★ LUNS 18 

ANIMACLOWN

NACHO FLORES

Minotauro

→19.30 h  ↓Rúas da Cidade e Praza de Galicia

 

★ MARTES 19 

ANIMACLOWN

IGUALARTE + CON ELES

ANIMART

→11.00 h  ↓Rúas da cidade

SUPERROQUIÑOS

RENDOS PEQUENO

Charlatán Rodríguez

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

 

CERTAME FESTACLOWN

HENRIKO

Circo Cambuche

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

 

MOSTRA FESTACLOWN

MARTA ALONSO TEJADA

Dance Join

→21.00 h  ↓Praza da II República

 

★ MÉRCORES 20

SUPERROQUIÑOS

A VELA CIRCO

Enredos

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

 

CERTAME FESTACLOWN

ABRAHAM ARZATE

El RomperÉcords

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

ASACO PRODUCCIONES

Ridi Pagliaccio

→21.00 h  ↓Praza da II República

 

★ XOVES 21

SUPERROQUIÑOS

A COVA DAS LETRAS

Chafallas

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

CIRCO ROJO

Del tingo al tango

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

BOT PROJECT

Collage

→21.00 h  ↓Praza da II República

 

★ VENRES 22

SUPERROQUIÑOS

GHAZAFELLOS

Historias para escaghariñarse

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

GARRAPETE CLOWN

Crescendo

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

LA FINESTRA

Tranvía Nº 12

→21.00 h  ↓Praza da II República

 

★ SÁBADO 23

SUPERROQUIÑOS

ASSIRCÓPATAS

Rogelio 3 (La Fete)

→12.30 h  ↓Praza de Ravella

CERTAME FESTACLOWN

A TOPE

Shhhh!

→19.30 h  ↓Praza de Galicia

MOSTRA FESTACLOWN

MAGO TETO

Galerock&Magic

→21.00 h  ↓Praza da II República

ARTISTAS

Nacho Flores

MINOTAURO

Minotauro garda un equilibrio móbil con inspiración de Alexander Calder, dándolle forma a un minotauro. Esta proposta de circo contemporáneo de rúa é unha peza poética e visual que contrapón a dominación á colaboración.

Con música en vivo e inspirada nun imaxinario mitolóxico, asistimos á viaxe de transformación do seu protagonista que, coa colaboración do público, cabalga facendo equilibrios entre minotauros e cabalos de Troia, dente a quimera ata a liberdade máis delirante.

Igualarte + Con Eles

ANIMART

Con Eles xurdiu en 1997 diante da necesidade dun grupo de familias de crear un movemento asociativo que combatese as carencias dos servizos sociais da comarca do Salnés e da zona do río Umia e do Baixo Ulla. É unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivos principais defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade intelectual, promover a súa integración social e a súa normalización e fomentar actitudes sociais positivas cara estas persoas.

A fundación Igualarte nace no ano 2002 baixo a premisa de que “a arte é un dereito que nos pertence a todas”. Xorde como un espazo inclusivo no que as persoas con diversidade funcional poden expresarse de maneira artística.

Animart é unha animación a través da percusión e a enerxía que vai percorrer as rúas da vila bañando as mesmas de ritmo, cor, humor e inclusión. O son dos tambores, surdos e pandeiretas da banda Iguatuke acompañada polos membros de Con Eles encherán as rúas de Vilagarcía de baile e música.

Rendos Pequeno

CHARLATÁN RODRÍGUEZ

Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males. Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a xente quere escoitar.

Dirixido por Fran Rei, Félix Rodríguez mestura nesta súa primeira montaxe música, comedia, maxia e moita participación, nun espectáculo para todos os públicos.

Non se deixen confundir: moinantes hai a moreas, pero ninguén engana co humor, o ritmo, a empatía e a arte de Charlatán Rodríguez.

Henriko

CIRCO CAMBUCHE

Este espectáculo conta, en clave de traxicomedia, a historia dun antigo circo do século pasado, o Circo Cambuche. Kike Castro, o último sobrevivente deste circo, lembra a historia da súa familia de funambulistas e o seu amargo final. Cada domingo pola tarde, visita a vella carpa da familia e fantasea co recordo do circo, tenta subirse ao arame, como cando era neno, pero agora non se atreve.

Ante un público que só existe na súa imaxinación, un día atopa a unha muller que se parece á súa avoa, a matriarca da familia do circo. Ela dálle o valor para escalar o arame e percorrelo no seu monociclo e nel, o funambulista e o público viaxan nunha fantasía compartida. O arame convértese no fío condutor que une presente e pasado, madurez e infancia.

Marta Alonso Tejada

DANCE JOIN

Un espectáculo interactivo que combina danza e clown. A obra mestura danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico, mentres convida ao público a participar no caos controlado que presenta. Esta proposta dinámica borra os límites entre artistas e espectadores.

