Programa Formaclown Clownvocatorias artísticas Proxectos solidarios
Maraclown Actuaclowns Certame intergaláctico Fotos Prensa Contacto
Ligazons
Outras edicións
Galego Castellano English
Memorial Carlo Colombaioni
avisos


INFORMACIÓNS E ENDEREZOS DE INTERESE DO MUNDOCLOWN VIGO 2008: espazos dos cursos, como chegar, rueiro, aloxamentos...

Xa dispoñibles en www.culturactiva.org as listas definitivas de persoas inscritas nos cursos do Formaclown 2008.

Aínda quedan prazas libres para inscribirse nos cursos de Formaclown. Anímaste?

Xa dispoñible a programación do Mundoclown Vigo 2008 "Memorial Carlo Colombaioni" ¿¿Valo perder??

Descarga o documento de solicitude de aloxamento no pavillón para alumnado nos cursos de Formaclown, con información sobre o espazo e as condicións de aloxamento no mesmo


Tenencia de alcaldía do Concello de Vigo

Concellería de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo


Caixagalicia


Coper@ctiva


Formaclown

Ver detalles da inscrición

Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario



 Coñece os cursos de Formaclown
Festiclown ofréceche a posibilidade de formarte no clown coas e cos mellores artistas e docentes a nivel internacional. Sigue lendo esta nova para coñecer a nosa oferta e mira os cursos que che interesan.
CURSO DE CLOWN
Impartido por Philippe Gaulier (Francia)


Datas: 2 e 3 de agosto
Duración: 16 horas
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h
Idioma: inglés e/ou francés, con traducción a castelán
Nº alumnos/as: máximo 30
Oíntes: si, ata 20
Prezo: 120 €


Philippe Gaulier é para todos e todas no mundo do clown unha persoa de referencia na súa carreira como formador. Boa parte dos e das artistas que na actualidade brillan con luz propia perfeccionaron os seus estudos na escola que Philippe ten en Francia.
Para o mestre, o clown ten un carácter idiota único. A forma na que xoga o clown é moi especial, xa que emprega non só a súa virtuosidade senón tamén aspectos coma o fracaso, que na súa escola chaman Sr. Flop.
O clown é coma un pracer infantil que expulsa fóra todo o que leva dentro polo enorme desexo de ser, e se o desexo é grande, o público aceptará o clown.
Director da súa propia escola de clown desde fai 28 anos, foi profesor de clown en máis de 20 países e afirma que “o teatro é tan serio coma un xogo de nenos”.


ANTROPOLOXÍA DO MOVEMENTO CÓMICO
Impartido por Claudia Contin e Ferruccio Merisi (Italia)


Datas: Do 31 de xullo ao 3 de agosto
Duración: 16 horas
Horario: de 16.00 a 20.00 h
Idioma: español
Nº alumnos/as: máximo 24
Oíntes: non
Prezo: 100 €


Claudia Contin é experta en mimo e dialéctica corpórea. Coñecida no mundo como a única “Arlecchino” muller, publicou varios libros sobre técnica teatral, entre os que destacan Viaggio dei un attore nella Commedia dell'Arte e Gli Abitanti dei Arlecchinia. É fundadora, con Ferruccio Merisi, da Scuola Sperimentale dell'Attore (Italia).
Ferruccio Merisi é director teatral especialista en coreografía contemporánea. Dirixiu o Festival Internazionale dei Santarcangelo e dirixe o Festival Internazionale L'Arlecchino Errante.
Este curso pretende ser unha introdución formativa ao movemento teatral seguindo as seguintes categorías: o neutro e a dialéctica corporal, a construción do personaxe físico, o espazo e a relación con el, o movemento e a voz, o uso da máscara, a través de exercicios de mimo, Commedia dell´Arte, técnica biomecánica, danza libre e improvisación polo espazo.

Nota: É máis que recomendable para participar neste curso unha aceptable preparación física, así como vestir roupa deportiva e moi cómoda.


