


Asociación Cultural Amig@s do Clown
|
LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS FORMACLOWN 2009
Dende hoxe xa podes consultar as listas provisonais de admitidos nos Cursos Formaclown 2009.
Se queres coñecer as listas provisionais de admitidos nos cursos pincha aquí
|
NOVO CURSO DE CLOWN DE PHILIPPE GAULIER
Xa podes inscribirte ao novo curso de Clown impartido polo Mestre Philippe Gaulier.
FORMACLOWN ofreceche a oportunidade de formarte cun dos mellores profesionais de clown do mundo. Para o mestre Gaulier, o clown ten un carácter idiota único. A forma na que xoga o clown é moi especial, xa que emprega non so a súa virtuosidade senón tamén aspectos como o fracaso, que na súa escola chaman Sr. Flop.
|
AS RÚAS DE VIGO AGARDAN O VOSO ESPECTÁCULO
Se queredes dar a coñecer o voso espectáculo diante de toda unha cidade, Vigo está agardando por vós.
Do 27 de xullo ao 1 de agosto poderedes participar tanto do Maraclown como do Certame Intergaláctico exterior, levando o espectáculo e a diversión polas rúas e prazas da cidade, que se convertirá no mellor escaparate para dar a coñecer a vosa arte.
|
Vigo, do 27 de xullo ao 2 de agosto
Cursos Formaclown 2009
O FORMACLOWN 2009 XA ESTÁ EN MARCHA!
Xa podes inscribirte ós cursos de Formaclown, que terán lugar entre o 27 de xullo e o 2 de agosto en Vigo, e que contarán cos mellores profesionais do clown, o humor e a maxia.
Philippe Gaulier, Leo Bassi, Jango Edwards, Claudia Contín e Ferruccio Merisi, Alain Vigneau, Antón Valén, Lluna Albert e Pablo Muñoz serán os encargados de impartir os distintos cursos. Todos eles son profesionais de alto nivel que contan cun gran prestixio e experiencia no mundo do teatro e do clown .
Anímate a participar, nesta edición especial, xa que o Formaclown cumple nada menos que 10 anos, tempo durante o que se levan ofertado espectáculos de todo tipo para os diferentes públicos, todos eles sempre baixo o selo da calidade, o que ven sendo patente coa gran afluencia de alumnado que asiste ano tras ano.
Xa o sabes, se queres formarte ou perfeccionar os teus coñecementos, non o dubides e inscríbete nos cursos do Formaclown 2009!
|
|
|