*Entrada libre e de balde ata completar aforo.
*Recoméndase chegar 15 min. antes da hora de comezo.
ACTIVIDADE PREVIA
O GORDO E O CALVO. 20 ANOS DESPOIS
20 anos despois. Actuación 20 Aniversario
→21.30 h. ↓Salón García
ACTIVIDADE PREVIA
CLÁMIDE
O enfermo imaxinario. Actuación 40 Aniversario
→21.30 h. ↓Salón García
Animación
SOMDOLILÁ
→12.00 h. ↓Polas rúas da cidade
SANROCLOWN
TROULA ANIMACIÓN
→13.00 h. ↓Polas rúas da cidade
MOSTRA FESTACLOWN
FUNDACIÓN TCHYMINIAGUA
Que comience la función
→21.00 h. ↓Praza da II República
APARTADO SOCIAL
CON ELES + CLÁMIDE
Somos Olímpicos
→11.00 h. ↓Praza da II República
SUPERROQUIÑOS
DANI GARCÍA
Gadalka
→12.30 h. ↓Praza de Galicia
CERTAME FESTACLOWN
BERGAMOTTO CLOWN
The New Bergamotto Clown
→19.30 h. ↓Praza de Ravella
MOSTRA FESTACLOWN
ROLABOLA
Rock Circk
→21.00 h. ↓Praza da II República
Apartado social
LARRAITZ URRUZOLA
Namoradas e libres
→11.00 h. ↓Praza da II República (parque)
Superroquiños
A VELA CIRCO
A Corda
→12.30 h. ↓Praza de Ravella
Certame Festaclown
MAYTE GUEVARA
Que buen día!
→19.30 h. ↓Praza de Ravella
Mostra Festaclown
EDDY EIGHTY
Power of the 80's
→21.00 h. ↓Praza da II República
Apartado social
XAROPE TULÚ
Estrafalarias
→11.00 h. ↓Praza da II República (parque)
Superroquiños
SUE MORENO
4.0
→12.30 h. ↓Praia da Concha
Certame Festaclown
TALÍA TEATRO
Lambetadas
→19.30 h. ↓Praza de Ravella
Mostra Festaclown
SINCRO-NACIDAS
Oh-limpiadas
→21.00 h. ↓Praza da II República
Apartado social
RUDI DUDI
Clowntaminación
→11.00 h. ↓Xardín do Dr. Carús (Trabanca Badiña)
Superroquiños
ADRIÁN CONDE
El Gran Braulio
→12.30 h. ↓Praza de Ravella
Certame Festaclown
CIRCO CHOSCO
Oh Pera!
→19.30 h. ↓Praza de Ravella
Mostra Festaclown
CÍA IO
Espazo compartido
→21.00 h. ↓Praza da II República
Apartado social
PALLASOS EN REBELDÍA
CheckPoint Clown
→11.00 h. ↓Plaza de Galicia
Superroquiños
ASSIRCÓPATAS
Abracadaver
→12.30 h. ↓Praza de Ravella
Certame Festaclown
PEDRAS DE CARTÓN
Quixote
→19.30 h. ↓Praza de Ravella
Mostra Festaclown
COLLECTIU FRENETIC
Save the temazo
→21.00 h. ↓Praza da II República
Somdolilá
Somdolilá
Esta batucada feminista chega para animar os días previos ao Festaclown cos seus ritmos galegos inspirados no carnaval de Salvador de Bahía. Os potentes graves dos surdos combínanse coas frases vertixinosas dos repiques e as coreografías das percusionistas. Imposible non bailar!
Fundación Tchyminigagua
Que comience la función
A colombiana Fundación Tchyminigagua, logo do seu éxito en Vilagarcía fai tres anos, volve ao festival co seu novo espectáculo dirixido por Iván Prado. Unha proposta chea de música acrobacias e clown.
Con Eles + Clamide
Somos Olímpic@s
En Somos Olímpic@s reivindican con humor os grandes valores do deporte, que non sempre están presentes no momento da competición. Unha serie de divertidas e aloucadas escenas sobre o universo olímpico protagonizadas por usuarios/as da Asociación Con Eles e o grupo de teatro Clámide. Humor e teatro para a plena inclusión.
Dani García
Galdaka
O mago Dani García sorprenderá ao público do Festaclown dende unha incrible cabina como as dos videntes e autómatas das feiras. Un novo concepto de espectáculo de rúa onde a audiencia gozará da maxia e o misterio da man deste fascinante personaxe.
Bergamotto Clown
The New Bergamotto Show
Compañía italiana residente en Cataluña e que conta cunha recoñecida traxectoria: gañou o premio de votación popular dos XI Premios Zirkòlika de Circo de Cataluña 2020 e o Premio do público no XIII Encontro Entrepayasos de Zaragoza. Agora chega ao Festaclown cun tenro espectáculo de clown xestual no que afonda na relación humana e nas nosas emocións primarias.