CLOWN WORKSHOP
Impartido por Jango Edwards (EEUU)


Datas: Do 31 de xullo ao 3 de agosto
Duración: 16 horas
Horario: de 10.00 a 14.00 h
Idioma: inglés, con traductora a español
Nº alumnos/as: máximo 25
Oíntes: non
Prezo: 100 €


Jango Edwards é recoñecido internacionalmente como un dos mellores clowns do mundo preséntanos a súa particular visión do clown.
Para él a arte do clown non é só unha profesión, senón un estilo de vida que require a comprensión da emoción, da sensibilidade, da paixón e do traballo desde o corazón. Así, a través de diversos xogos, actividades físicas, demostracións, improvisacións e performances, cada quen deberá descubrir a súa particularidade cómica, con doses de inocencia e lóxica, ingredientes fundamentais da fórmula clown. Nun ambiente teatral a confianza no grupo motiva ás persoas participantes a lembrar a inocencia que xa esqueceran.


A ARTE DO MIMO SEGÚN MARCEL MARCEAU E OUTRAS FORMAS DO TEATRO XESTUAL
Impartido por Blanca del Barrio (Francia)


Datas: 31 de xullo e 1 de agosto
Duración: 16 horas
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h
Idioma: español
Nº alumnos/as: máximo 24
Oíntes: si, ata 10
Prezo: 100 €


Licenciada na Escola Internacional de Mimodrama de París e polo Departamento de Estudos Teatrais da Universidade da Sorbona, Blanca del Barrio prosegue a súa formación de actriz no American Center. A partir de 1989 é asistente, estreita colaboradora e compañeira de Marcel Marceau.
Este curso estrutúrase en dúas sec¬cións distintas pero interrelaciona¬das: as materias primas (o corpo e a súa produción de movemento) e os materiais, as súas posibilidades ci¬néticas e a extraordinaria presenza escénica. Empregando as técnicas de aprendizaxe do método do mestre Marcel Marceau, desenvolveranse os seguintes contidos básicos:
- Gramática xestual, principios de base: deseños, ritmos, codificación do xesto, marchas, mans e figuras, técnicas de ilusión óptica, o visíbel e o invisíbel.
- Interpretación xestual: as conven¬cións de caracteres, marchas de identificación, coloración do perso¬naxe, estudo de metamorfoses.
- Composición de situacións e de personaxes: insólitas, cómicas, barrocas, extravagantes...


CURSO DE INICIACIÓN AO CLOWN
Impartido por Antón Valén (Murcia)


Datas: 2 e 3 de agosto
Duración: 16 horas
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h
Idioma: español
Nº alumnos/as: máximo 20
Oíntes: si, ata 5
Prezo: 100 €


Antón Valén licénciase pola Escuela Superior de Arte Dramático y Danza (ESAD) de Murcia no 1988. Posteriormente viaxa por Europa para especializarse en diferentes facetas teatrais con Jacques Lecoq, Antonio Fava, Philippe Gaulier, Colombaioni, Bataclown, Pierre Bylan, Norman Taylor...
Ingresa en 1993 como profesor da ESAD de Murcia até 2002. Foi director do “Curso Internacional del Comediante” durante sete anos. Durante ese tempo dirixe a varias compañías teatrais en Comedia dell´Arte e Clown. No 2002 foi seleccionado por Slava Polunin para traballar coma clown no espectáculo “Alegría” do Cirque du Soléil cos que realiza unha xira mundial até 2007. Asimesmo, crea e dirixe os novos números clownescos de “Alegría”.
Actualmente imparte cursos de técnica actoral, clown e bufón en diferentes cidades de España, México, Portugal e Marrocos. Traballa na creación dunha escola estable: “Escuela del Comediante”.
Este curso de iniciación é para aquelas persoas que queiran coñecer e involucrarse no mundo do clown e atreverse a daren os seus primeros pasos.
Mais, antes, comenzaremos a aprendizaxe desde a ruptura co ridículo, a torpeza,... e aprenderemos a aceptalo. Cada ser humano tén una faceta ridícula, case agochada pola fachenda e a presunción. Para vencermos esta barrera e convertirla nun xogo, poñamos o nariz vermello que nos levará a un mundo moi particular e vexamos o difícil que é sermos sinxelos, inxenuos, vulnerables, desastrosos...É como o fracaso nos revela a nosa humanidade e o desexo de crear e recrear.
O clown é un xogo teatral que nos leva a atoparmos a espontaneidade, a liberdade de xogar e de sermos nós mesmos.


 Inscrición Formaclown Mundoclown Vigo 2008
INSCRICIÓN E PAGAMENTO

Para facer a inscrición nos cursos do Mundoclown Vigo 2008 seguir con atención os pasos indicados neste apartado.

