOWN

IGUALARTE + CON ELES + TCHYMINIGAGUA

Animarte

→11.00 h  ↓Rúas da cidade

CERTAME FESTACLOWN

7BUBBLE

Burbulla

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

 

SUPERROQUIÑOS

CULTURACTIVA PRODUCIÓNS

Máis Saaabor!

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

 

MOSTRA FESTACLOWN

FUNDACIÓN TCHYMINIGAGUA

Sueños encantados

→21.00 h  ↓Praza da II República

★ MÉRCORES 21

SUPERROQUIÑOS

PABLO MUÑOZ

Prohibido tocar. "El Segurata"

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

 

CERTAME FESTACLOWN

MUU

Crunch 2

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

CIRC COLOKOLO

Chouf le ciel

→21.00 h  ↓Praza da II República

★ XOVES 22

SUPERROQUIÑOS

A VELA CIRCO

O último que apague a luz

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

CIRKOMPACTO

Mal de tontos

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

AMEBA TEATRO

Cataplum!

→21.00 h  ↓Praza da II República

★ VENRES 23

SUPERROQUIÑOS

CÍA SIN TRIZ

Lila Star

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

ZIRKO TXOSKO

Tavole

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

ORAIN BI

Mute

→21.00 h  ↓Praza da II República

★ SÁBADO 24

SUPERROQUIÑOS

SIMPLEMENTE ENRICCO

Henriko, o feiticeiro

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

MAI CLOWN

Alone

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

MIGUEL DE LUCAS

Maxia e humor

→21.00 h  ↓Praza da II República

ARTISTAS

Tchyminigagua

ANIMARTE / TCHIMIZAYAGUAS / SUEÑOS ENCANTADOS

Fundada en 1985 en Bogotá, Colombia, esta Fundación Teatral ciméntase sobre a cultura popular de transformación social. Un equipo humano estable formado no seo do grupo encárgase de producir as súas creacións, integrando profesionais da escritura, dirección, interpretación, acrobacias, danza ou música, que fortalecen a técnica teatral Tchyminigagua, baseada na forza, o ritmo e a enerxía para acadar unha linguaxe acrobática, teatral e circense propia. O seu labor artístico e o seu traballo pola memoria dende o compromiso político fíxolles gañar recoñecemento internacional, celebrando a súa dramaturxia, música, colorido ou maquillaxes e a súa invención dos zancos en patíns, patentada a nivel mundial.

7 Bubbles

BURBULLA / MENINA

Esta compañía naceu a partir da investigación das artes plásticas e a experimentación no campo da actuación. Comezou a súa traxectoria en 2002 co teatro de rúa, o circo-teatro, a performance e os eventos. A súa andaina profesional permitiulle desenvolver un amplo abano de accións teatrais e espectáculos coa sorpresa visual como punto de partida e que unen unha posta en escena enérxica cunha escenografía e un vestiario coidados e elaborados no seu propio obradoiro.

Hoxe 7 Bubbles continúa traballando de maneira estacional en Alemaña, onde naceu a compañía. A súa aventura profesional segue guiada principalmente pola imaxinación.

Con Eles

ANIMARTE / SOMOS OLIMPIC@S

Con Eles xurdiu en 1997 diante da necesidade dun grupo de familias de crear un movemento asociativo que combatese as carencias dos servizos sociais da comarca do Salnés e da zona do río Umia e do Baixo Ulla. É unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivos principais defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade intelectual, promover a súa integración social e a súa normalización e fomentar actitudes sociais positivas cara estas persoas.

Clámide

SOMOS OLIMPIC@S

O Taller de Teatro Clámide fundouse en 1981 dentro da parroquia Santa Eulalia de Arealonga, de Vilagarcía de Arousa. O seu obxectivo é difundir a cultura do teatro entre os mozos da parroquia e do seu contorno.

Igualarte

Animarte

A Fundación Igualarte é un espazo activo onde se traballa a arte con persoas con capacidades diferentes, entendendo que a arte é un dereito que nos pertence a todos, que implica a maxia de expresar, comunicar, transmitir...

É a primeira fundación artística integral para persoas con capacidades diferentes en España.

Cris Collazo

Pepa a loba

Naceu en Santiago de Compostela e medrou nunha aldea chea de fábulas e contos. Dos beizos das avoas saíu a maxia da literatura popular que fixeron pouso na súa formación e entendemento da arte dramática. Nunha estancia en Brasil afiánzanse as súas inquedanzas sobre o teatro infantil e a dramatización dos contos. Regresa a Bandeira para poñer en práctica estas aprendizaxes e dende entón mergúllase na creación de laboratorios, traballos audiovisuais e a coordinación de proxectos teatrais e de índole social. Sempre co obxectivo de fomentar o teatro no medio rural.

