*Entrada libre e de balde ata completar aforo.
*Recoméndase chegar 15 min. antes da hora de comezo.
ACTIVIDADE PREVIA
BANDA MUNICIPAL DE VILAGARCÍA & CULTURACTIVA PRODUCIÓNS
Desconcerto
→21.00 h ↓Praza da II República
APARTADO SOCIAL
ACTO INAUGURAL
Pallasos en Rebeldía & Clámide & Desastroanuts & CAI Princesa Letizia
→11.00 h. ↓Praza de Galicia
SUPERROQUIÑOS
FRAN BOZA
Malabarabilidades
→12.30 h. ↓Praza de Ravella
CERTAME FESTACLOWN
DESASTRONAUTS
Somos Circo
→19.30 h. ↓Praza de Galicia
MOSTRA FESTACLOWN
ENTRE NOUS
Entre nous
→21.00 h. ↓Praza da II República
ACTIVIDADE PARALELA
FRAN REI
Os contos de Barriga Verde
→11.00 h ↓Residencia Divina Pastora (só para usuarias da residencia)
APARTADO SOCIAL
JARA ORTIZ
Lúa Triangular
→11.00 h. ↓Parque Miguel Hernández
SUPERROQUIÑOS
MONIKIÑA
A viaxe de Nikita
→12.30 h. ↓Praza de Ravella
CERTAME FESTACLOWN
ROJO TELÓN
Nudo
→19.30 h. ↓Praza de Galicia
MOSTRA FESTACLOWN
KANBAHIOTA
Volando Vengo
→21.00 h. ↓Praza da II República
APARTADO SOCIAL
CON ELES & CLÁMIDE
Sen Guerras
→11.00 h. ↓Praza de Galicia
SUPERROQUIÑOS
DE CARMELA
Smile
→12.30 h. ↓Praza de Ravella
CERTAMEN FESTACLOWN
TROTAMUNDOS
Historias de un baúl
→19.30 h. ↓Praza de Galicia
MOSTRA FESTACLOWN
LA TROUPE MALABÓ
Karpaty
→21.00 h. ↓Praza da II República
APARTADO SOCIAL
ANXO MOURE
Contos pola paz
→11.00 h. ↓Parque Miguel Hernández
SUPERROQUIÑOS
TROULA ANIMACIÓN
O show de Fifo
→12.30 h. ↓Praza de Ravella
CERTAME FESTACLOWN
CÍA VAYA
Vertical Boom
→19.30 h. ↓Praza de Galicia
MOSTRA FESTACLOWN
JAVIER ARIZA
Carman
→21.00 h. ↓Praza da II República
SUPERROQUIÑOS
DANI GARCÍA
O museo encantado
→11.00 h. ↓Praza de Galicia (de 11.00 a 14.00 h)
MOSTRA FESTACLOWN
PALLASOS EN REBELDÍA
Gala contra a guerra
→19.30 h. ↓Praza de Galicia
Banda Municipal de Música de Vilagarcía & Culturactiva Producións
Desconcerto
Os protagonistas chegan tarde ao recital. Coa orquestra a piques de comezar vense na obriga de improvisar para saír da situación. Desconcerto é un espectáculo cómico sobre a música culta posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi. Nesta ocasión os actores estarán acompañados da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa, coa que interpretarán grandes temas da música clásica.
Desastroanuts
Somos Circo
Raquel Veganzones e Girisho Gordon aterran no FESTACLOWN co seu novo espectáculo: Somos Circo. Un show de espectaculares acrobacias mesturadas co humor que caracteriza á compañía formada en Londres. O público gozará dun espectáculo alto en acción e baixo e conversación, alto en satisfacción e baixo en decepción!
Entre Nous
Entre Nous
Nun espazo ao descuberto, tres mastros, algunhas cadeiras desordenadas, uns instrumentos e unha música de fondo que convida ao encontro. Cinco persoas van chegando e as súas personalidades invaden o lugar, interactúan co público, falan, rin, contan historias e cantan algunha canción. Entre Nous chega a Vilagarcía cun espectáculo acrobático no que o vertical e o horizontal se confunden sen remedio.