A inscrición para os cursos do Mundoclown Vigo 2008 realizarase exclusivamente a través da páxina web www.festiclown.org, nos formularios de inscrición correspondentes, ou no número de teléfono 981 582 836, previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso.

O prazo de inscrición remata o luns 21 de xullo de 2008. As persoas que desexen facer unha inscrición despois desta data deberán pórse en contacto coa organización do festival no número de teléfono 981 582 836 ou a través do enderezo electrónico info@festiclown.org.

As persoas participantes en 2 ou máis cursos do Mundoclown Vigo 2008 terán un desconto do 10% sobre o importe total.


PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
1.- Unha vez seleccionados os cursos que se desexan facer, ingresar o importe total dos cursos solicitados no número de conta 2100 4333 11 0200025292, indicando o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante do/s mesmo/s.

OBSERVACIÓN PARA TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS
CÓDIGO IBAN: IBAN ES78 2100 4333 1102 0002 5292
CÓDIGO SWIFT: CAIXESBB

2. Enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante.

3. Unha vez realizado o ingreso e enviado o fax co xustificante, cubrir e enviar o formulario de inscrición dispoñible na páxina web www.festiclown.org, completando todos os campos e especificando os cursos que se desexan realizar (máximo 2), ou ben no número de teléfono 981 582 836, ata o luns 21 de xullo de 2008. As persoas solicitantes faranse cargo da compatibilidade horaria dos cursos solicitados.

4. O luns 21 de xullo confirmarase en www.culturactiva.org a celebración dos cursos propostos, en función do número de persoas inscritas en cada un.

A organización do Mundoclown Vigo 2008 poderá aprazar ou suspender aqueles cursos nos que non se cubran as prazas mínimas necesarias.

No caso de que se exceda o número máximo de alumnos/as nalgún dos cursos, os/as alumnas/os sen praza entrarán directamente en lista de agarda. Se finalmente non puidese entrar no curso solicitado, tanto por falta de prazas como pola suspensión do mesmo, a organización do festival porase en contacto coa/s persoa/s sen praza para a devolución do importe ingresado.

6. O martes 22 de xullo de 2008 faranse públicas, a través de www.culturactiva.org, as listas definitivas de persoas admitidas en cada curso, así como, de habelas, as prazas baleiras en cada un deles.


OÍNTES
Para participar como oínte nos cursos que o admiten, seguir o mesmo procedemento de preinscrición indicando no ingreso a opción de oínte. Os/as oíntes terán que abonar o 50% do custe total do curso, non podendo participar activamente no mesmo, nin interromper ou molestar ás persoas participantes. En todo caso, as prazas de oínte só se farán efectivas cando se cubran todas as prazas activas do/s curso/s correspondente.


ALOXAMENTO DE BALDE
A organización do festival Mundoclown Vigo 2008 pon a disposición un pabillón polideportivo para o aloxamento, de balde, para aquelas persoas participantes nos cursos de formación, tanto alumnas/os coma oíntes.

Descarga o documento de solicitude de aloxamento no pavillón, con información sobre o espazo e as condicións de aloxamento no mesmo:
Documento de solicitude de aloxamento Mundoclown Vigo 2008


INFORMACIÓN DE INTERESE
* Os medios de comunicación poderán ter acceso controlado aos cursos.
* Recoméndase a todas as persoas participantes nestes cursos vestir roupa e calzado cómodo.
* Por respecto a/o mestre/a e ao resto do alumnado, é imprescindible puntualidade desde a primeira sesión do curso. De chegar con retraso, a organización non garante o acceso ao curso.
* Informarase a través da páxina web do festival www.festiclown.org dos espazos onde se realizarán os cursos.
* Os/as alumnos/as deberán traer os xustificantes de ingreso no inicio do curso.
* A idade mínima para participar nestes cursos é de 16 anos.


CRITERIOS DE SELECCIÓN
A inscrición realizarase por estricta orde de ingreso bancario. No caso de xurdir conflictos entre varias inscricións, terán prioridade:
• Aquelas inscricións que soliciten ese curso como primeira opción
• Igualmente terán prioridade as persoas de Vigo
• Nos cursos que se soliciten, o/a mestre/a valorará a información curricular recibida


Estela - Red de Festivales de magia y Clown
Fira Mágica de Santa Susanna

 

Páxina Amiga

 

Colabora


Programa Formaclown Clownvocatorias artísticas Proxectos solidarios Maraclown Actuaclowns Certame intergaláctico Fotos Prensa Contacto