Vero Rilo

DESNORTADAS

Dende o 2013, Vero Rilo leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público. Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.

Desnortadas é unha nova sesión de narración oral enfocada a un público familiar que se vai estrear neste Festaclown 2025.

A Vela Circo

ENREDOS

Non sempre é fácil encaixar. É o primeiro día na fábrica, unha vella factoría que acaba de herdar do seu avó e que xa viviu épocas mellores. Coa ilusión do primeiro comeza a súa xornada, pero pronto se dá de conta que as instalacións necesitan algo máis que uns amaños.

A maquinaria oxidada, os engrenaxes desaxustados, as estruturas inestábeis, convértense no escenario perfecta para un sinfín de torpezas e inesperadas habilidades. Nun mundo dominado polas máquinas a arte do circo emerxe como unha forma de rebelión e liberdade.

Abraham Arzate

EL ROMPE RÉCORDS

O Rompe récords soña con ser famoso e ter unha chea de fans, e fará todo o posible por cumprir o seu soño... Non é guapo, non é nada listo e non é moi forte pero ten algo que o fai diferente: conta cunha autoestima a proba de todo...

50 minutos de alta enerxía e comedia orixinal caracterizan esta posta en escena... "Saltos mortais", "habilidades paranormais", "proezas incribles", son algunhas das cousas que se poderán ver neste espectáculo, pero o máis importante é que o público non parará de rir nin un só segundo.

Asaco Producciones

RIDI PAGLIACCIO

Este clásico dúo de pallasos inspírase na aria Vesti la giubba, de Pagliacci. Dous irmáns, Carabranca e Augusto, que no seu intento de facer ópera, descobren o destino tráxico do clown: facer rir, aínda tendo o corazón roto. Risas, bágoas, música, amor, canto e moitas pallasadas para toda a familia.

Pérez & Fernández

ROSA E AZUL

Rosa e Azul é un espectáculo de narración oral para gozar das novas narrativas da literatura infantil. Unha sesión de contos teatralizados que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos.

A través da manipulación de xoguetes e monicreques artesáns, mestúranse historias reais con contos de ficción arredor do amor, a tolerancia, o respecto e a diversidade.

A Cova das Letras

CHAFALLAS, A VENDEDORA DE FUME

Chafallas vai de pobo en pobo buscándose a vida, conta historias e entretén á xente en troco de comida ou algo de diñeiro. Sabe facer de todo, ás veces sáelle ben, outras... non tanto. Pero o que si fai é poñerlle moi boa intención. É nómade, vai coa súa casiña ás costas e coma un caracol, leva historias enroscadas. Entende o idioma dos animais, é unha sabia da natureza e sen sabelo, a primeira muller narradora que vive do seu oficio.

As noites sen teito non son fáciles; e pra pasalas, enreda coas palabras e a música ata durmir paseniño e que o fermoso son da alborada a desperte.

Detrás da Cova das Letras está Cris Collazo. Compostelana de nacemento, medrou no berce dunha aldea chea de fábulas, contos e cantigas. Dos beizos das avoas saiu a maxia da literatura popular que fixeron pouso na súa formación e entendemento da arte dramática.

Circo Rojo

DEL TINGO AL TANGO

É un espectáculo familiar, para todos os públicos dispostos a divertirse e mergullarse na fantasía de revivir o gran teatro. Mostraranse diferentes técnicas circenses, tales como equilibrio de mans, teas aéreas, portés acrobáticos, malabares, monociclo e moito humor.

Circo Rojo nace do encontro e a necesidade de dous artistas internacionais que buscan a unión de diferentes disciplinas artísticas para crear unha proposta escénica propia. Trátase dunha compañía multidisciplinar que traballa entre o teatro, o circo, a danza e a música.

Bot Project

COLLAGE

Tres artistas suspendidos no aire dispóñense a tirarse á piscina coa seriedade e o rigor que dita o guión. Nun primeiro momento todo sae como estaba previsto, pero pronto unha ansia de rebelión apoderarase dos acróbatas desta historia poñendo en perigo a integridade da obra.

Entre salto e salto a rexedora loitará por impoñer o guión, pero os acróbatas seguen as súas propias regras creando situacións cómicas e tolas co obxectivo de crear o seu propio espectáculo. Todas estas peripecias ocorrerán nun estado de ingravidez máis próximo ao ceo que á terra.

Con Eles + Clámide + Artefeito Producións

CLOWNSSICS

Con Eles xurdiu en 1997 diante da necesidade dun grupo de familias de crear un movemento asociativo que combatese as carencias dos servizos sociais da comarca do Salnés e da zona do río Umia e do Baixo Ulla.

