Recén chegada de Melilla, onde denunciamos a política migratoria da UE co primeiro FESTICLOWN FRONTERA SUR,

a caravana de Pallasos en Rebeldía diríxese ao Prat de Llobregat. Alí temos unha cita ineludible co 'artivismo',

coa transformación social. Alí levantaremos a carpa do que será o primeiro FESTICLOWN en Catalunya,

e recibiremos ao gran Leo Basi

Logo de percorrermos México, Colombia, Brasil, Palestina e, como non, Galicia, o festival de circo máis internacional quere sumarse ao sopro de ESPERANZAH! que mana do barrio de Sant Cosme, un barrio emancipado, un barrio libre.

 

Do 7 ao 9 de outubro FESTICLOWN e o FESTIVAL ESPERANZAH! unen as súas voces para berrarlle á troika: "ABRIDE FRONTEIRAS, QUEREMOS ACOLLER!" e suman as súas forzas nunha mesma loita: 

 

FACER DO MUNDO UN BARRIO MELLOR

 

Todo o recadado no ESPERANZAH! FESTICLOWN destinaráse a proxectos solidarios de diversas asociacións e colectivos. 

Podes facer a túa donación aquí: 

ES 2100 3151 6722 0008 1744

 

 

+ info na web do Esperanzah!