A Praza do Concello albergará durante unha semana a estrutura circense por excelencia, converténdose nun espazo para a risa e a diversión. Ademais de acoller seccións como Isto non é Walt Disney ou a Clown Off, Carpaclown ofrecerá unha variada e atractiva programación.

Martes 26 de xullo ás 23:15

Eu son o verdadeiro Estanislasqui (Galicia)

Avería Productions

Duración: 70 min

Xénero: clown e humor xestual

Idioma: castelán

Entrada: 5 euros

Recomendado para maiores de 14 anos

Esta é a divertida e estrambótica historia de Estanislasqui, un profesor de teatro ruso que pasa toda a vida na procura da fórmula máxica para chegar a conseguir o ansiado método do actor perfecto. Logo dunha dura infancia (ou non tanto) e cando a súa vida xa non ten sentido, Estanis recibe un agasallo do ceo en forma de neno. É “Gorqui”, o neno grande de pelo no peito que acompañará a Estanislasqui nesta aventura ata alcanzar a gloria.

 

Mércores 27 de xullo ás 00:00

Good Idea Company (Toledo)

Pablo Superstar Cool

Duración: 70 min

Xénero: clown e maxia cómica

Idioma: español

Entrada 5 euros

Pablo Superstar Cool ofreceranos unha lección maxistral de como debe comportarse un “Superstar” no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público. Enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposible. Este espectáculo busca a risa do espectador a base de crear situacións imposibles de asimilar sen un nariz vermello no corazón. Combinando elementos de clown, maxia cómica e teatro absurdo o público pasarao en grande. Foi premiado co Nariz de Ouro no XIV Festival Internacional de Clowns de Madrid.

 

Xoves 28 de xullo ás 00:00

Atanasiu (Alemaña)

Juglar con las palabras

Duración: 60 min

Xénero: clown

Idioma: castelán

Entrada 5 euros

Público adulto

Christian Atanasiu, alemán de orixe grega-romanés e desde fai uns trinta anos fincado en Barcelona, ofrécenos un espectáculo baseado na palabra, a medio camiño entre a poesía, o xesto e o clown e que se definiu como: un circo lingüístico, estafas mentais, triplos mortais da lóxica, funambulismo verbal, textos do absurdo, aínda que el prefire verse como: “ quizais simplemente un ser humano só no escenario que se divirte coas palabras e o xesto buscando humor” se cadra, humor algo diferente.

 

Venres 29 de xullo ás 00:00

Circ Bover (Balears)

Maressia

Duración: 75 min

Xénero: circo

Idioma: non é narrado

Entrada 5 euros

Para todos os públicos

Este é un espectáculo que quere mostrar, a través da sensibilidade do pallaso, un percorrido polos sentimentos máis ocultos, como poden ser os medos que crean as limitacións, as ilusións que constrúen os obxectivos ou o amor que esperta os sentidos.

Co humor como ferramenta vehicular, o noso pallaso daranos a oportunidade de coñecer diferentes personaxes, que coma el, se atopan nunha viaxe sen destino, pero que aos poucos, esta viaxe traeraos a atoparse con eles mesmos, obxectivo que sen sabelo é onde querían chegar. Un espectáculo que intenta mostrar novas linguaxes escénicas, coa música e o circo moderno, que quere transmitir diferentes mensaxes e sentimentos que florezan dentro de cada un dos espectadores.

 

Martes 26 de xullo á 01:00

Festa inaugural co grupo andaluz Trío Bombo Tambor

 

Xoves 28 de xullo á 01:30

Rutashowcompany (Galicia)

Re-volution

Xénero: animación musical

 

Venres 29 de xullo á 01:30

Rutashowcompany (Galicia)

Re-volution

Xénero: animación musical

 

Sábado 30 de xulio á 01:30

Rutashowcompany + Aperta (Galicia)

Re-volution/Batukada

Xénero: animación musical

Venres 29 de xullo á 01:30

Clown-off (Varios artistas)

Mediante a Clown Off o Festiclown pretende difundir e arroupar novos proxectos artísticos. Os actores e actrices que o desexan, dispoñen dun espazo para poder presentar os seus espectáculos en preparación ou aqueles que aínda están pouco rodados e que precisan dunha presentación en público. En definitiva, un espazo transgresor, de carácter experimental para a exhibición de espectáculos e artistas emerxentes, que poden combinar a experimentación coa profesionalidade.

 

Contaremos coas actuacións de:

Clowntrol Uve

A Pequena Compañia de nenos Enormes

Jaume Xicola