O Taller de Teatro Clámide fundouse en 1981 dentro da parroquia Santa Eulalia de Arealonga, de Vilagarcía de Arousa. O seu obxectivo é difundir a cultura do teatro entre os mozos da parroquia e do seu contorno.

En Clownssics, os actores e actrices de Con Eles adéntrase no mundo da música clásica en colaboración con Clámide Teatro e Artefeito Producións.  Clownssics é un divertimento que mestura temas en directo con rigorosos play-backs, unha montaxe cómica que combina música, teatro, humor e moito ritmo.

Neste espectáculo, dirixido por Fran Rei, conviven pezas musicais clásicas de compositores como Khachaturian, Mozart, Beethoven ou Rossini, e divertidas rutinas teatrais.

Ghazafellos

HISTORIAS PARA ESCAGHARINANSE

Unha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. Unha compañía consolidada que nos sorprende con cada nova das súas producións, mesturando xéneros, falándonos de temas variados e levándonos a mundos cheos de maxia.

Garrapete Clown

CRESCENDO

Tan brillantes que parecen idiotas. Humor, poesía e música en directo, póñense en escena grazas a unhas pezas musicais moi orixinais, para divertir e emocionar, a través da marabillosa tolemia dos pallasos que saen a escena.

Este dúo de clowns consegue que cada proxecto sorprenda, introducindo novos elementos como a música en directo, o absurdo…

Un espectáculo que tamén se define como Crescendo: aumenta gradualmente a intensidade ata facer as delicias do público.

La Finestra Nou Circ

TRANVÍA Nº 12

Cinco diferentes personaxes reúnense nunha peculiar parada dun antigo tranvía, están nerviosos, desubicados, só teñen unha cousa en común… esperan. Están listos para irse, viaxar, descubrir o que lles depara o seu destino… o tranvía está alí esperándoos, pero sempre hai un motivo polo que nunca sae.

Esta emoción colectiva provocará neles unha forma inesperada de relacionarse, de coñecerse, descubrindo que teñen máis en común do que crían:  moito talento, a creatividade, o circo, o sentido do humor ante a vida e a súa peculiar resiliencia.

Alba de Vales

CONTOS ARREDOR DA TERRA

Un espectáculo unipersoal de narración oral e xograría no que a actriz, titiriteira e narradora Alba de Vales reinterpreta a tradición e pon de manifesto a súa chave; a lingua galega.

Acompañada de obxectos e algún instrumento tradicional contaranos historias e romances cantados que buscan e xogan coa propia raíz.

Assircópatas

ROGELIO III (LA FETE)

Rogelio é un entrañable personaxe de ficción e esta é a última entrega dunha triloxía. Que pasaría se ninguén viñera ao teu aniversario? Se ninguén cantara os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e desta vez no seu día máis especial. Queres acompañalo?

Un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares e música e, sobre todo, moito humor.

Cía A Tope

SHHHH!

A tope é a expresión que reflicte o espírito da compañía. Estar “a tope” é ir ao límite das posibilidades, nun estado de continua expansión. “A nosa linguaxe é o movemento e o noso idioma, os portés acrobáticos”. Circo, teatro físico e danza son os tres piares fundamentais que conviven nas creacións desta compañía arxentina, as cales dende o 2017 oscilan entre os xéneros do drama e a comedia, participando en espazos abertos, salas e carpas de diferentes partes do mundo.

SHH! É a onomatopeia que silencia a palabra, pero non pode calar a linguaxe corporal. Lilah e Pirucho son dous personaxes que se comunican cos seus corpos por medio de acrobacias e pantomimas, para compartir cos espectadores un mundo universal, cheo de absurdos e asombrosas fazañas.

Mago Teto

GALEROCK&MAGIC

Como se podía continuar un espectáculo tan intenso, divertido e sorprendente como Rock&Magic? Non se pode. Só podemos mellorar isto dunha forma; facendo un novo volume co rock e as músicas galegas que marcaron e marcan a nosa vida.

GaleRock&Magic é un percorrido desde o rock do Xabarín Club, que marcou unha xeración, ata os grupos musicais actuais que están a poñer de novo a música galega no máis alto. Viaxamos desde o rock galego dos 80 e 90 de Sinistro ou Os Suaves ata o século XXI, pasando polo bravú.

Moita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo cheo de nostalxia, divulgación e realmente fascinante. Un espectáculo cheo de chiscadelas, que dignifica e pon en valor a nosa historia musical coa ilusión como vehículo transmisor.

Camiseta e chapa

Faite cunha Clownmiseta!!!

Se queres unha camiseta ou chapa Festiclown escríbenos a info@festiclown.org dicindo a talla que queres* ou merca nos nosos espectáculos.

*Os gastos de envío cóbranse aparte