Aviso Legal e Política de privacidade

Condicións Xerais

Cumprindo o establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, entre outras, a continuación indícanse os datos de información xeral deste sitio Web.

INFORMACIÓN XERAL

CULTURACTIVA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA (en diante, “Culturactiva”) é unha cooperativa de nacionalidade española, domiciliada na Rúa Triacastela nº 3, Baixo, Santiago de Compostela (A Coruña) con C.I.F. número F15983067 e inscrita no Rexistro de cooperativas de Galicia, no Tomo [V], Folio [1], Folla [286-SCT], Número de Asento [1].

O presente Aviso Legal (en diante, “Aviso Legal”) regula o acceso e uso por parte de calquera persoa (en diante, o “Usuario”) das páxinas que integran o dominio Web [http://www.culturactiva.org/], titularidade de Culturactiva, así como todos os contidos e servizos que nela se inclúen. As devanditas normas informan a todo usuario que visite a Web de cales son as normas vixentes. Deste modo, xa que estas poden ser cambiadas ou modificadas en calquera momento, recomendamosche que visites a nosa páxina Web tantas veces como accedas a esta co fin de saber as normas que están en vigor en cada momento.

Ao entrar nesta Web, como usuario deste, estás a aceptar actuar baixo as normas publicadas na Web no momento de acceso.

SÓ OS MAIORES DE 18 ANOS ESTÁN AUTORIZADOS PARA REXISTRARSE NA PRESENTE PÁXINA WEB.

OBXECTO

O contido desta Web (incluíndo, sen carácter limitativo, informacións, comunicacións, software, fotos, debuxos, audio, videos, gráficos, música, sons, imaxes, arquivos de texto e outros materiais e servizos) en diante «Contido», é propiedade de Culturactiva ou foi obxecto de licenza ou cesión a esta última por subministradores de contido independientes.

O usuario está de acordo e coñece que Culturactiva permite o acceso ao devandito contido para o uso particular do usuario, pero que este se atopa protexido polas leis nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial (en diante «Dereitos»).

O Usuario acepta que o uso do Contido está suxaito e se rexe por estas normas ademais de polos Dereitos así como polas leis da propiedade privada aplicables.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todo o Contido da Web de Culturactiva está protexido polos Dereitos e Culturactiva é propietaria, ou no seu caso licenciataria, destes; por iso o usuario non pode modificar, alterar, participar na transferencia ou venda, creación de traballos derivados de, mostra, exposición, ou, en calquera modo, explotar calquera dos Contidos en parte ou na súa totalidade.

A compilación (entendendo como tal a recompilación, deseño, ordenación e montaxe) de todo o contido da Web é propiedade de Culturactiva e está igualmente protexido por leis nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial.

Queda prohibida a súa reprodución total ou parcial sen a autorización por escrito dos propietarios.

Culturactiva poderá efectuar cantas modificacións técnicas sexan precisas para mellorar a calidade, rendemento, eficacia do sistema e conexión a redes temáticas ou Internet.

Culturactiva reservase o dereito de modificar a información contida na Web sen previo aviso.

Culturactiva está especialmente eximida de responsabilidade por deficiencias de servizo imputables ao centro servidor ou redes de conexión, así como polos danos que calquera virus informático pudera causar.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Culturactiva garante que tratará confidencialmente os datos de carácter persoal que lle sexan facilitados polos usuarios desta Web a través dos formularios que se proporcionan nesta. Tamén se reserva a posibilidade de ceder a base de datos a terceiros para que leven a cabo a xestión das acciones promocionais.

Tamén garante que o servidor onde se almacenan e tratan estes datos conta cas medidas de seguridade axeitadas para evitar o acceso por terceiras persoas non autorizadas. Para iso, Culturactiva aplicou as medidas de seguridade de carácter técnico e organizativo conforme ao establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos (en diante “RXPD”).

En cumprimento do establecido no RXPD e a Lei 34/2002 de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, Culturactiva informa que os seus datos personais se integrarán nun ficheiro cuxo responsable e titular é Culturactiva, quen os tratará coa finalidade de informar sobre todas as actividades formativas, proxectos sociais e artísticos que realiza e oferta Culturactiva e o seu ámbito formativo e cultural.

Así mesmo, os usuarios están informados de que mediante a cumprimentación da casilla para ingresar o email e a aceptación da casilla solicitando o envío de información adicional mediante o clic na casilla en branco, os seus datos persoais quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros de titularidade de Culturactiva para a finalidade que indica o presente Aviso Legal.

Vostede poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición, e revogación do seu consentimento dirixindo a oportuna solicitude ao seguinte enderezo: Rúa Triacastela, 3 Baixo, CP 15703, Santiago de Compostela (A Coruña). Tamén poderá exercitar os anteriores dereitos por correo electrónico ao seguinte enderezo: info@culturactiva.org  á atención do responsable de tratamento de datos persoais, indicando no asunto o dereito que desexe exercer.

A devandita solicitude deberá ir acompañada dos seguintes datos: nome e apelidos do Usuario, enderezo a efectos de notificacións e fotocopia do documento nacional de identidade ou pasaporte. No caso de representación, deberá probarse esta mediante documento fidedigno. Así mesmo, deberase indicar a petición en que se concreta a solicitude, a data, a sinatura do Usuario, e os documentos acreditativos da petición que formula, no seu caso.

Culturactiva informa que non realiza comprobacións sobre a veracidade dos datos, polo que é responsabilidade do usuario ou facilitar correctamente os mesmos. Culturactiva reservase o dereito de excluír a todo usuario do que comprobase a falsedade ou incorrección dos datos, sen perxuízo das demais accións que procedan en Dereito.

Culturactiva comprometese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada e a utilizala unicamente para os fins indicados.

A continuación poderá ver a información detallada sobre a Protección de datos:

LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN APLICABLE.

O presente Aviso Legal queda suxeito ao ordenamento xurídico español.

Para a resolución de calquera conflito que puidera derivarse do acceso á páxina Web, o Usuario e Culturactiva acordan someterse expresamente aos xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela (España), con renuncia a cualquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.