MESA REDONDA E VIDEOPROXECCIÓN

Proxección documental sobre Palestina (Os nenos de Arna)


ARNA’S CHILDREN (OS NENOS DE ARNA)

JULIANO MER KHAMIS, DANNIEL DANNIEL

DVD / 84 min / 2003 / Palestina, Israel, Países Bajos /

Proxección en V.O con subtítulos

Durante a primeira Intifada, a activista israelí pola paz e os dereitos humanos Arna Mer, nai do director, liderou unha experiencia educativa orientada a preservar a integridade física e moral dos nenos palestinos vítimas da ocupación militar. Anos logo da súa morte, o seu fillo regresa ao campo de refuxiados de Jenin para descubrir as tráxicas historias daqueles nenos.
Videoproxección do filme Arna´s Children (sobre a creación do Freedom Theatre no campo de refuxiados de Jenin) e a continuación charla sobre o proxecto Festiclown Palestina (previsto para setembro deste ano).

Actividades Festiclown 2011

VIDEOPROXECCIÓN E DEBATE FORUM

Hugo Cruz: "ENTRADO - Percursos de uma experiência teatral na prisão masculina do Porto"

 

Xoves 28 de xullo, ás 20:30 h

Lugar: Instituto Camões

 

Entrado: nome masculino; individuo que acaba de entrar na prisión; o acabado de chegar; o que está sempre á espera; o que non se pode afirmar naquelo que di; título dunha peza de teatro; participio pasado de entrar.

Esta curtametraxe baséase no proceso de creación teatral desenvolvido no Estabelecimento Prisional do Porto e que resultou na presentación de ENTRADO, proxecto que tivo o seu inicio em setembro de 2009, resultado do encontro de vontades da PELE, CCTAR, Festival Internacional de Teatro de Rua – Imaginarius (2010) e do Estabelecimento Prisional do Porto (EPP).

 

Director Artístico ENTRADO: Hugo Cruz

Licenciado en Psicoloxía, sempre traballou na área da intervención comunitaria e desenvolvemento local. É pos-graduado en Teatro Social e fixo estudos no Centro de Teatro do Oprimido, no Rio de Janeiro. É director artístico da PELE e dirixiu proxectos de Teatro Comunitario

 

MESA REDONDA E VIDEOPROXECCIÓN

Sonrie y Lucha en Perú: “Por el derecho a sonreír”

Venres 29 de xullo, ás 20:30 h

Lugar: Instituto Camões

 

Sonríe y lucha é unha plataforma de xentes do teatro, de pallasos, educadores sociais, músicos e amigos que intentan desenvolver un traballo cos excluídos da sociedade. Pensan que cun nariz vermello poden achegar unha visión diferente. Un sorriso é tan necesario como outras formas de axuda (aínda que ás veces non o sabemos recoñecer)

O vídeo proxectado: “Espuma Bruma” trata sobre unha visita ao Festicirco de Lima.

 

Festiclown e Pallasos en rebeldía

O Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) colabora con proxectos de cooperación internacional a través das artes. O obxectivo destas accións é o de levar a risa e a solidariedade a países e/ou pobos que ven os seus dereitos e liberdades coartadas.

 

Os casos de Palestina e Chiapas son os que centran a colaboración do Festiclown, maiormente a través da Asociación de Cooperación Internacional Pallasos en rebeldía, que canaliza as achegas económicas do Festiclown solidario en proxectos de apoio aos ditos colectivos a través da risa, a formación, a solidariedade e a arte.

 

Para saber máis do traballo de Pallasos en rebeldía, pincha neste link para acceder á súa web.
Aquí tés o Facebook do Festiclown para ver as últimas novidades sobre proxectos solidarios pincha aquí

Vídeo sobre a conmemoración da Nakba palestina (coa colaboración de Iván Prado, director do Festiclown)