Actividades Festiclown 2011
Actividades para os máis pequenos/as
(Todas as actuacións celebraranse na Carpaclown da Praza do Concello ás 18:00 horas e con entrada de balde, que haberá que retirar na billeteira do festival media hora antes do inicio do espectáculo.)
Os 7 Magníficos Máis Un (Galiza)
Mañá será outro día
Mércores 27 de xullo
Duración: 50 min
Xénero: teatro infantil
Idioma: galego
Recomendado para cativos/as entre 6 e 12 anos
O último espectáculo de “Os Sete Magníficos máis Un” é de carácter medioambiental en torno á redución do consumo e englóbase baixo o título de Mañá será outro día.
Tratando temas como o da propia vida, as cidades, o amor e a morte, con grandes doses de ironía e cunha linguaxe cotiá e coloquial para que poida chegar sen dificultade a todos os públicos e en especial aos máis novos, enriquecendo a súa conciencia ambiental.
O argumento susténtase no traballo de dous actores (Isabel Martínez- Risco e Fran Rei) que, en clave clownesca, irán tecendo a trama da obra e descubrirán con asombro a necesidade de conservar, reciclar e optimizar os recursos da nosa contorna natural.
Un pez en el desierto (Catalunya)
Como por arte de magia
Xoves 28 de xullo
Duración: 60 min
Xénero: multidisciplinar
Idioma: castelán
Para todos os públicos
O espectáculo fusiona a maxia, o teatro e a danza, valéndose ademais de elementos técnicos como a vídeo-proxección. Está conformado por un único acto, dunha hora aproximadamente (dependendo da interacción co público) o cal conta coa participación explícita do público no escenario en tres ocasións distintas, sen perder o carácter teatral.
Circ Bover (Balears)
Descubrir el circo
Venres 29 de xullo
Duración: 65 min
Xénero: circo
Idioma: castelán
A partir de 3 anos
Coa máquina do tempo do CIRC BOVER faremos unha apaixonante viaxe co obxectivo de percorrer a historia do circo. Faremos escala polas diferentes épocas para descubrir os detalles máis curiosos, como tamén os personaxes máis emblemáticos que a compón, os cales coas súas peripecias, serán os encargados de ensinarnos en que consistía o seu oficio e a súa forma de vida.
Ven descubrir as habilidades que nos amosarán cada unha destas personaxes históricas; malabares, contorsión, pallaso, equilibrios, acrobacias aéreas, todo isto dentro dun universo cheo de maxia, diversión e música en directo.
Good Idea Company (Toledo)
El domador de ilusiones
Sábado 30 de xullo
Duración: 70 min
Xénero: clown e maxia
Idioma: castelán
Para todos os públicos
Combinando elementos de maxia e clown enfrontámonos a un espectáculo teatral onde o protagonista é o “máis difícil aínda”. A maxia dará o misterio e o clown encargarase de provocar constantes gargalladas. En definitiva, este espectáculo busca -a un ritmo frenético- a risa e a sorpresa e do espectador.
