Festiclown Vilagarcía

Vilagarcía 2018

do 9 ao 14 de agosto

Descarga o programa Descarga o cartel

Programación
Artistas
Multimedia

Festiclown nas Parroquias

  • Venres 3 de agosto. Carril. Rudi Dudi. Rastafarudi. Praza da Liberdade, 20.30 h
  • Sábado 4 de agosto. Sobradelo. Rudi Dudi. Rastafarudi. Campo da Festa, 12.00 h
  • Domingo 5 de agosto. O Sixto. Circo Chosco. Riscando O Ceo. Centro Cultural, 12.30 h
  • Domingo 5 de agosto. Vilaxoán. Circo Chosco. Riscando O Ceo. Praza Rafael Pazos, 20.30 h

Festiclown

Xoves 9 agosto

Desclowntrol nas rúas

Trío Refugallo

Ritmo Refugallo

12.00 h

Rúas de Vilagarcía

Ritmo Refugallo
Desclowntrol nas rúas

Trío Refugallo

Ritmo Refugallo

19.00 h

Rúas de Vilagarcía

Trapu Zaharra
Mostra Internacional

Trapu Zaharra

Sefiní

20.00 h

Praza do Castro

Amontonados por Azar
Mostra Internacional

Amontonados por Azar

H2Olga

21.30 h

Praza de Galicia

Venres 10 agosto

A Musicleta

Desclowntrol nas rúas

Pulpiño Viascón

A Musicleta

12.00 h

Rúas de Vilagarcía

Saaabor!

Superroquiños

Culturactiva

Saaabor!

13.00 h

Rei Daviña esquina Baldosa

A Musicleta

Desclowntrol nas rúas

Pulpiño Viascón

A Musicleta

19.00 h

Rúas de Vilagarcía

Saaabor!

CERTAME INTERGALÁCTICO

Culturactiva

Saaabor!

20.00 h

Praza do Castro

Cirk About It

Mostra Internacional

Cirk About It

El Apartamento

21.30 h

Praza de Galicia

Sábado 11 agosto

Animacreques

Desclowntrol nas rúas

Catropés

Animacreques

12.00 h

Rúas de Vilagarcía

Dani García

Superroquiños

Dani García

Código

13.00 h

Rei Daviña esquina Baldosa

Animacreques

Desclowntrol nas rúas

Catropés

Animacreques

19.00 h

Rúas de Vilagarcía

Dani García

CERTAME INTERGALÁCTICO

Dani García

Código

20.00 h

Praza do Castro

Vol é Temps

Mostra Internacional

Vol'e Temps

Mundos de Papel

21.30 h

Praza de Galicia

Domingo 12 agosto

Mi abuelo es mago

CERTAME INTERGALÁCTICO

Mundomandarina

Mi abuelo es mago

20.00 h

Praza do Castro

Passabarret

Mostra Internacional

Passabarret

Tandarica Circus

21.30 h

Praza de Galicia

Luns 13 agosto

La Bandita Alegre

Desclowntrol nas rúas

La Bandita Alegre

El Gran Show de La Bandita Alegre

12.00 h

Rúas de Vilagarcía

Mi abuelo es mago

Superroquiños

Mundomandarina

Mi Abuelo es Mago

13.00 h

Rei Daviña esquina Baldosa

La Bandita Alegre

Desclowntrol nas rúas

La Bandita Alegre

El Gran Show de La Bandita Alegre

19.00 h

Rúas de Vilagarcía

CERTAME INTERGALÁCTICO

Pablo Cool & Dimitry

Pablo Cool & Dimitry

20.00 h

Praza do Castro

Mostra Internacional

Kanbahiota

La Coquette

21.30 h

Praza de Galicia

Martes 14 agosto

La Bandita Alegre

Desclowntrol nas rúas

La Bandita Alegre

El Gran Show de La Bandita Alegre

12.00 h

Rúas de Vilagarcía

El inspector Muñoz

Superroquiños

Pablo Cool

Inspector Muñoz

13.00 h

Rei Daviña esquina Baldosa

La Bandita Alegre

Desclowntrol nas rúas

La Bandita Alegre

El Gran Show de La Bandita Alegre

19.00 h

Rúas de Vilagarcía

Mostra Internacional

Alberto San Juan

Autorretrato de un joven capitalista español

21.30 h

Salón García
6 euros

Alberto San Juan

Autorretrato de un joven capitalista español

Alberto San Juan presenta unha das máis destacadas pezas dos últimos anos, un repaso a unha sociedade que ten moito que cuestionarse dende o humor, a crítica e a necesidade de reflexión:

