★ LUNS 17 

ANIMACLOWN

TCHYMINIGAGUA

ACROCIRCUS

→19.30 h  ↓Rúas da Cidade e Praza de Galicia

 

★ MARTES 18 

SUPERROQUIÑOS

AITOR GARUZ

EL AUTOESTOPISTA GALÁCTICO

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

 

CERTAME FESTACLOWN

TROTAMUNDOS

FINITO INFINITO

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

 

MOSTRA FESTACLOWN

ROJO TELÓN

XELEBREIXON

→21.00 h  ↓Praza da II República

 

★ MÉRCORES 19

SUPERROQUIÑOS

MAPLE STAPLEGUN

BREAKING BROKEN DREAMS

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

 

CERTAME FESTACLOWN

LAS COSSAS NOSTRA

LAS COSSAS NOSTRA

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

SPINISH CIRCO

FINS AL CEL

→21.00 h  ↓Praza da II República

 

★ XOVES 20

SUPERROQUIÑOS

MR VITA

LIDIAR

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

SUE MORENO

5.0

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

PISTACATRO

SEN PATRÓN

→21.00 h  ↓Praza da II República

 

★ VENRES 21

SUPERROQUIÑOS

DANI GARCÍA

FLASH

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

Z TEATRO

WASA

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

ADRIÁN CONDE

CHECK OUT

→21.00 h  ↓Praza da II República

 

★ SÁBADO 22

SUPERROQUIÑOS

ADRIÁN CONDE

INTRINGULIS

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

VALERIA ALTMARK

MISS ELASTIC

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

BOT PROJECT

COLLAGE

→21.00 h  ↓Praza da II República

ARTISTAS

Fundación Thyminigagua

acrocircus

Acrocircus é unha comedia satírica que recrea a vida dun vello acróbata e narra a historia do teatro e o circo a través dos séculos. O protagonista é interrompido por un mozo músico e "activista" que relaciona esa historia coa inmigración, a desigualdade e as invasións violentas, insistindo co seu amor, a resiliencia, a liberdade, a dignidade e o non apoiar as guerras e impulsar a paz.
O espectáculo (teatro, acrobacia e circo) é interpretado por sete personaxes dunha cor que transitan por diferentes disciplinas como a actuación, o clown, os zancos convencionais e en patines, os malabares e a música en vivo, que fan de Acrocircus un espectáculo cheo de reflexión, sensibilidade, risa, fantasía e amor. Enerxía, colorido, zancos e zancos sobre patíns, música, coreografías... Esta obra de Tchyminigagua tráenos imaxes de festa e entroido a través dunha nena que nos fai soñar con encantamentos fantásticos de alegría, paz e vida.

Igualarte + Con Eles + Fundación Tchyminigagua

ANIMART

A fundación Igualarte nace no ano 2002 baixo a premisa de que “a arte é un dereito que nos pertence a todas”. Xorde como un espazo inclusivo no que as persoas con diversidade funcional poden expresarse de maneira artística. É a creadora desta festa musical na que nesta ocasión vai acompañada por dúas colaboradoras.

Con Eles xurdiu en 1997 diante da necesidade dun grupo de familias de crear un movemento asociativo que combatese as carencias dos servizos sociais da comarca do Salnés e da zona do río Umia e do Baixo Ulla. É unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivos principais defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade intelectual, promover a súa integración social e a súa normalización e fomentar actitudes sociais positivas cara estas persoas.

A Fundación Tchyminigagua leva máis de 40 anos traballando dende Bogotá (Colombia) para todo o mundo na elaboración dunha linguaxe teatral “para vivir e compartir unha misión cultural, social e política”, acadando un recoñecemento internacional como unha cultura popular de transformación social.
Pallasearte é a interpretación dunha ampla variedade de estilos musicais afrobrasileiros e a fusión de ritmos tradicionais cunha enerxía única, nunha colaboración entre estas tres fundacións para dar forma a unha auténtica festa itinerante. A través das súas vibrantes actuacións, o equipo de batucada e os intérpretes do pasarrúas buscan transmitir a paixón e o espírito da música brasileira nunha experiencia sonora que fascina ao público.

Aitor Garuz

el autoestopista intergaláctico

Un show de ciencia ficción, de clown e transformismo, con continuas mudanzas de vestiario e personaxes cómicos dotados de poderes propios que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, que teñen tamén un control total de obxectos malabares e que paralizan ó público con monólogos esmendrellantes. Benvidos a unha viaxe interestelar polo absurdo. Benvidos ao mundo do Autoestopista Intergaláctico!

Cía Trotamundos

finito infinito

A circularidade non ten fin. Non se sabe onde comeza ou onde remata. Podemos elixir saír desa circularidade? Pódese cortar coa monotonía e cambiar o rumbo das cousas? Que pasaría se, de súpeto, entrásemos nun mundo de fantasía onde deixamos de lado o cotián para volver xogar e divertirnos como cando eramos nenas e nenos?
A compañía arxentina asentada en Bilbao presenta no Festaclown o seu segundo espectáculo con acrobacias, hula hoops, manipulación de obxectos e clown para todos os públicos.

