Apartado social

 

Pallasos en Rebeldía

 

Ademais da exposición sobre a experiencia no campo de refuxiadas de Idomeni, Pallasos en Rebeldía realizará unha visita ao Hospital do Salnés e ofrecerá unha proxección e espazo de debate sobre as persoas refuxiadas.

 

Asociación Andaina. Romeo e Xulieta

 

A Asociación Andaina Pro Saúde Mental pon en escena a súa versión de “Romeo e Xulieta”, dirixida por Fran Rei. Estreouse con grande éxito nasI XORNADAS DE TEATRO E SAÚDE MENTAL o 16 de outubro do ano pasado en Dodro.

 

Pajarito. Ten xénero o clown?

 

A pallasa Natalia Outeiro “Pajarito” achegará un debate sobre o xénero no mundo do clown, e as posibilidades empoderadoras do mesmo.

 

 

 

Apartado Social: Festiclown nas Parroquias

 

Carril

Luns 1 de agosto: Peter Punk.

Praza da Liberdade, 20:00 horas

 

O Sixto

Domingo 7 de agosto: Peter Punk.

Teleclube de Solobeira, 12:00 horas

 

Rubiáns

Domingo 7 de agosto: Peter Punk.

O Souto, 20:30 horas

 

Bamio

Luns 8 de agosto: A historia de Brancaflor

Centro sociocultural, 12:00 horas

 

Trabanca Sardiñeira

Luns 8 de agosto: A historia de Brancaflor

Campo da festa, 19:00 horas