Skip to content
Festiclown Logo
  • Inicio
  • FestaClown
    • Vilagarcía 2021
    • Rivas Vaciamadrid 2021
    • Vilagarcía 2020
    • Rivas Vaciamadrid 2020
    • Vilagarcía 2019
    • Rivas Vaciamadrid 2019
  • 20 anos
  • Quen somos
  • ES
  • GL
  • Menu

Logo Festaclown Rivas 2020

Reserva tu entrada Descarga o programa

A información deste festival está dispoñíbel só en castelán.

Festiclown nas redes

Tweets by festiclown

festiclown

🟢 APARTADO SOCIAL | ANXO MOURE con CONTOS POLA 🟢 APARTADO SOCIAL | ANXO MOURE con CONTOS POLA PAZ

A protagonista desta narración oral é a solidariedade. Este espectáculo sacará un sorriso e conmoverá ao público de tódalas idades.

⏰ Sábado, 20 de agosto, ás 11.00h no Parque Miguel Hernández.

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
👀 MOSTRA FESTACLOWN | LA TROUPE MALABÓ con KAR 👀 MOSTRA FESTACLOWN | LA TROUPE MALABÓ con KARPATY

🎪 Todo comeza en Karpaty Cirqué, un vello e prestixioso circo ruso. Tras anos de éxito, estalan guerras e epidemias deixando ao circo na máis absoluta decadencia, os  superviventes emprenden unha longa viaxe na procura dun lugar onde poder realizar o seu soño: volver mostrar a súa arte ao público.

⏰ Venres, 19 de agosto, ás 21.00h na  Praza da II República.

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
🔵 CERTAMEN FESTACLOWN | TROTAMUNDOS: HISTORIAS 🔵 CERTAMEN FESTACLOWN | TROTAMUNDOS: HISTORIAS DE UN BAÚL.

A historia de Fidel e Capulita. Dúas entrañables persoas viaxeiras, circenses,  soñadoras e compañeiras que van pola vida cun antigo baúl ás costas. Sempre teñen todo listo para o gran momento de atopar un novo público ao que sorprender.Atoparano en Vilagarcía?

⏰ Venres, 19 de xuño, ás 19.30h na  Praza de Galicia.

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
👧👦 Superroquiños | D. CARMELA con SMILE

⛺ Unha actriz, unha viaxe e un campamento… de persoas refuxiadas. Ela ten que actuar para as crianzas que viven alí pero parece que todo está na súa contra. Será quen de conseguilo? D. Carmela promete facer sorrir e reflexionar ao público do FESTACLOWN.

⏰ Venres, 19 de agosto, ás 12.30h na  Praza de Ravella.

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
🟢 APARTADO SOCIAL | CON ELES + CLÁMIDE: SEN GU 🟢 APARTADO SOCIAL | CON ELES + CLÁMIDE: SEN GUERRAS

Con Eles e Clámide Teatro volven aliarse para presentar Sen Guerras,o exercicio final do obradoiro de teatro dinamizado por Fran Rei coas persoas usuarias da asociación Con Eles. A guerra en clave de humor.

⏰ Venres, 19 de agosto, ás 11.00h na Praza da II República.

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
👀 MOSTRA FESTACLOWN | KANBAHIOTA: VOLANDO…VEN 👀 MOSTRA FESTACLOWN | KANBAHIOTA: VOLANDO…VENGO!

Un espectáculo ambicioso e arriscado con catro trapecistas, unha barra e unha estrutura de trapecio volante. Só hai que conseguir axustalo para poder conquistar o aire coas súas acrobacias, non sen algunha caída inesperada.

⏰ Xoves, 18 de agosto, ás 21.00h na Praza da II República.

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
🔵 CERTAMEN FESTACLOWN | ROJO TELÓN con NUDO V 🔵 CERTAMEN FESTACLOWN | ROJO TELÓN con NUDO

Volverán tomar os ceos para desatar os nós que as oprimen. E deleitaranse nunha eterna bacanal para entrar nun estado de letargo e así transcender para volver ser elas. E quen son elas? Tres mulleres da compañía Rojo Telón que nos farán vivir unha experiencia ‘celestial’.

⏰ Xoves, 18 de agosto, ás 19.30h na Praza de Galicia

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
👧👦 Superroquiños | MONIKIÑA con A VIAXE DE 👧👦 Superroquiños | MONIKIÑA con A VIAXE DE NIKITA

Clown, lume, malabares, percusión e danza
🧳 Nikita é unha exploradora nunha viaxe inesquecible, que lle servirá para superar os seus medos, e na que descubrirá que viaxar non é só cambiar de lugar, tamén é cambiar a maneira de verse a unha mesma 🤗

⏰ Xoves, 18 de agosto, ás 12.30h na  Praza de Ravella.

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
🟢 APARTADO SOCIAL | JARA ORTIZ e LÚA TRIANGULA 🟢 APARTADO SOCIAL | JARA ORTIZ e LÚA TRIANGULAR

Un contacontos cheo de humor, muiñeira e perspectiva de xénero baseado no libro Marta e a píntega, de Eli Ríos. 

⏰ Mércores, 17 de agosto, ás 11.00h na Praza da II República

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
👀 MOSTRA FESTACLOWN | ENTRE NOUS Nun espazo a 👀 MOSTRA FESTACLOWN | ENTRE NOUS 

Nun espazo ao descuberto, tres mastros, algunhas cadeiras desordenadas, uns instrumentos e unha música de fondo. Falando, rindo, contando historias e cantando. Perderemos a perspectiva do vertical e o horizontal.

⏰ Mércores, 17 de agosto, ás 21.00h na Praza da II República.

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
APDO. SOCIAL | DESASTRONAUTS e SOMOS CIRCO 🤸 APDO. SOCIAL | DESASTRONAUTS  e SOMOS CIRCO 

🤸‍♀🤸‍♂ Raquel Veganzones e Girisho Gordon aterran no FESTACLOWN co seu novo espectáculo: Somos Circo. Un show de espectaculares acrobacias mesturadas co humor. Alto en acción e baixo e conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción!

⏰ Mércores, 17 de agosto, ás 11.00h na Praza de Galicia.

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown
👧👦 Superroquiños | FRAN BOZA con MALABARABI 👧👦 Superroquiños | FRAN BOZA con MALABARABILIDADES

Bolas, mazas, rulos… Ningunha técnica se lle resiste a este portento do circo clásico e os malabares. Un espectáculo que deixará máis dunha boca aberta 😮 
⏰ Mércores, 17 de xuño, ás 12.30h na  Praza de Ravella

#FestaclownVilagarcia2022 #Festaclown

Contacto:

FESTICLOWN
Triascastela 3
15703 Santiago de Compostela
+34 981 58 28 36

info@festiclown.org

Aviso legal / FESTICLOWN 2022