“Tengo mi dinero en uno de los bancos más importantes de este país, que es un banco que especula con alimentos. Entre otras actividades. Hace unas semanas estuvimos cenando juntos un grupo de amigos y pasamos la velada hablando de las injusticias que están ocurriendo. Cuando trajeron la cuenta, cada uno sacó su tarjeta de algunos de los bancos más importantes de este país, que son bancos que especulan con alimentos, echan a la gente de sus casas o comercian con armas prohibidas. (…) Sé que vivo en una sociedad injusta hasta la crueldad. Y quiero que cambie. Pero no sé si estoy dispuesto a arriesgarme a perder en el intento todo lo que tengo. Quiero conservar mi fama, mi cotización comercial, mis propiedades. Estoy hablando en serio. Soy un joven capitalista español”.

Cirk About It

El apartamento

El apartamento é un lugar onde todo é posible…

O día a día de estes tres compañeiros escapa á normalidade: erguerse, almorzar, mudar a roupa ou mudar unha lámpada, que adoitan ser actos mecánicos e case instintivos, para eles convétense nunha proeza de complicacións acrobáticas. Diferentes técnicas de circo utilizadas de maneira orixinal, dinámica e novedosa faranos compartir habitación no Apartamento, cando o circo é o protagonista na sala de calquera casa todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional.

Cirk About It expón unha situación cotiá para explicar como a rutina pode romperse con facilidade se engadimos unhas gotiñas do mellor circo. Espectáculo fundamentado principalmente nos equilibrios e saltos acrobáticos, cun chisco de humor, amosa un traballo corporal moi visual que atraerá a todos os públicos.

Premio Mellor Espectáculo de Rúa na Feira de Teatro de CyL de Ciudad Rodrigo 2016, Premio do Público ao Mellor Espectáculo no Festival Internacional Malabharía Lanzarote 2017 e Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa en FETEN Xixón 2017.

Trapu Zaharra

Sefiní

Non son dous topmanta, non!! Tampouco dos feirantes de mercadillo... Son dous cómicos liquidando todo o seu atrezo. ¿Que porqué? Non é difícil adiviñalo.

Dous veteranos actores dunha vella compañía vense obrigados a pechar ante a precariedade dos seus contratos. A venda de todo o seu material será pretexto para repasar entre a morriña e a mala leche a súa traxectoria artística e a un tempo presentar a última proposta para sobrevivir: "O Salchi-Auto".

Co convencemento de que so a vía gastronómica poderá sacalos do fochanco, lánzanse á venda dun produto xenuíno: a salchicha agridoce. Un proxecto co que pensan xirar por as diferentes prazas amansando a resaca dos seus habituais espectadores.

Pablo Cool & Dimitry

Pablo Cool & Dimitry

Pablo Muñoz e Iván Prado unen os seus talentos nunha oportunidade única.

Pablo Muñoz é "Pablo Superstar Cool". Formouse na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e na Escola de Interpretación de Cristina Rota. Cursou clown e técnicas de humor con Philippe Gaulier en Londres e Jos Houben en Bruxelas. Premiado co "Nariz de Ouro" do XIV Festival Internacional de Clowns de Madrid 2009 e Premio de Maxia Cómica no Festival Internacional de Maxia de Santa Susanna (Barcelona).

Iván Prado é a risa. Ademais de director de proxectos como Pallasos en Rebeldía e Festiclown Palestina, de festivais como Festiclown, Fira Magica e Magiclown, de compañías como Good Idea ou Os Sete Magníficos e, como cume, actor nesta produción que xorde dunha exitosa xira por festivais brasileiros de maxia e clown.

