Gala Solidaria de Pallasos en Rebeldía no Festiclown Vilagarcía 2015

O mércores 19 de agosto pecharemos o Festiclown Vilagarcía 2015. cunha Gala Solidaria de Pallasos en Rebeldía, que axudará a facer posible unha Caravana Solidaria en Palestina no mes de setembro. Será na Praza da Peixería Vella ás 21:00 horas.


Este acto final estará presentado polo actor e músico vilagarcián Josito Porto, coñecido especialmente polas súas aparicións en series da TVG e pola súa premiada traxectoria teatral. Sobre o escenario tamén poderemos ver ao músico arousán Gonzalo Arca, aos televisivos Fran Rei e Pedro Brandariz dos Sete Magníficos Máis Un, ao clown arxentino Ale Risorio e á compañía Kanbahiota co mellor do seu repertorio.


As entradas teñen un prezo de cinco euros e o aforo é limitado. Poden adquirirse na Praza da Peixería Vella a partir das 20:00 do día 19 ou reservalas a través do correo electrónico info@pallasosenrebeldia.org ou no teléfono 981582836.