MundoMandarina gaña o Certame Intergaláctico do Festiclown Vilagarcía 2015

A compañía MundoMandarina foi a gañadora do Certame Intergaláctico do Festiclown Vilagarcía 2015. Nesta sección de Festiclown, na que o público elixe a mellor actuación cos seus votos, o espectáculo Laboratorio Máxico foi o máis votado. O Certame Intergaláctico do Festiclown Vilagarcía tivo lugar na Rúa Rei Daviña os días 17, 18 e 19 de agosto. Nel tamén participaron Ale Risorio e Isla Letriska.