Rolabola
Rock Circk
Un espectáculo circense aderezado con punteos de guitarra eléctrica, redobres de batería estrambóticos, equilibrios esperpénticos e melenas ao aire que se desenvolve nunha peculiar estrutura aérea autónoma. Rolabola ofrece unha mestura entre as técnicas de circo e o Rock máis puro que non deixará a ninguén indiferente.
Mayte Guevara
Que buen día
Chova, neve ou sarabie, para Martina sempre pode ser un bo día. Porque quen soña e abre ben os ollos pode ver un mundo con infinitas posibilidades. Pero Martina avisa: este espectáculo só está recomendado para xente con ganas de pasalo ben, e pide absterse a aburridas e tramposas.
Eddy Eighty
Power of the 80's
Chega a Festaclown un incrible espectáculo cheo de amor, humor e circo para toda as idades. Como di Eddy Eighty: “O cambio é posible, só temos que volver atrás e escoitar o que nos dixeron os anos 80”.
Sue Moreno
4.0
Sue Moreno fíxose co Premio do Público na pasada edición do Festaclown coa súa compañía SU.MA. Este ano regresa en solitario cun espectáculo que mestura técnicas aéreas con cancións e teatro físico nunha estrutura de 6 metros. 4.0 fala da conciliación dende unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda.
Talía Teatro
Lambetadas
Os protagonistas desta peza non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara onde van. Terán que saber que lles pasa ás súas linguas, porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai. Talía presenta un espectáculo cheo de tenrura no que os nenos e nenas acabarán descubrindo que a identidade está na propia lingua.
Sincro-Nacidas
Oh-Limpiadas
Dúas limpadoras aburridas da súa rutina diaria entran nun mundo de fantasía onde a súa xornada laboral é retransmitida como se fose unha competición olímpica. Un divertidísimo espectáculo no que Sincro- Nacidas mesturan danza, portés acrobáticos e, sobre todo, moito humor.
Rudi Dudi
Clowntaminación
Rudi Dudi convertirase no home máis forte do mundo, ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido. Coa súa arte sedutora atrapará ao público de todas as idades, que perderá a noción do tempo e gañará un sorriso.
Adrián Conde
El Gran Braulio
Braulio é o mellor mago do mundo... ou polo menos iso pensa el. E quen somos nós para dicirlle a verdade? Así é moito máis divertido! Este ano chega a Vilagarcía El Gran Braulio, un mago torpe e despistado que fai ben o seu espectáculo de pura casualidade.
CÍA IO
Espazo Compartido
Espazo compartido é espectáculo sensitivo, poético e dinámico. O resultado de poñer un ser humano xunto a outro, nese lugar onde remata un e comeza o outro. A través do circo, a compañía IO reta ao público a conectar coa súa propia esencia e a comunicarse a través dela.
Pallasos en Rebeldía
Check Point Clown
Un Check Point instalarase nas rúas de Vilagarcía, pero a utopía do circo e a forza da liberdade do clown conseguirán de maneira máxica tombar o muro, desalambrar o valo e desfacer as fronteiras que nos separan. Pallasos en Rebeldía volve ao FESTACLOWN cun espectáculo que combina clown, maxia e circo con solidariedade e compromiso.
Assircópatas
Abracadaver
Malabares, faquirismo, acordeón, equilibrios e moitas sorpresas máis non aptas para cardíacos. Assircópatas volve cun novo espectáculo que é unha cura colectiva para perder o medo, unha terapia de choque cos números de circo máis terroríficos que xamais se viron.
Collectiu Frenetik
Save the Temazo
Trapecio voante, roda Cyr, danza vertical, o salto á piscina máis pequena do mundo e equilibrio sobre botellas son algúns dos elementos principais desta creación chea de temazos. O universo sonoro será creado en directo dende un set de DJ e altofalantes móbiles enmarcado por unha escenografía de 9 metros de altura.
Clámide
O Enfermo Imaxinario
Clámide preséntanos unha versión moi particular da famosa obra de Molière. Esta compañía nada en Vilagarcía hai 40 anos reinventa a divertida historia na que un hipocondríaco intenta casar á súa filla cun médico mentres a criada e o irmán do pai tratan de impedilo.
Rematou o Festaclown 2020!
Comezou o Festaclown 2020
Festiclown 2019, luns 19 de agosto
Festiclown 2019, Sábado 17 de agosto
Segue o Festaclown 2020!
Festiclown 2020. Promo
Festiclown 2019, domingo 18 de agosto
COLABORAN:
