FESTICLOWN ESPERANZAH! FRONTERA SUR. Melilla, 2016

Chega o Festiclown Esperanzah! O primeiro Festiclown en Cataluña, onde se xuntan os esforzos e os talentos de FESTICLOWN e o FESTIVAL ESPERANZAH! Terá lugar do 7 ao 9 de outubro en El Prat de Llobregat, e na súa web podedes ver toda a información!

PERO ANTES... O 4 e 5 de outubro, Pallasos en Rebeldía levan a súa caravana ata Melilla para celebrar o FESTICLOWN ESPERANZAH! FRONTERA SUR no que será o primeiro Festiclown naquela cidade. Con esta gala solidaria queren denunciar a política migratoria da UE, "desalambrar valos e abrir corazóns".

NINGUÉN É ILEGAL, SÓ O CAPITAL!

Todo o recadado no FESTICLOWN ESPERANZAH! FRONTERA SUR destinaráse a proxectos solidarios de diversas asociacións e colectivos. 

Podes facer a túa donación aquí: 

ES 2100 3151 6722 0008 1744

+ info no facebook de pallasos e na web do Esperanza!

Ninguén é ilegal, só o capital. Así de rotundo se mostra o lema co que Pallasos en Rebeldía e o Festival Esperanzah!, en colaboración con Prodein, Pasaje Seguro, Trópiko Producciones e Jóvenes Por Melilla, acoden este ano á chamada de socorro que chega da fronteira melillense. Durante os días 4 e 5 de outubro, ambos colectivos unirán forzas na celebración do que será o primeiro Festiclown en Melilla. Co obxectivo de “derrubar valos e abrir corazóns”, artistas de circo solidario e a banda catalá comprometida coa causa dos refuxiados, Txarango, ofrecerán o día 4 (ás 20:00) unha gala na Praza Menéndez Pelayo. O día 5 de outubro a gala será ás 17:00 en fronte do CETI (Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes).  Asemade, realizaranse diversas accións reivindicativas en contra da política migratoria da UE e o Estado español.

“Á inxustiza, á violencia, respondemos coas nosas armas: o nariz vermello, o sorriso e o humor”, lembra Iván Prado, voceiro de Pallasos en Rebeldía. “Non hai fronteira que o circo non poida atravesar nin barreira que non poida derrubar. Os pallasos somos coma os nenos que, a lombos do adulto, ousan sinalar ó emperador e berrarlle que está espido”, apunta Prado. A este berro sumáronse nesta ocasión cirqueiras como Kanadagama ou Kanbahiota, artistas coma Pablo Muñoz ou Jesús Aragonés, amais dos músicos de Txarango.

ACCIÓN "DESALAMBRAR FRONTERAS". Valo da vergoña, Melilla (5/10/16) 

Mércores, 5 de outubro de 2016

“Ilegais no son as persoas, ilegais son as fronteiras que as dividen”. Velaquí a mensaxe que esta mañá volveu lanzar o colectivo internacional Pallasos en Rebeldía fronte ao valado de Melilla. Canda un grupo de ‘artivistas’ do Festival Esperanzah! -e coa participación especial dos músicos de Txarango- os Pallasos en Rebeldía celebraron un pasarrúas reivindicativo perante ao “valo da la vergoña” en denuncia das políticas migratorias da UE.

O acto constou de duás representacións simbólicas que tiveron o arame como pano de fondo. Nunha delas, os Pallasos en Rebeldía botaron ao aire globos e confetti, artefactos de ilusión que acabaron por vencer o valo. Acto seguido escenificaron o enfrontamento da felicidade, a música e a esperanza cos corpos de seguridade, representados por dous axentes fronteirizos. Esta última performance foi interrumpida pola Garda Civil, que ordenou o cesamento do espectáculo. Os axentes esixíronlle identificarse a Iván Prado, voceiro de Pallasos en Rebeldía, aos artistas ligados ao Festival Esperanzah! e aos músicos de Txarango.

Tal e como pasou na acción reivindicativa do abril pasado, a realidade superou a ficción e os Pallasos foron forzados polas forzas de seguridade do estado español a marchar co seu circo a outra parte. “Ante esta inxustiza, as nosas armas seguen a ser o nariz vermello, o riso e o humor”, defende Iván Prado. “Non hai fronteira que o circo non poida atravesar nin barreira que non poida derrubar. Os paiasos non somos máis ca ese neno que, a lombos do adulto, ousa sinalar ao emperador e berrarlle que está espido”, engade Prado.

Con este obxectivo, Pallasos en Rebeldía e o Festival Esperanzah! levaron ata Melilla a súa caravana e desplazaron simbólicamente a súa carpa, a do Festiclow, ata a fronteira. “Queremos deixar claro o noso rexeitamento ante a vergoña do poder e o silencio colectivo que tinxen con sangue inocente estes doce quilómetros de inxustiza e barbarie”, afirman os seus voceiros. “A humanidade está sumida no desamparo e a desprotección ante a opresión que exerce o estado español ao longo do linde con Marrocos.

Xunta artistas de compañías como Kanbahiota ou Kanadagama e a colectivos coma Prodein, Jóvenes por Melilla ou a Asociación Pro Dereitos da Infacia de Melilla, os Pallasos en Rebeldía espetaron a súa gargallada de liberdade e lanzaron a voar o seu lema: “Ninguén é ilegal, só o capital”. Amais da de Melilla, os Pallasos en Rebeldía levan metido os seus narices noutros “cerrumes da infamia”, coma o arame que o goberno marroquí instalou na fonteira co Sáhara ou a barreira israelí de Cisxordania.

 Risas que tomban muros

A fronteira melillense está blindada por tres valos de seis metros que, dende o ano 2013, volven ser reforzadas cunha serie de coitelas en gran parte do seu percorrido que provocan graves feridas a aquelas persoas que tentan cruzala. Unhas coitelas que xa foran retiradas no 2007 pola súa perigosidade e que o estado español volveu colocar, pese ás protestas de organismos internacionais e colectivos de defensa dos dereitos humanos.

As persoas migrantes que tentan cruzar o triple valado seguen a poñer en risco a súa vida e xa se teñen producido varias mortes desde a súa construción. Ademais, tal e como denunciaron en máis dunha ocasión uns setenta organismos e entidades da rede MIGREUROP, as autoridades españolas, lonxe de acatar a lexislación internacional que garante o principio de non devolución, continúan a repatriar de xeito sistemático e sumario persoas que se atopan en territorio español, logo de atravesaren este muro. Estas prácticas violan as leis e as liberdades universais.

Coa celebración do primeiro Festiclown en Melilla, o colectivo de cooperación internacional Pallasos en Rebeldía, ao que se suma o Festival Esperanzah! do Prat de Llobregat, volve expresar a súa repulsa ante este drama, “unha situación que nos lembra o vulnerable e espida que está a humanidade ante a opresión do poder, a intolerancia e a inxustiza”, sentencia Iván Prado.