Olga Abad

A nena lentella

Olga Abad naceu en Vilagarcía de Arousa. Cursou estudos de interpretación e de escultura case en paralelo, nas escolas Santart e Mestre Mateo, situadas na cidade galega que acolle a máis artistas, Santiago de Compostela. Inda que aprenderá a contar contos grazas á súa avoa que era unha gran narradora. Olga Abad traballa dende o ano 2010 como narradora oral e titiriteira para bebés, público infantil e familiar, sempre con textos propios. Ten participado en todo tipo de circuítos culturais, galas, festivais como “Galicreques” non ano 2021 e 2022.

A Vela Circo

O ÚLTIMO QUE APAGUE A LUZ

Nos tempos da Vela, dous seres estraños levaron áncoras sen retorno para evitar que a memoria afundise no océano. Ana, procedente de terras bonaerenses e Santiago oriundo (autóctono, orixinario, natural) da cidade olívica non tiveron mellor idea que mergullarse nesta nova aventura que lles levará a lugares inesperados.

Unha compañía de circo con identidade, ás veces poética coma un solpor na inmensidade do mar, e outras veces moi absurda, case para poder viaxar desde o humor á nosa realidade. Sen importar as consecuencias, flotando no caos e sobrevivindo gracias á tolemia dos nosos tempos.

Cris de Caldas

Contos en lila

Cris de Caldas naceu entre os contos que lle contaba a súa avoa Carmela e dela aprendeu que había un conto para cada ocasión. Tanto conto arrolouna que quixo saber máis deles, polo que non lle quedou outra que estudar filoloxía pero iso non foi suficiente. Ela quería vivir entre contos, así que logo preparouse para ser bibliotecaria. E aínda que é un traballo moi creativo e divertido, ás veces sinte que os contos queren saír dos andeis e eu lévaos con ela para que os escoite quen sabe facelo. Outras veces, prefire conversar con quen máis sabe e levar un anaco da nosa tradición no seu contar. Na actualidade, conta para todo tipo de públicos, para quen non ten nin un ano e para que pasa dos cen.

Culturactiva Producións

Máis saaabor!

Culturactiva Producións é unha compañía e produtora que fai realidade as necesidades reais dos programadores e programadoras, froito do seu coñecemento do sector como distribuidora. Con pezas como As Alumnas, Sénior, Via Morta ou Saaabor! no seu haber, teñen unha produción teatral constante con espectáculos adaptados a todo tipo de espazos e requirimentos, a datas sinaladas e creando sempre coa ollada posta no público. O humor e a versatilidade son os seus sinais de identidade.

Pablo Muñoz

Prohibido tocar

Pablo Muñoz é un clown e mago coñecido polo seu personaxe “Pablo Superstar Cool” e cunha traxectoria de prestixio detrás. Formouse na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e na Escola de Interpretación de Cristina Rota, aprendizaxe que ampliou cunha bolsa do lNAEM que lle permitiu estudar clown e técnicas de humor na Ecóle Philippe Gaulier en Londres e con Jos Houben en Bruxelas. A súa carreira orientouse cara a maxia cómica, un ámbito no que goza de recoñecemento. Ademais, é co-fundador de Good Idea Company, coa que traballa profesionalmente en teatro e ocasionalmente en televisión. O seu Pablo Superstar foi incluído por Jango Edwards no seu espectáculo en xira no Festival de Clowns de Madrid, Barcelona e Sevilla, e paseou o seu humor por escenarios e festivais de teatro, clown e maxia de todo o mundo.

Cía Sin Triz

Lila Star

Detrás da Cía SinTriz está Beatriz Rubio Mejía; artista multidiciplinar de orixe madrileña. Comezou nas artes escénicas na escola de circo de CARAMPA, Madrid, para máis tarde especializarse en acrobacia de dúo e equilibrio de mans na Escola Nacional de Circo de Kiev, Ucraína. Durante toda a súa carreira artística continuou formándose tanto en circo como en danza, teatro, iluminación e escenografía. É fundadora da compañía Vueltos de Rosca e parte da Cía iO, como intérprete, produtora e escenógrafa. Ademais de xirar con espectáculos propios, tamén participou en producións doutras compañías; actuando por todo o mundo.

Muu

Crunch 2

A compañía Muu nace da colaboración entre Assircópatas e Circo Chosco. O resultado é a simbiose entre a sorprendente forma de ver o mundo, o humor, a vida e os conflitos de Assircópatas coa técnica acróbata e clown de Óscar Páez, de Circo Chosco.

Tralo éxito colleitado co seu espectáculo Crunch!, regresan cos dous superheroes nunha nova aventura en Crunch 2. Unha viaxe temporal aos seus comezos, a volta á escola. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda frouxa, risas e equilibrios imposibles.

Cirkompacto

Mal de tontos

Cirkompacto é a unión creativa de Iván Casanova e Malala Ricoy. Unha compañía de recente creación que, nacida baixo a premisa da importancia que o circo e as artes escénicas poden ter e tiveron na educación social, pretende cargar de contido todos os seus espectáculos.

