Mostra Internacional

 

 

 

 

 

 

 

Leo Bassi. The best of

 

O mítico bufón italiano ofrece neste espectáculo unha compilación dos seus maiores éxitos, os mellores clásicos dun artista do humor crítico, descendente dunha estirpe de pallas@s. 

 

ENTRADAS AQUÍ!

 

 

 

 

 

 

Pepe Viyuela. Encerrona.

 

O pallaso presenta este seu clásico, onde con só unha esqueira, unha guitarra e unha cadeira, e toda a inocencia dun clown que se ten que enfrontar ao público, fará as delicias do respectable. 

 

ENTRADAS AQUÍ!

 

 

 

 

 

 

 

Kanbahiota. La Coquette.

 

Rosina Castelli e Abrahám Pavón achegan unha nova proposta de acrobacias aéreas con impresionantes rutinas de trapecio e aro, sen esquecer o humor e o clown: nesta historia, os protagonistas son unha diva e un pallaso.

 

 

 

 

 

Rojo telón. Soy ellas.

 

A compañía propón unha viaxe emocional íntima mais divertida de tres mulleres que se atopan no mesmo camiño e deciden seguir xuntas. Poesía corporal, a través de elementos aéreos (trapecio triplo, teas…) e acrobacias de chan e verticais, que xerarán imaxes de moita forza visual e significativa, combinadas co clown.