Festiclown 20 anos, 5 paises, 3 continentes
O FESTICLOWN comezou sendo un soño de Iván Prado no ano 1999 dentro do Cultura Quente de Caldas, e que de vagar materializouse nun Festival Internacional de Clown que 20 anos despois acabou sendo referente internacional do circo comprometido. Hoxe é o único festival de clown que leva a risa, a rebeldía e a esperanza a distintos puntos do globo, un festival vivo e nómada que está onde o precisan.
FESTICLOWN é unha forma de ser e de entender o mundo a través do clown, unha escola onde ensinar e onde aprender, o FESTICLOWN é unha referencia global do humor solidario que ten deixado pousos en Galicia, Asturias, Madrid, Catalunya, Río de Janeiro, Bogotá, Wirikuta, Santa Catarina, Rio grande do Sul, Kariris Xocó... e dun xeito moi especial, Palestina, onde celebramos o primeiro festival de circo do mundo árabe e que xa vai pola V edición.
Co FESTICLOWN levamos a risa ás rúas, a hospitais, teatros, campos de refuxiados, comunidades indíxenas, favelas.. Máis de 500 artistas teñen actuado no FESTICLOWN, e uns 2.000 formáronse baixo o paraugas do noso porxecto, artistas do presente e o futuro do humor que levan FESTICLOWN como bandeira
Temos moito que agradecer e tamén temos moito para seguir ofrecendo...
Camiñemos xuntos 20 anos máis de risas comprometidas e circo social co soporte de Culturactiva SCG e o compromiso de Pallas@s en Rebeldía!