Festaclown 2023, a festa da risa

V I L A G A R C í A  •  1 0 - 1 5  a g o s t o  2 0 2 3

• XOVES 10 •

ANIMACLOWN

DIVERSIDARTE + CON ELES

Iguatuke

→11.00 h  ↓Rúas da cidade

ANIMACLOWN

PÉ DE 2

Homem banda

→12.30 h  ↓Rúas da cidade

ANIMACLOWN

PÉ DE 2

Homem banda

→19.30 h  ↓Rúas da cidade

VENRES 11 •

ANIMACLOWN

TROULA ANIMACIÓN

Vivaclown

→12.30 h  ↓Rúas da cidade

ANIMACLOWN

TROULA ANIMACIÓN

Vivaclown

→19.30 h  ↓Rúas da cidade

 

INAUGURACIÓN FESTACLOWN 2023

LEO BASSI

70

→21.00 h  ↓Auditorio Municipal
Entrada: 5€ Apertura da billeteira no Auditorio unha hora antes do espectáculo.

SÁBADO 12 •

ANIMACLOWN

PÉ DE 2

Homem Banda

→11.00 h  ↓Rúas da cidade

SUPERROQUIÑOS

MÁXIMO

Máximo Óptimo

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

SU.MA

Glamping

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

KINE CIRCUS

Greed

→21.00 h  ↓Praza da Segunda República 

DOMINGO 13 •

SUPERROQUIÑOS

TANXARINA

Titiricircus

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

MARTA SEMPRE ARRIBA

Hoxe si!

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

EL GRAN DIMITRI

Legend

→21.00 h  ↓Praza da Segunda República

LUNS 14 •

SUPERROQUIÑOS

N+1

Circanelo

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

PÍSCORE

Molto Barroco

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

CIRCO NO ATO

Se der corda

→21.00 h  ↓Praza da Segunda República

MARTES 15 •

SUPERROQUIÑOS

XABI LARREA

Up!

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

LA FINESTRA NOU CIRC

Royal Circ

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

MAGO TETO

Rock & Magic

→21.00 h  ↓Praza da Segunda República

ARTISTAS

Ángeles Goás

Risas entre iguais

Ángeles Goás achéganos unha escolma de contos de igualdade cunha marca de humor e diversión común ideais para o Festaclown. Contos sobre feminismo cunha liña reivindicativa, educativa, pero tamén moi divertida e axeitada para o Festaclown.

Leo Bassi

70

Leo Bassi leva o circo na sangue. O irreverente italiano  é un bufón, un home comprometido que considera que o pallaso debe mirar directamente ao poder, mofarse del e denuncialo mediante a risa.
Este ano trae a Vilagarcía o seu último espectáculo, 70, no que a través da súa memoria, descóbrenos que hai que volver ao humanismo e aos instintos. Asómbrase da súa enerxía, asume a súa responsabilidade como chamán e bufón, axitador de emocións que reivindica a risa como unha das grandes forzas da existencia e raíz existencial do seu desexo de provocar. O humor como reflexión da sociedade e o acto teatral como un ritual.

Diversidarte + Con Eles

Iguatuke

O Iguatuke é unha batukada inclusiva promovida pola función Igualarte que enche as nosas rúas de enerxía, ritmos de percusión e diversión cunha mensaxe de igualdade e inclusión.
“A arte é un dereito que nos pertence a todos”, esta é a premisa a partir da que nace no 2002 a fundación Igualarte, para que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística.

Péde2

Homem Banda

Péde2 fundouse en 2008 por Mariana Ferreira e Mauro Bruza. Inspiradas pola arte do pallaso, levan dende ese momento creando xuntos acompañados do circo, a música, o teatro e as risas do público.
Ao lonxe soan acordeóns, pratos, bombos… pódese pensar que hai unha banda. E si que a hai, pero feita por un só home! Un artista inventor aliado do público trae este espectáculo cheo de sonoridade.

Troula Animación

Vivaclown

Troula Animación e Festaclown únense para crear un espectáculo de animación circense para encher as rúas de Vilagarcía de cor e animación no comezo do festival. Troula é a mais destacada compañía galega de animación e crea un formato específico con zanqueiros, música e moita enerxía que percorrerá as prazas, terrazas e principais localizacións de Festaclown 2023.

N+1

Circanelo

N+1 é a compañía de danza, teatro e circo de Alfredo Pérez Muíño. N+1 é o seu proxecto persoal, no que mestura o seu traballo unipersoal con outras propostas colectivas.
Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; é espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo, tenrura e inxenio. Un personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplicas tuteladas por un marcado rexistro clownesco para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo. O público acompañarao nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisacións, atentos aos conflictos deste pallaso que non dubida en expoñerse, en mostrarse para chegar a grandes e nenos.

Su.Ma

Glamping

Dúas grandes artistas galegas como Sue Moreno e María Move crean SU.MA para abordar os seu primeiro show baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro.
Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación. Teatro xestual, música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown. Cando parece que todo está perdido... a creatividade xurde abrindo un camiño inesperado.

Kine Circus

Greed

Kine Circus é unha compañía de circo etíope que nace co obxectivo o de dar un espazo de ocio e desenvolvemento aos nenos e nenas en risco de exclusión de Addis Abeba.
Greed é un espectáculo cheo de acrobacias, fantasía, danza e vitalidade. Este show pregúntase sobre esa tenue liña que separa a ambición lexítima e a codicia, o desexo de lograr o éxito e de conseguir riqueza e poder: as e os intérpretes investigan esta complexa realidade a través de imposibles equilibrios, saltos e malabares, e descúbrennos que o auténtico poder reside na comunidade.