Rojo Telón

xelebreixon

Con Xelebreixon, Rojo Telón quere celebrar unha gran festa. Un encontro divertido e delirante. Unha nova proposta que nos trae a Maritxu e as súas tres primas: Maruxa, Pakita e Antonia. Catro novas e divertidas personaxes que non pasarán desapercibidas para o público que se achegue a desfrutar do espectáculo desta compañía-matriarcado procedente de Euskal Herria.
Un espectáculo con moito carácter, xenio e abraiantes números circenses que desafían a gravidade con acrobacias aéreas e de chan, fusionando circo, teatro, danza e humor absurdo.

Nós facemos circo, colgámonos, retorcémonos, rimos e coidámonos, para coidarvos a vós. Así que coidadiño con nós!

K Paparota

ecos do pasado

Dende o 2013, Vero Rilo leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público. Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.

Desnortadas é unha nova sesión de narración oral enfocada a un público familiar que se vai estrear neste Festaclown 2025.

Maple Staplegun

BREAKING BROKEN DREAMS

Non sempre é fácil encaixar. É o primeiro día na fábrica, unha vella factoría que acaba de herdar do seu avó e que xa viviu épocas mellores. Coa ilusión do primeiro comeza a súa xornada, pero pronto se dá de conta que as instalacións necesitan algo máis que uns amaños.

A maquinaria oxidada, os engrenaxes desaxustados, as estruturas inestábeis, convértense no escenario perfecta para un sinfín de torpezas e inesperadas habilidades. Nun mundo dominado polas máquinas a arte do circo emerxe como unha forma de rebelión e liberdade.

Las Cossas Nostra

Las Cossas Nostra

Mia Mine e Mr. Vita son gánsteres, vítimas da moda italiana e nos convidan a entrar no seu mundo absurdo e extravagante... Danvos a benvida a ‘la familia’!!

Cun mundo cheo de laca para o pelo, ouro falso e pel de serpe, este espectáculo chega ao público de todas as idades. E a pregunta é: como superará esta parella os desastres, converténdoos en triunfos e proezas, para que todos desfruten do momento?

Unha mestura de comedia física, teatro, clown e circo, cun dúo dinámico de gánsters procedentes de Catalunya cun alto nivel técnico e un espectáculo onde todo é posible.

Spinish Circo

Fins al cel

Esta historia non se camiña: sáltase, vóase e confíase.

Fins al Cel é unha viaxe entre a fantasía e a realidade, un xogo de equilibrios onde todo parece posible e os encontros poden espertar a coraxe durmida. Un espectáculo de circo contemporáneo con barra rusa, acrobacias e emoción que nos invita a mirar cara dentro... e tamén cara ao máis alto.

Esta é unha historia de soños e transformacións, de medos que se volven impulso. Porque hai veces que só fai falta atopar a outras persoas para descubrir de que somos capaces. Fins al Cel é un salto compartido. Lixeiro e profundo. Humano e máxico. Unha invitación a superar os límites da man da compañía valenciana Spinish Circo.

Vero Rilo

marítimas

Unha sesión de narración oral para público familiar con Vero Rilo.

Din que todo o que o mar quita, dalgún xeito, o mar todo o devolve… Desta volta a marea trouxo un lote de historias de sereas que aturuxan, de raíñas co cú morado, atadoras rebeldes e mariscadoras que non calan.

Todas elas son marítimas.

Vinde aos contos coa subida, marchade coa baixada!

Mr Vita

lidiar

Un espectáculo onde o circo combínase cunha parodia da cultura española. O seu público será a area, os seus voluntarios os toureiros, e el o touro que remata triunfante! Este personaxe tolo, adorable, carismático e que se autoproclama Estúpido Profesional, parece que sae directamente dun cómic e entra na vida real, mais é el quen fai que o seu público se sinta coma se entrase nun mundo de debuxos onde todo pode pasar.

Mr. Vita realiza elegantes malabarismos con elementos cotiáns coma sombreiros, un bastón, unha maleta, vasos, coitelos ou unha bandexa, con xiros únicos cos que deleita a espectadores de todas as idades. Lidiar é un espectáculo cheo de enerxía que mestura audazmente circo, pallaso, comedia física e rematará co seu truco máis difícil… onde o público é a area e el un touro vencedor!

Sue Moreno

5.0

Un espectáculo con equilibrios, acrobacias aéreas variadas, música ao vivo e un sen fin de habilidades dunha das acróbatas máis establecidas de Galicia.

Sue Moreno preséntanos unha diva que se achega aos 50, un corpo que manifesta o paso do tempo e unha pregunta flotando no aire… ¿Canto tempo máis pode ser trapecista?

5.0 fala de cambios, de premenopausia, de transformación, de envellecemento... pero sobre todo fala de facelo con amor e con moito humor.

Aéreos, música en directo de batería, equilibrios e humor nun dos espectáculos máis abraiantes e entretidos para maiores e cativos.

Pistacatro

sen patrón

En Sen Patrón, tres malabaristas compiten por levar a batuta nun mundo onde todo debería seguir unha orde perfecta. Pero cando ninguén quere ceder o control, os obxectos voan, os patróns rómpense e o caos convértese nun xogo tan divertido como fascinante.

