Festiclown

Esperanzah 2018

do 12 ao 14 de outubro

20 anos de Festiclown!!

Queres celebralo con nós?

Ven ao Festiclown Esperanzah, do 12 ao 14 de outubro en El Prat de Llobregat (Barcelona)

Participaches nalgún Festiclown e queres vir actuar?

Envía a túa proposta antes do 15 de agosto a info@festiclown.org, habemos estudar as propostas e as nosas posibilidades e contestaremos en canto poidamos.

E se te seleccionamos para actuar?

Os seleccionados actuaredes polas mañás dentro da programación oficial.

As axudas dispoñíbeis son as siguientes:

  • 50 euros por persoa para compañías procedentes de Catalunya
  • 100 euros por persoa para compañías procedentes do Estado
  • Encargámonos, de cubrir a estancia e a comida

Celebra estes 20 anos con nós, moitas grazas.

Festiclown nas redes