Quen somos

Festiclown non é só un Festival, é un artefacto de alegría rebelde, que coloca a risa como panca para mover o mundo e ao clown como arma de diversión masiva.

Iván Prado

Iván Prado
O festiclown naceu da imaxinación dun soñador artivista, Iván Prado é un nómade que reparte risa e esperanza, por iso o noso festival non ten fronteiras senón familias de distintos continentes que forman parte do noso tecido artístico.

Culturactiva

Culturactiva
O Festiclown é posible grazas a produción de Culturactiva, unha cooperativa que nace da idea de que a cultura serve para transformar o mundo nun que caiban todos os mundos.

Pallas@s en Rebeldía

Pallasos en Rebeldía
Pallas@s en Rebeldía é un colectivo internacional de artistas que baixo o paraugas do Festiclown Traballan naqueles lugares do mundo onde a humanidade se xoga o seu futuro.