Entre malabares imposibles, equilibrios e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en mandar, senón en aprender a xogar xuntos.

Un espectáculo de circo onde os protagonistas son os malabares destes tres expertos, unha peza cómica e visual para gozar en familia.

Con Eles + Clámide

bso

Como xa ven sendo habitual, Festaclown volve colaborar coa Asociación CON ELES Taller de Teatro Clámide e na presente edición presentamos BSO, un espectáculo que mestura humor e teatro xestual co universo cinematográfico de fondo.

Dirixido por Fran Rei, sobre o escenario recréanse algunhas das escenas máis clásicas e icónicas da historia do cine a través das súas bandas sonoras, con referencias cómicas a películas como Rocky, Piratas do Caribe, Karate Kid, Titanic, sen esquecer xéneros tan populares como o western ou os musicais.

Un divertimento sobre o mundo do celuloide en rigoroso playback. Luces, cámara, acción!

Dani García

flash

Dani García, ilusionista galego recoñecido pola súa traxectoria, da vida a este personaxe nun encontro sen palabras, cheo de xestos, sorpresas e ilusións que mesturan o pasado cos pequenos milagres do presente.

Flash está protagonizado por un fotógrafo cun equipo doutro tempo que parece capturar non só imaxes… senón momentos máxicos.

Z Teatro

wasa

Chanvi é un personaxe enfrascado na súa realidade, ao que as circunstancias bélicas da Terra obríganlle a inventar un aparello para viaxar polo sistema solar en busca de experiencias e poder regalar amor e alegría. Co seu invento motorizado despega cara ao máis aló, pero nunca sabe onde aterrará nin con quen se atopará.

Z Teatro, compañía extremeña con máis de 20 anos de experiencia, presenta Wasa, un espectáculo cheo de guasa, conectado á tecnoloxía, á que tal vez non hai que facerlle tanto caso, que nos mostra a través do clown, do circo, da maxia e de efectos de son as experiencias deste peculiar personaxe tentando facer un mundo mellor.

Adrián Conde

check out

A vida de Ernesto transcorre no vestíbulo dun hotel, e entre maletas soña con deixarlle aos seus fillos un futuro mellor. Un mozo de hotel diferente entre equívocos, xogos de clown e moita diversión, que descubre ao longo dunha xornada imprevista de traballo que non hai mellor futuro que vivir desfrutando o presente.

Adrián Conde métese na pel deste personaxe que aspira a mellorar a súa vida e a da súa familia á forza de traballar de maneira obsesiva nun hotel vido a menos.

A Cova das letras

costureiriña bonita

Costureiriña Bonita é un espectáculo de Cristina Collazo que combina a maxia do xogo coa saudade dos tempos idos, un canto á muller galega modista emigrada que procurou nas feituras un xeito de facer a vida.

Costureiriña Bonita é unha peza interxeracional, onde grandes e pequenas desfrutan da música, títeres e lendas, a través dunha participación activa. Ao ritmo frenético da máquina de coser prepáranse os traxes que serven de inspiración para deixar voar a imaxinación.

Adrián Conde

intringulis

Chega ao Festaclown o encantador universo do inconfundible mago Braulio! Este entrañable personaxe intentará facer as cousas ben, pero sempre pasa algo para que a súa vida se complique e, mentres, alegre a nosa. A súa capacidade para enfrontarse a desafíos inesperados e transformalos en risas contaxiosas conquistará os corazóns de todos os presentes.

Malabares, improvisación co público, maxia e clown fusiónanse, creando así unha experiencia única para desfrutar en familia.

Valeria Altmark

miss elastic

Un show de circo musical para toda a familia, que inclúe malabares combinados, humor, maxia, contorsionismo, aros hula hoops, tiro con arco e frecha cos pés, participación do público, lume, luminotecnia e burbullas.

A contorsionista arxentina é a raíña dos platós de televisión e non deixa a ninguén indiferente co seu espectáculo no que o número estrella, o nunca visto antes en Vilagarcía, é a arquería cos pés.

Bot Project

collage

Dous homes suspendidos no aire disponse a tirarse á piscina ca seriedade e a rixidez que sinala o guión. Nun primeiro momento todo sae como estaba previsto, pero un ansia de rebelión apodérase dos protagonistas desta historia. Entre salto e salto, o dúo de artistas impoñerá as súas normas, creando situación cómicas e loucuras, co obxectivo de crear o seu propio espectáculo.

Todas estas peripecias pasarán durante un estado de ingravidez máis preto do ceo que da terra.

Acrobacias, equilibrios, saltos que desafían a gravidade, manipulación de obxectos e outras doses de enxeño e humor son os elementos de Collage, un espectáculo de trampolín para todos os públicos, cheo de diversión, presentado pola compañía catalá Bot Project que agardamos con moitas ganas no Festaclown.

Camiseta e chapa

Faite cunha Clownmiseta!!!

Se queres unha camiseta ou chapa Festiclown escríbenos a info@festiclown.org dicindo a talla que queres* ou merca nos nosos espectáculos.

*Os gastos de envío cóbranse aparte