Festiclown 2.0 Vilagarcía 2015

O Festival Internacional Festiclown chega en agosto a Vilagarcía de Arousa, que acollerá o encontro entre o venres 14 e o mércores 19. Nestes días terán lugar actuacións, proxeccións, expsicións, cursos de formación e galas benéficas. Desta maneira, Festiclown tomará a vila pontevedresa con clown, risas e compromiso. Coa súa programación na localidade, o festival conta co apoio do Concello de Vilagarcía e a colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Deste xeito e tras o seu paso na primeira semana de agosto por Granada, o certame internacional terá a súa edición galega de 2015. En Novembro o Festiclown retomará a senda internacional cunha edición en Bogotá (Colombia).


Nesta ocasión, participarán unha decena de artistas repartidos nas seccións Apartado social, Certame Intergaláctico, talleres de formación e a Gala Solidaria. Así, o Festiclown manterá o seu espírito e os seus obxectivos, que pasan pola formación, o compromiso social e a creación artística.