Xuntos formáronse na pedagoxía do clown de Michel Dallaire, no Hangar Manicómico, con cursos con profesores como Christine Roussignol, Manu Sembely ou Carlos Sante e Marta Iglesias. Tamén teñen formación en acrobacia, en portés acrobáticos e en slapstick. Previa Mal de tontos, desenvolveron conxuntamente The Bobbies e Hell brothers.

Zirko Txosco

Tavole

Zirco Txosko créase ao coñecérense Ariñe Azkue e Óscar Páez na escola de circo Oreka (Pamplona), na que se formaron durante tres anos. Alí aprenderon diferentes técnicas de circo así como malabares, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación... Despois tomaron diferentes camiños até que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez lles botou unha man na dirección do espectáculo Chosco!

Tras Chosco, chegaron Forzu2 e Oh Pera, co que gañaron o Certame do Festaclown 2021 dirixidos por Aritza Rodríguez. Da man deste equipo de éxito chega o seu novo proxecto, Távole.

Mai Clown

Alone

Clown, actriz e acróbata aérea arxentina. Comeza a súa formación actoral en Bos Aires, no Instituto Río Abierto e no Centro Cultural San Martín. Nos seus espectáculos mestura diferentes linguaxes, como clown, danza, malabares, maxia e telas aéreas.

En Alone fala da soidade e de como somos cando estamos soas na casa, cando sacamos de enriba as capas que adoitamos levar en sociedade. Un espectáculo para sentir, reflexionar, emocionarse, pensar e rir.

Circ Colokolo

Chouf le Ciel

Colokolo - Circo Urbano Marroquí nace en 2013 con base en Casablanca. Varios artistas circenses da Escola Nacional de Circo SHEMS’Y únense cos seus talentos multidisciplinares neste proxecto que combina nos seus espectáculos a báscula, o pau chinés, os malabares, os portes acrobáticos, a manipulación de obxectos e a música.

Colokolo conxuga de maneira orixinal as artes do circo e do teatro para desenvolver unha identidade marroquí que vertebra cada un dos seus impresionantes espectáculos. Malabares, acrobacias, danza e, de súpeto, explosivos voos de altura, música e baile.

Ameba Teatre

Cataplum

A orixe da compañía remóntase ao ano 2010 baixo o nome de “Col·lectiu Ameba”, constituída inicialmente como un grupo cun especial interese en unir a acción de rúa con diferentes iniciativas sociais.

Ameba esmérase diariamente en lograr espectáculos de calidade profesional e artesanal a partes iguais, cheos de absurdo, poesía, tenrura e estupidez, poñendo sempre “a astucia da ameba ao servizo do teatro”.

Orain Bi

Mute

Despois de varios encontros e adestramentos compartidos, e vendo posibilidades a unha carreira profesional en común, Rodrigo Lacasa e Sara Álvarez, empezan a súa andadura en conxunto en Bilbao no ano 2019, formándose en disciplinas de dúo e tomando cursos con diferentes profesionais do sector. A partir de aí, comezan con pequenos espectáculos e números curtos, formando unha boa base sólida que consolida á compañía, especializándose en distintas disciplinas acrobáticas, como o man a man e a percha, e seguindo con cursos e intercambiando información e encontros entre colegas. Co seu espectáculo Mutar recibiron o Premio Umore Azoka 2022 ao mellor espectáculo de rúa de Euskadi.

Miguel de Lucas

Maxia e humor

Miguel de Lucas é un mago, mentalista e comunicador español cun programa en RTVE chamado Un País Mágico. Recoñecido pola súa habilidade no ilusionismo, combina maxia de preto, mentalismo e comunicación para cativar ao público en espectáculos e medios de comunicación. A súa destreza técnica e a súa capacidade para conectar coa audiencia convérteno nunha figura destacada no mundo da maxia contemporánea. O seu espectáculo Maxia e Humor reúne os seus mellores números de rúa e mestura isto cunha gran capacidade para provocar a risa e a sorpresa no espectador.

Simplemente Enricco

Henriko o Feiticeiro

Henriko é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo, ¿charlatán? que sente que realiza trucos increibels. Proezas que superan o entendemento humano. Pero en realidade é unha fraude de mago ao que mesmo os nenos lle ca- zan os trucos. Aínda así, sendo o único que segue crendo na súa maxia, ten a caradura de continuar có espectáculo como se todo estuviese a saír segundo o planeado. Pero trala aparencia deste desastroso feitice- riro agóchase un veterano malabarista que realizará arriscados xogos con coitelos e perigosos equilibrios. Nun intre dado do espectáculo, para sorpresa do público e do propio Henriko, comezarán aconteceder cousas inexplicabels na escena.

Camiseta e chapa

Faite cunha Clownmiseta!

Se queres unha camiseta Festaclown escríbenos a info@festiclown.org indicando a cor e a talla que queres, as camisetas custan 10 €*.

*Os gastos de envío cóbranse aparte