Gala Solidaria

No último ano Europa blindouse fronte a milleiros de persoas que chegaron buscando refuxio, fuxindo da guerra. Da desoladora experiencia dos campos de Idomeni, na fronteira heleno-macedonia, ou Calais, en Francia, Pallasos en Rebeldía trouxo máis ganas aínda de loitar por un mundo onde caiban todos os mundos, e por seguir derrubando co riso, a alegría e a humanidade muros de inxustiza. No marco do Festiclown 2016, Pallasos en Rebeldía organiza unha gala solidaria que contará con artistas e compañías de renome nacional e internacional no ámbito do clown e o circo. O recadado na gala será destinado aos proxectos de Pallasos en Rebeldía.

 

ENTRADAS AQUÍ!