Iván Prado (Galicia): Pallaseando a Existencia

Iván Prado (Galicia): Pallaseando a Existecia

 

Datas: 10 e 11 de outubro

 

Horario: venres 10, de 16.30 a 20.30h, e sábado 11, de 10.00 a 14.00h e de 16.30 a 20.30h.


Lugar: Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. (r/ Quiroga Ballesteros, 1. 27001 – Lugo)

 

Prezo: 90 euros

 


O MESTRE: IVÁN PRADO

 

Iván Prado (Lugo) é director dos festivais Festiclown, Magiclown e Firaclown, ademais de portavoz de Pallasos en Rebeldía e cofundador de Artist Against The Wall xunto a Leo Bassi e Patch Adams.

 

Entre outros, Iván Prado organizou e dirixíu o primeiro Festival de Clown do mundo árabe, Festiclown Palestina 2011, e o I Foro Internacional de Circo Social (Rivas Vaciamadrid 2013). Actualmente, está organizando a 2ª edición de Festiclown Palestina, que se levará a cabo no mes de outubro de 2014 en Cisjordania, e o Festiclown Favela, que tendrá lugar en Río de Janeiro (Brasil), no mes de maio de 2014.

 

Participou en varias caravanas de Pallasos en Rebeldía en Chiapas, Sáhara, Líbano e Palestina, traballando desde o clown con mulleres maltratadas, adolescentes e profesionais da saúde.

 

Iván Prado ten participado en obradoiros, cursos e eventos con algúns dos máis grandes mestres do clown: Carlo Colombaioni, Johnny Melville, Phillipe Gaulier e Leo Bassi, entre outros. Actuou como pallaso en países como México, Venezuela, Brasil e Palestina e ten participado de showman e “maestro de ceremonias” en diferentes festivales internacionales.

 

Ten actuado e impartido cursos en varios países, o que lle permitíu ir desenvolvendo a súa propia metodoloxía.

 

 

 

O OBRADOIRO: PALLASEANDO A EXISTENCIA

 

O que está dentro noso brilla e resona. A nosa risa, como o aire que transforma os pulmóns en sangue de vida, é capaz de renovarnos e abrirnos á existencia.

 

Propoñémosvos abrazar á pallasa e ao pallaso que levamos dentro nun fermoso camiño para crear círculos da risa a noso arredor. Se aceptamos a nosa estupidez e a comunicamos co corazón prodúcese unha catarse que nos permite transmutar a dor en luz, a vergoña en paz e a lástima en plenitude.

 


 

Procedemento de inscrición

1) As persoas interesadas en participar no curso deberán pórse en contacto coa organización do Festiclown Lugo 14 (981 582 836 / info@festiclown.org) antes do mércores 1 de outubro e comunicar os seus datos persoais:

 

  • Nome e apelidos

  • Teléfono e enderezo electrónico de contacto

     

    Además, indícanos:

¿Aceptas o uso dos teus datos para próximas comunicacións? SI/NON
(necesitamos que deas o consentimiento para que o teu contacto figure na nosa base de datos)

 

2) Unha vez confirmada a admisión no curso, deberá realizar o ingreso correspondente e enviar o xustificante do ingreso bancario a info@festiclown.org ou por fax ao número 981 575 699.

 

 

Datos bancarios:

 


- Entidad:
La Caixa.

 

             - Nº de conta: 2100 4333 1102 0002 5292

 

             - IBAN: IBAN ES78 2100 4333 1102 0002 5292

 


Anulación matrícula: No caso de solicitar a baixa no curso, a/o solicitante perdería O IMPORTE da matrícula sempre e cando non se teña ocupado a praza por outra persona ou non se teñan xustificados motivos de forza maior. Así mesmo, de non realizarse este curso por parte do organizador, devolverase o importe ingresado a cada alumno/a.