Jara Ortiz
Lúa Triangular
Jara Ortiz presenta un contacontos cheo de humor, muiñeira e perspectiva de xénero baseado no libro Marta e a píntega, de Eli Ríos. Nesta historia, Marta coñece á píntega Oli e xuntas viaxan ao Mundo dos Contos, onde vivirán aventuras e transformarán o mundo nun lugar mellor, cheo de diversidade e máis xusto, onde sexamos iguais e as princesas dos contos poidan ser felices.
Monikiña
A viaxe de Nikita
Nikita Nimoni é unha exploradora moi despistada e insegura, que percorre o mundo en busca de aventuras. Así emprende unha viaxe inesquecible, que lle servirá para superar os seus medos, e na que descubrirá que viaxar non é só cambiar de lugar, tamén é cambiar a maneira de verse a unha mesma. Monikiña chega a Vilagarcía cun espectáculo que é un canto á curiosidade e que inclúe clown, números de lume, malabares, percusión e danza.
Rojo Telón
Nudo
Volverán tomar os ceos para desatar os nós que as oprimen. E deleitaranse nunha eterna bacanal para entrar nun estado de letargo e así transcender para volver ser elas. E quen son elas? Tres mulleres da compañía Rojo Telón que a través do humor, a interpretación e técnicas circenses farán que o público do FESTACLOWN se desmelene e viva unha experiencia ‘celestial’.
Con Eles & Clámide
Sen guerras
Con Eles e Clámide Teatro volven aliarse para presentar no FESTACLOWN a súa nova creación. Sen Guerras é o exercicio final do obradoiro de teatro dinamizado por Fran Rei coas persoas usuarias da asociación Con Eles. Acompañadas do grupo Clámide Teatro interpretarán diferentes escenas que tratan sobre a guerra en clave de humor.
De Carmela
Smile
Unha actriz, unha viaxe e un campamento… de persoas refuxiadas. Ela ten que actuar para as crianzas que viven alí pero parece que todo está na súa contra. Será quen de conseguilo? En principio parece que non, pero de noite unha boneca pallasa daralle o poder para transformarse e saír a buscar sorrisos. Con Smile, a asturiana De Carmela promete facer sorrir e reflexionar ao público do FESTACLOWN.
Trotamundos
Historias de un baúl
Historias de un Baúl é a historia de Fidel e Capulita. Dúas entrañables persoas viaxeiras, circenses, soñadoras e compañeiras que van pola vida cun antigo baúl ás costas. Sempre teñen todo listo para o gran momento de atopar un novo público ao que sorprender con malabares, hula hoops, acrobacias e moito humor. Atoparán en Vilagarcía ao seu público ideal?
La troupe malabó
Karpaty Cirqué
Todo comeza en Karpaty Cirqué, un vello e prestixioso circo ruso. Tras anos de éxito, estalan guerras e epidemias deixando ao circo na máis absoluta decadencia. Os superviventes do circo emprenden unha longa viaxe na procura dun lugar onde poder realizar o seu soño: volver mostrar a súa arte ao público. La Troupe Malabó vén desde Castellón con este espectáculo único de clown, malabares, acrobacias, maxia e música en directo que non deixará a ninguén indiferente.
Javier Ariza
Carman
Un showman e un Seat 600 son os protagonistas de Carman. Un divertido espectáculo para todos os públicos no que un coche icónico cobra vida e termina por moverse sen condutor nunha rutina musical e circense que pode levarlles ata Eurovisión. Javier Ariza converterá o vehículo case nunha marioneta que percorrerá as rúas de Vilagarcía cargado de clown e circo.
Dani García
O museo encantado
O mago Dani García presenta unha incrible instalación de maxia e humor con cabinas tan orixinais como un confesionario, unha cabina de teléfonos, un fotomatón ou unha cabina de feira na que se van sucedendo humor e maxia a partes iguais. Chega O Museo Encantado a Vilagarcía!
Pallasos en Rebeldía
Gala contra a guerra
A Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través do clown e as artes circenses. Este ano organizan en FESTACLOWN unha Gala contra a Guerra na que haberá circo, clown, reivindicacións e sobre todo solidariedade.
Fran Rei
O conto de Barriga Verde
Fran Rei mestura narración oral, humor e maxia no Conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), este espectáculo é un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.