Vol'e Temps

Mundos de papel

Un home só e abandonado recorre os corredores baleiros dun lugar que antigamente estivo cheo de vida estraña e axitada. Agora só quedan os soños dos seus antigos anfitrións.

De todos os recordos que moran neste sitio o home escribiu unha longa epopea onde o seu maxín fíxose rei. Os reinos caen e érguense, as personaxes nacen da nada, os obxcetos modelan as necesidades do narrador nun mundo onde confúndense a vida cos soños. Mundos de papel, unha historia perturbadoramente divertida, tenra e trepidante, que combina con humor e espontaneidade técnicas de circo, teatro e danza, no que os espectadores son testemuñas de excepción dun continuo ir de aquí para aló, onde nada é o que asemella e todo parece o que é. O universo absurdo pero poético de Mundos de papel introdúcenos nun soño circense tenro e inxenuo, nun paréntese sorrinte, fresco e xoguetón, cun relato tan aberto que permite tantas interpretacións como espectadores.

Amontonados por azar

H2Olga

Tres personaxes buscan a solución aos seus defectos nunha botica abandonada no medio da rúa. Mesturando diferentes substancias xerarán situacións disparatadas e cheas de destrezas circenses, que lles farán darse conta, que ás veces o que un pensa que son defectos en realidade poden ser virtudes. Un espectáculo que combina a actuación coas acrobacias máis asombrosas para divertir aos máis mozos e sorprender aos máis grandes.

La Bandita Alegre

El Gran Show de La Bandita Alegre

La Bandita Alegre nace fai 15 anos cando un grupo de artistas chegados de distintos ámbitos da escena circense teatral e de rúa xuntáronse para formar esta compañía de pallasos musicais excéntricos e representantes do Tony chileno: un personaxe pícaro xoguetón e herdeiro do novo pallaso chileno.

A compañía fúndase como rescatadores de rutinas clásicas de circo, mesturando a música en vivo, gags, aloucadas rutinas e un xogo frenético co público. Os seus integrantes formaron parte de “O circo do mundo”, a compañía “Teatro Circo Imaxinario” dirixida por Andrés do Bosque, “O gran Circo Teatro” de Andrés Pérez e actualmente son asociados á fundación Teatro Museo do Títere e do Payaso de Valparaíso. La Bandita Alegre atesoura numerosas participacións en diversos festivais de circo e clown no como o festival de circo a tarumba Perú, Festival de Mimos e Clown de Medellín, Festiclown Vigo España, Festiclown Palestina, Festival de circo de Caracas, Encontro de Teatro Físico Goiania Brasil, Festival internacional das artes de Costa Rica...

Passabarret

Tandarica Circus

Eles chámano "retro-balkan-rock'n'roll circus" pero, falando en prata, son só catro pallasos tolos como unha cabra e capaces de calquera cousa para satisfacer ao seu público, dende dispararse un cañonazo no estómago, improvisar rutinas aéreas ou xogar cun lanzador de coitelos con miopía severa. Son artistas daqueles que se xogan a súa propia vida... e se non é a súa, que sexa de alguén do público! Non podes faltar ao seu próximo show: cada función pode ser a última! Textos e números inverosímiis para un espectáculo de circo absurdo e cun ritmo trepidante, para todas as idades e para morrer de risa.

Tandarica Circus é o espectáculo bandeira da Cía. Passabarret... o seu alter-ego.

Kanbahiota

La Coquette

Trátase dun espectáculo de aéreos con Rossina Castelli e Abraham Pavón como protagonistas, que achegan unha nova proposta de acrobacias aéreas con impresionantes rutinas de trapecio, escada e verticais. Todo isto sen esquecer o humor e o clown, que acompañan a espectacularidade dos números da troupe de Kanbahiota. Un espectáculo de acrobacias aéreas para toda a familia realmente orixinal e novidoso; cunha coidada estética na posta en escena, Kanbahiota volven anovar o panorama dos aéreos en España despois do seu traballo en Francia e Bélxica na creación dos números de La Coquette. Rutinas elegantes, espectaculares e divertidas cunha presentación moi novidosa. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as depuradas técnicas aéreas deste novo espectáculo.

