Espectáculos 2011
Leo Bassi (EEUU - Italia)
Raíces judeo cristinas de occidente: un fraude histórico
Venres 29 de xullo ás 22:00 h
Centro Cultural Novacaixagalicia Auditorio
Duración: 90 min.
Xénero: bufón
Entrada: 10 euros
Idioma: castelán
Non recomendado para menores de 12 anos
Intimamente convencido de que a fase monoteísta da nosa sociedade chegou ao seu fin, Leo Bassi explora os feitos históricos, algúns coñecidos, outros moitos menos, para asentar sobre bases máis seguras o florecemento dun novo humanismo.
Neste momento de saudable efervescencia política, Bassi non só quere reafirmar a continuidade do pensamento grecolatino que desde o Renacemento volveu dar vigor á cultura occidental, senón que tamén explora as nosas influencias moito máis antigas como o politeísmo celtíbero, para así situar a cultura occidental no seu verdadeiro contexto.
Gala Clown por Palestina
Varios artistas
Xoves 28 de xullo ás 22:00 h
Auditorio do Concello
Duración: 90 min.
Xénero: clown, música e circo
Entrada: 8 euros
Idioma: galego e castelán
Para todos os públicos
Unha cita co humor máis solidario para recadar fondos que se destinarán á realización dun Festival Internacional de Clown en Palestina. Diversión e compromiso coa participación de Peter Punk, La mano Jueves, Leo Bassi… nun espectáculo presentado por Avelino González.
Barco de arena
Mércores 27 de xullo ás 13:00 h
Praza do sireno
Duración: 20 min.
Xénero: danza
Entrada libre
Idioma: Non é narrado.
Para todos os públicos
Unha bailarina e unha estrutura, unhas veces
ponte, outras veces barco, ou outra cousa se queredes.
Unha personaxe evolucionando cun fondo de tristeza, disposta á alegria, desexosa de compartir o seu universo, a súa soidade, o seu humor, as súas dúbidas, a súa tenrura e a súa
torpeza.
Un fermoso traballo de danza para rúa que infunde emocións universais.
Gala feminina e de aéreos
Varios artistas
Mércores 27 de xullo ás 22:00 h
Auditorio do Concello
Duración: 75 min.
Xénero: clown
Entrada: 8 euros
Idioma: galego-castelán
Para todos os públicos
Unha mostra do mellor do panorama circense en clave feminina. Artistas de diferentes disciplinas como a danza, a maxia, o clown, ou os aéreos despregarán no auditorio vigués os seus mellores números nun espectáculo único e irrepetible baixo a batuta de Isabel Martínez-Risco.
Yllana (Madrid)
666
Sábado 30 de xullo ás 22:00 h
Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro
Duración: 75 min.
Xénero: comedia xestual
Entrada 12 euros
Idioma: non é narrado
NR menores 18 anos
Catro temibles convictos chegan ao corredor da morte para ser executados.
A adaptación destes convictos á súa nova situación, a irritante convivencia entre eles, as súas relacións cos gardiáns e as desastrosas execucións ás que son sometidos desencadearán unha serie de escenas dantescas, incontrolables e disparatadas, convertendo o corredor da morte nun improvisado inferno.
En 666 Yllana imprime unha dose máis elevada de humor negro, absurdo e mordaz ao seu habitualtraballo cómico visual para mostrar, sen palabras, o lado máis escuro e sinistro do ser humano
Entra neste macabro mundo, onde non haberá salvación algunha para ninguén. Nin sequera para o espectador.
Atempo Circ (Catalunya)
Atempo
Sábado 30 de xullo ás 24:00 h
Praza do Concello
Duración: 55 min.
Xénero: circo e aéreos
Entrada libre
Idioma: non é narrado
Para todos os públicos
Atempo é un lugar de música e corpos en movemento, aquí atópanse 4 personaxes, eles coñécense pero non o recordan... A música será a clave para chegar e comunicarse.
Circolando (Portugal)
Charanga
Martes 26 de xullo ás 22:00
Porta do sol
Duración: 45 min.
Xénero: multidisciplinar
Entrada libre
Idioma: non é narrado
Para todos os públicos
Espectáculo poético e visual, parte de dous obxectos simbólicos, a bicicleta e a fanfarra. Parte das entrañas da terra para desexar os elementos alí ausentes: luz, aire, viaxe... Busca a soidade, a nostalxia dos mineiros... e inventa para eles un soño de infancia. Un soño de fuga e evasión nos círculos dun carrusel. Un soño que se conta con música. A música dunha pequena filarmónica de ventos.
O espazo de soño ten a forma dun círculo. Un círculo de terra cunha enigmática peza de ferro no centro. Antes, houbo unha vida dentro da terra fría e longas viaxes por camiños sen fin. Historias dun antes de alí chegaren, que “Viagens da Charanga”, o compoñente vídeo que abre o espectáculo, proxecta nunha pantalla.
Que é a Mostra internacional
Das múltiples caras que tén o Festiclown, sen dúbida, unha das prioritarias son as e os artistas. Elas e eles son a engranaxe que fai que a conexión entre o festival e o público sexa posible. Engranaxes que non son, nin moito menos, simple mecánica ou física, senón que cargan nos seus sistemas de funcionamento altas doses de química coas e cos asistentes aos espectáculos.
O Festiclown vestirase de gala para recibir dentro desta sección a unha variedade de artistas, compañías e espectáculos baixo o denominador común da calidade e o prestixio internacional dentro do
universo do clown, o humor e o teatro cómico.
A Mostra Internacional tamén se celebra en espazos de rúa onde se programa, como mínimo, un espectáculo ao longo do festival. Por esta Mostra de Exterior pasaron artistas da talla de Capitán Maravilla, Álex Navarro, Nanny Cogorno ou Dirty Fred, entre outros.
ALGUNHAS DAS COMPAÑÍAS QUE PASARON POLA MOSTRA INTERNACIONAL:
Loco Brusca (Arxentina)
· Nanny Cogorno (Arxentina)
· Tom Greder (Australia)
· Shirlle Sunflowers (Australia)
· Badaleu´x (Bélxica)
· Elliot (Bélxica)
· Johnny Melville (Escocia)
· Cie du Petit Monsieur (Francia)
· Dirty Fred (EEUU)
· Leo Bassi (EEUU)
· Jango Edwards i Peter Ercolano (EEUU – Italia)
· Fraser Hooper (Inglaterra)
· Chris Lynam (Inglaterra)
· Carlo Colombaioni (Italia)
· Pedro Reyes (Andalucía)
· Res de Res (Balears)
· Álex Navarro (Catalunya)
· Magic Andreu (Catalunya)
· Pez en Raya (Catalunya)
· Pepa Plana (Catalunya)
· Mofa e Befa (Galicia)
· Deabru Beltzak (Euskadi)
· Faemino y Cansado (Madrid)
· Eva Hache (Madrid)
· Yllana (Madrid)
· Pepe Viyuela (La Rioja)