Vero Rilo

Destemidas

Vero Rilo é narradora oral. Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público.
A música está moi presente nos seus traballos a dúo, aínda que por máis que o intente nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto.
Desmentidas é un conto que nos achega a partes iguais humor e reivindicación. A reivindicación de perder eses medos que todas temos a través do coñecemento de mulleres destemidas e divertidas que mudaron e seguen a mudar o mundo cada día.

Máximo

Máximo Óptimo

Máximo Óptimo é o bufón máis famoso da rúa. Un mestre da arte da improvisación, un malabarista que che poñerá os pelos de punta. Non hai circo sen riisco e Máximo lévao ao extremo. Un humor provocador que fai rir á vez que conmove a nenos, nenas familias e maioes. Un artista que non deixa a ninguén indiferente facendo partícipe a o seu público do espectáculo. Máximo faise querer e déixase levar sen complexos; o neno medoso que todos levamos dentro encontrará no reto o valor para afrontarlo. Si non coñeces a Máximo Óptimo é que aínda non gozaches dun bo espectáculo de rúa.

Sempre Arriba

Hoxe si!

Sempre Arriba é a compañía de clown e circo de Marta Iglesias, artista multidisciplinar galega. No seu espectáculo Hoxe si! Temos un triángulo por espazo de xogo, obxectos que soben baixan e flotan no aire. Temos música, os temazos e temones da nosa vida, temos circo, un micro, temos ganas e moita actitude. Hoxe Si! É unha invitación a xogar, a disfrutar, a soltarnos e desinhibirnos por un día, a vivir celebrando o momento presente. Porque a vida é agora. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobretodo moito humor.

El Gran Dimitri

Legend

Dimitri, un xenio do escenario segundo el, aínda que de dubidosa reputación artística. Enfróntase ao seu terceiro traballo en solitario. Despois de case actuar en prestixiosos festivais, salas B dos mellores teatros e de case gañar algún premio, Dimitri ten unha epifanía: “Nacín para ser unha lenda do escenario”. Así que monta un espectáculo onde se xogará a vida. Dimitri preséntase cun novo show onde se xogará unha e outra vez a vida para conseguir este obxectivo.

Con Eles + Clámide

O novo circo da diversidade

O novo circo da diversidade: O circo da diversidade é o noso Circo do Sol local. Malabaristas, acróbatas, forzudos, pallasos... nun espectáculo protagonizado polas usuarias e usuarios de Con Eles acompañados do bo facer das compoñentes de Clámide.

Tanxarina

Titiricircus

Tanxarina é unha compañía de títeres galega con máis de 35 anos de traxectoria artística. Combinan a manipulación de monecos con traballo actoral, música e animación diversa.
Titiricircus é un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores de aquel circo que recordan agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes de aquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido do mundo…

Píscore

Molto Barroco

Píscore volve este ano coa súa gran estrea: Molto Barroco. Este espectáculo é antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca. Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares.

Circo no Ato

Ser de Corda

Circo no Ato é unha das compañías máis recoñecidas de circo no Brasil. Cos seus espectáculos percorreron cidades con pouco acceso á cultura e barrios da capital máis afastados do centro. Se Der Corda  é un espectáculo que fala da grandiosidade do que é sinxelo e inxénuo, da amizade como morza motriz da creación; todo flue na beleza, como a cativada que se encontra no parque e soñan saltando. O humor, presente en todo o espectáculo, trae o frescor da risa espontánea dentro dunha roda de amigos entre cordas, acordes e acrobacias.

Xabi Larrea

Up

Inicia a súa actividade no ano 2000 e dende entón crea espectáculos propios co humor, o circo, o teatro físico e a  complicidade co público como ingredientes principais. Espectáculos visuais, imaxinativos e participativos para todos os públicos.Up é un espectáculo que toma o humor como base de partida, donde o absurdo, a comedia e a excentricidade toman un rol decisivo á hora de mostrar as diferentes habilidades dun personaxe apaixoado, irónico e cheo de enerxía.

La Finestra Nou Circ

Royal Circ

La Finestra Nou Circ é unha compañía fundada no 2012 en Valencia, e nace co obxectivo de desenvolver proxectos sociais, formativos e culturais en torno ao circo.
Royal Cirk é un espectáculo que presenta a dous personaxes de circo antigo, cansados da súa vida errante, buscando un lugar onde instalarse definitivamente e poñer o seu pequeno circo ambulante. Durante a súa procura, levarán o seu peculiar espectáculo de malabares, humor, equilibrios, música e acrobacias a cada rincón descubrindo, grazas á enerxía do público, que cada sitio onde actúan é bo para quedarse.

Mago Teto

Rock&Magic

Rock&Magic é a gran estrea do Mago Teto este ano. O show, dunha tremenda e contrastada calidade,  mestura as dúas principais pasións de Teto: o rock e a maxia. Era cuestión de tempo unilas e sumar ao seu repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.

Camiseta e chapa

Faite cunha Clownmiseta!

Se queres unha camiseta Festaclown escríbenos a info@festiclown.org indicando a cor e a talla que queres, as camisetas custan 10 €*.

*Os gastos de envío cóbranse aparte