 

Pulpiño Viascón

A musicleta

Pulpiño Viascón e os seus instrumentos máxicos interpretará pezas populares nun pasarrúas inesquecible, animando aos presentes a cantar e dar uns paseos.

Un home orquestra con percusión, acordeón, serrucho e game boy fan da Musicleta unha festa na rúa animando as vilas con música e humor.

Catropés

Animacreques

En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa.

Ánxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

Dani García

Código

CÓDIGO: dise da combinación de letras, números ou caracteres que nos permiten formular e descifrar mensaxes que doutro xeito permanecerían ocultos. O código lingüístico posibilítanos a comunicación coas demais persoas. Pero… Que pasaría se perderamos ese código? Ou se nos atoparamos con persoas que usan outro diferente? Sería posible comunicarnos dalgún xeito?

Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer. Perdido no presente, no eiquí, no agora. Así está o noso viaxeiro, o noso coleccionista de linguas. Sempre na busca de novos amigos cos que engadir un código máis na súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.

Mundo Mandarina

Mi abuelo es mago

Neste novo espectáculo, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Antón Chipirón. Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis.

Neste espectáculo, a través da maxia e a comicidade, abórdase o tema de afrontar a morte dos seres queridos, non de xeito traumático, senón como unha transformación. Achega ao público miúdo a idea de que non os perdermos de todo, senón que seguen presentes a través das lembranzas e a herdanza emocional que nos deixan.

Pablo Muñoz

El Inspector Muñoz

Nota: Este espectáculo non é un espectáculo normal. Toda a normalidade observada neste espectáculo é produto da súa imaxinación.

O clown, a maxia e o absurdo únense para crear unha homenaxe aos grandes cómicos do século XX. El Inspector Muñoz é o resultado de meter nunha coctelera a Chaplin, Buster Keaton, Peter Sellers e o seu Inspector Clouseau, Poirot, Sherlok Holmes, Philippe Marlowe, o inspector Gadget e a Pantera Rosa.

Alguén roubou o broche de ouro de Isabel a Católica. O ladrón ou ladroa está entre o público. O Inspector Muñoz, da Policia Internacional Interpol encargarase de descubrilo.

Espectáculo de humor dirixido a todos os públicos.

Pallas@s en Rebeldía

Checkpoint Clown

Un CHECK POINT israelí instálase na túa cidade, pero toda a utopía do circo e a forza da liberdade do clown conseguen, de maneira máxica, tombar o muro, desalambrar o valo e desfacer as fronteiras que nos separan. A escenografía reproduce un posto militar, cos seus muros, os seus arames, as súas cores escuras, con todo o seu terror. Dous militares reciben ao público, facéndolles pasar, dunha maneira cómica e divertida, por ese mesmo punto de control que homes e mulleres do pobo palestino deben atravesar a diario, nunha animación cargada de humor e simbolismo.

Un espectáculo protagonizado por dous militares cunha férrea disciplina clown e un número de acrobacias aéreas final dan forma a esta proposta artística de Pallasos en Rebeldía. Risa e espectáculo, humor e maxia, circo e compromiso, armas de diversión masiva para espertar conciencias a través da arte. Derrubar fronteiras, as físicas e as mentais, e construír camiños que conecten corazóns coa poesía rebelde de dous pallasos e unha trapecista.

Culturactiva

Saaabor!

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

Félix Rodríguez é un actor e músico cunha ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko, Píscore e Trío Refugallo, que nesta ocasión se complementa perfectamente con Fran Rei, cómico que ten participado en máis de 20 montaxes con compañías como Os Sete Magníficos máis Un, Pallasos en Rebeldía ou Acontrabutaca. Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fará as delicias de os padais máis esixentes.

Trío Refugallo

Ritmo refugallo

A animación toma as rúas da vila con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.

Festiclown 2017, xoves 10 de agosto

Festiclown 2017, venres 11 de agosto

Festiclown 2017, sábado 12 de agosto

Festiclown 2017, domingo 13 de agosto

Festiclown 2017, luns 14 de agosto

Festiclown 2017, martes 15 de agosto

Colaboran:

Concello de Vilagarcía de Arousa
Obra Social "La Caixa"
INAEM
AGADIC
Xunta de Galicia

Festiclown nas redes