Certame Intergaláctico

 

 

 

 

 

Javi Javichy, Veló como el rayo.

 

Malabares, diábolos, mazas ou pelotas son o fío conductor da historia do primeiro día de traballo dun malabarista, que xoga coas reaccións do público e busca o risco sobre os cilindros.

 

 

 

 

 

 

 

Fuman, Musicoloco.

 

O artista do momento! Despois de “petalo” nas redes sociais co video deste número, combinación impecable de música e malabares, chega ás rúas vilagarciás.

 

 

 

 

 

 

 

Djuggledy, El Diábolo.

 

Este “tolo guiri alemán” presenta un número con 1, 2, 3… Moitos diábolos! Con moita risa, música e enerxía positiva.

 

 

 

 

 

 

 

Ghazafelhos. As mil e unha noites.

 

Desde o afastado Oriente veñen acontar a historia de Sherezade e de como o seu enxeño a salvou dun dos sultáns máis despiadados de toda Persia: As mil e unha Noites!!!

 

 

 

 

 

 

 

Pablo Muñoz. Pablo Superstar Cool.

 

Lección maxistral de como debe comportarse un “superstar” no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público, combinando clown e maxia.

Superroquiños: todas as actuacións do Certame Intergaláctico repetiranse o mesmo día ás 13 horas en diferentes localizacións (consultar programa).

 

Desclowntrol

A animación toma as rúas da vila con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.

 

 

Festa da auga

Temos unha sorpresa para celebrar con toda Vilagarcía o 16 de agosto, Día de San Roque! Festiclown ha tomar as rúas ao berro de “Auga!”