Descarga o programa Reserva a túa entrada
*As entradas que non se presenten 10 minutos antes da función
perderán a súa validez e o público poderá entrar ata completar aforo.
MOSTRA FESTACLOWN
PETER PUNK
Punkdemia
19.30 h. e 22.00 h.
Excéntricas
Cartoons
Os clowns, que teñen algo de debuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de carsón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, tiramos ao lixo diariamente.
Víctor Mosqueira e o vilagarcián Josito Porto achegan una gran peza ao Festaclown.
Cía Vaya + B-Side
Te veo
O espectáculo TE VEO deriva da idea de colocar aos artistas e ao público dentro da cabeza dunha muller e usar os portés acrobáticos (forzas combinadas) e o circo contemporáneo como mecanismo para revelar a estrutura do seu pensamento, da súa mente e do seu mundo interior.
En contraposición á avalancha dos avances tecnolóxicos o espectáculo propón unha viaxe na dirección oposta,cara ao auto-coñecemento.
Simone Romanó
Hop hop
“Hop-Hop” é un espectáculo baseado nas artes do circo, no xogo do clown e a interacción co público. As técnicas empregadas son os malabares, o verticalismo, a manipulación de obxectos e a improvisación. A decisión de non empregar o diálogo leva o espectáculo a un nivel xestual e visual que permítelle ao espectador entrar empáticamente en contacto co artista e co seu mundo imaxinario.
Píscore
Concerto Con Fusión
Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se converta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.
Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural), que levou o Premio do Público no Festiclown 2018 e foi o espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe, Concerto Con Fusión.
Troula
O estrano caso do dentista da rúa Brasov
Esta é a estrana historia dun dentista da Europa do Leste, o doutor Krakmhu Elah, que percorre co seu carromato vilas e cidades buscando clientes para a sua pequena consulta ambulante. Pero o que ninguen sabe é o seu estrano pasado e a sua estrana obsesion que pouco a pouco irá descubrindo a través de xiros inesperados, feed backs, maxia, clown e interaccion co publico para solucionar esta delirante historia.
Pajarito
Isolada
O naufraxio dunha pallasa nunha illa, o descubrimento dos límites que nos separan, o xogo, a imaxinación, a tolemia, porque ninguón se libra de estar tolo.
Un espectáculo en construcción, onde a pallasa Pajarito busca a súa propia linguaxe. Espectáculo de clown, mudo, poético, na busqueda das metáforas e os xogos máis universais.
Peter Punk
Punkdemia
Peter Punk está de volta para convertirse no Doutor Punkdemia. Presenta un espectáculo viral no que, a través de 4 Fases, amosará a súa particular visión da pandemia.
Neste espectáculo adaptado á nova normalidade, veremos como se viste un pallaso para protexerse da pandemia e asistiremos a unha técnica novidosa para botar o virus do noso corpo e para rematar, daremos a volta á “curva” para descubrir a Vacina da Risa.
CÍA N+1
O parrulo feo
O PARRULO FEO, torpe e caótico, amosa mediante as técnicas do slapstik (golpes, caídas, acrobacia excéntrica…), a manipulación de obxectos e a acrobacia aérea, unha personaxe con grandes dificultades para facer o que se espera del. No desenvolvemento da peza navegará xunto cos espectadores por un mar de emocións soltando amarras onde as súas debilidades se transforman nas súas fortalezas.
Trio Detrés
+Ritmo
Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras, … Que acontece cando parte da banda chega tarde e despistada ao lugar do concerto? Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música. Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público.
Catropés
Animacreques
En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa. Anxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.
Javi Javichi
Plato, platito, platete
Logo de vinte anos de espectáculos por todo o mundo, nesta produción o showman Javi Javichi busca a risa en todo momento, utilizando os gags máis clásicos. Combinando rutinas de circo con pratos de porcelana, chapeus, caixas de puros, e acabando cun arriscado numero de rulo americano, Javichi devolve ao público á sempre impresionante tradición dos malabares cun toque de humor.
Albert Vinyes
Betu el pallasso
Unha escolma de números clásicos con sabor propia que se mesturan con maestría neste espectáculo. Pequenos e divertidos números que xa pasaron por moitos escenarios. Rútinas cómicas para pequenas e grandes sempre coa autenticidade como bandeira.
SU.MA
Ikigai
Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador. Que te impulsa a seguir? a erguerte cada dia como se fose novo? Que fai que esperte o teu sorriso? Danza-circo 360º onde dous personaxes crean mundos de fantasía.
Rematou o Festaclown 2020!
Comezou o Festaclown 2020
Festiclown 2019, luns 19 de agosto
Festiclown 2019, Sábado 17 de agosto
Segue o Festaclown 2020!
Festiclown 2020. Promo
Festiclown 2019, domingo 18 de agosto
Para acceder ao recinto é necesario levar impresa a entrada e/ou reserva ou amosar este xustificante nun dispositivo electrócnico.
A reserva de entradas será valida ata 10 minutos antes do comezo da función. A partir dese momento a entrada porase a disposición do público xeral, e darase acceso ao público ata completar o aforo do espazo.
Será obrigatorio para os maiores de 6 anos ter a máscara posta en todo momento.
As crianzas menores de 14 anos deberán estar sempre acompañadas por unha persoa adulta responsable.
Manterase en todo momento a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros entre persoas que non formen parte da mesma unidade de convivencia.
Unha vez no seu lugar o público deberá estar sentado e non poderá deambular polo espazo nin cambiar de emprazamento.
En caso de precisar saír do recinto deberá comunicarllo ao persoal de produción, igualmente para volver a acceder ao mesmo .
No caso de non poder acudir á algunha das funcións reservadas agradecemos a cancelación da reserva.
COLABORAN:
