A – MOVEMENTO CÓMICO (PARA PROFESIONAIS) por Norman Taylor (Bélxica)

Datas: 30 e 31 de xullo de 2011

Duración: 16 h

Horario: sábado e domingo de 10.00 - 14.00 e de 16:00 a 20:00h

Prezo: 120 €

Oíntes: Si (unha vez cubertas todas as prazas do curso)

 

 

 

 

 

 

 

VELO? MOI BEN, POIS AGORA FAINO, PERO FAINO DIVERTIDO...

A observación do movemento de todos os días, a acción, os xestos, as situacións... a análise para comprender o que vemos... aprenderemos a creatividade para facelo "no escenario e como o queremos facer”.

 

Todas as ideas están diante dos nosos ollos. Analizando os movementos, facendo consciente o inconsciente, revelamos o que en realidade ocorre, cando é algo interesante e cando non, cando chega o estilo do espectáculo, cando é o momento exacto para que chegue a palabra, como crear un espazo e como xogar nel.

B – Á PROCURA DA NOSA IDENTIDADE CÓMICA, por Leo Bassi (Italia/USA)

Datas: 30 e 31 de xullo de 2011

Duración: 12 h

Horario: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 h

Prezo: 120 €

Oíntes: Non admite

 

 

 

 

 

 

Leo Bassi desenvolve neste curso un sistema que combina a teoría con orixinais xogos psicolóxicos que animan os/as participantes a descubriren máis de si mismos/as. Un dos aspectos máis importantes destas sesións é que todos/as os/as participantes son continuamente estimulados a tomaren alternativamente un papel activo e, ao mesmo tempo, observador e crítico.

 

Isto alenta discusións francas en cada paso que se vai dando, obrigándoos/as a se dar conta de como as súas accións son percibidas por outros e do que significan para si mesmos/as. Segundo vai progresando ou curso, a énfase pasa de ser unha ampla exploración da mente a ser un estudo máis centrado na comedia e nos problemas puramente teatrais de como ser efectivo diante dun público.

 

As persoas participantes neste curso poderán agardar, despois da conclusión deste, resultados tanxibles, que variarán desde unha inspirada mirada ás raíces psicolóxicas do humor e do seu funcionamento ata a construción precisa de diversos aspectos cómicos, preparados para usar en teatro ou en televisión.

C- A CONSPIRACIÓN DO BUTOHCLOWN, por Moshe Cohen (USA)

Datas: 26 ao 29 de xullo de 2011

Duración: 16 h

Horario: 16:00 a 20.00h

Prezo: 120 €

Oíntes: Non admite  

 

 

 

 

 

 

Este curso, dirixido a pallasos, actores, bailaríns, artistas e outros seres humanos que desexen profundar no seu interior divertido, céntrase na paisaxe interior de pallaso e a expresión do seu sentido do humor a través do Butoh (teatro-danza oriental), o teatro físico e a improvisación. O curso finalizará cunha procesión 'pallaseira' ao aire libre, diversión e complicidade.

 

Ademais, desenvolverase a expresión humorística e o rendemento no contexto do teatro físico e clown no contexto europeo. Imos traballar coa danza xaponesa 'Butoh' para ampliar a conexión á expresión humorística, no interior, así como co público. As calidades de Butoh son as de Kazuo Ohno, con especial atención á levidade, á poesía, á presenza e á conexión co espazo.

 

D - DESCUBRINDO A COMMEDIA DELL´ARTE, por Carlo Bosso (Italia)

Datas: 26 ao 29 de xullo de 2011

Duración: 16 h

Horario: 16:00 a 20.00h

Prezo: 100 €

Oíntes: Si (unha vez cubertas todas as prazas do curso) 

 

 

 

 

 

 

Neste curso traballarase a improvisación teatral, o xogo de máscara, os arquetipos da Commedia dell´Arte, o adestramento físico e vocal e, para rematar, porase a Commedia dell´Arte fronte a un público.

 

Baseada na inmediatez de acción - reacción, é unha das técnicas fundamentais para adquirir mecanismos de axilidade física, improvisación teatral, xogo de máscara e arquetipos da Commedia dell´Arte que nos impulsen a unha comunicación dinámica co público desde os códigos clown.

 

E - UN CLOWN NA PISTA, por Antón Valén (Murcia)

Datas: 26 ao 29 de xullo de 2011

Duración: 16 h

Horario: de 10:00 a 14.00h

Prezo: 100 €

Oíntes: Non admite  

 

 

 

 

 

Traballaremos as bases teatrais do clown e a procura de como sermos efectivos ante o público. Comezar o xogo da presenza escénica, os ritmos, as pausas, escóitaa, o pretexto, a complicidade co xogo, o/a compañeiro/a e o público.

 

"Que é o Clown?”, preguntarémonos neste curso. É imposible definilo porque un Clown é tan infinito como os nosos soños" (Slava Polunin). Veremos como de estos xogos poden xurdir diferentes estilos clownescos, pero antes, consigue rir de ti mismo e ser sincero co que sentes e o que fas.

F - EXCÉNTRICOS, CHIFLADOS E HUMOR ABSURDO, por Christian Atanasiu (Alemania)

Datas: 30 e 31 de xullo de 2011

Duración: 16 h

Horario: de 10.00 a 14:00 e de16:00h a 20:00h

Prezo: 100 €

Oíntes: Non admite  

 

 

 

 

 

 

Este curso pode ser un gran complemento para o traballo do clown, xa que se enfoca cara á excentricidade e os seus efectos cómicos. Faranse xogos e exercicios para ser convincente no máis absurdo. Traballaremos a creación dun personaxe de artista excéntrico...

 

Humor absurdo. Gurus, excéntricos e outros 'chiflados' lévannos a mundos onde reinan a risa e o disparate, onde se poden transgredir as regras do comportamento, as normas da linguaxe, da comunicación e da lóxica, e onde a contradición non molesta, senón divirte. No canto de criticar a triste realidade -a miúdo aburrida e rutineira-, propomos afastarnos dela e construírmos as nosas propias tolemias.

 

Este curso debe ser un campo de experimentación onde abandonamos as regras do comportamento'normal', onde non valen as regras establecidas, os valores comúns e entramos en campos que a primeira vista poden carecer de sentido.

G - CURSO DE INICIACIÓN AO CLOWN, por Antón Valén (Murcia)

Datas: 29 ao 31 de xullo

Duración: 20 h

Horario: Dia 29 de 16:00h a 20:00h, dias 30 e 31 de 10:00h a 14:00 e de 16:00 a 20.00h

Prezo: 90 €

Oíntes: Non admite

 

 

 

 

Este curso de iniciación está dirixido a aquelas persoas que desexen coñecer e involucrarse no mundo do Clown e atreverse a dar os seus primeiros pasos. Pero, antes, comezaremos a aprendizaxe desde a ruptura co ridículo e a torpeza... aprendendo a aceptalo.

 

Explorar a presenza e a sinxeleza do clown, buscar a simplicidade mediante o xogo e o humor, veremos como poden xurdir diferentes estilos clownescos, pero antes, consegue rir de ti mesmo e ser sincero co que sentes e o que fas.

 

Cada alumno/a debe descubrir e alimentar a súa propia busca, ese personaxe evolucionará na medida que o/o alumno/a lle atope o sentido e se achegue desde el mesmo cara ao seu propio clown. O continuo xogo de improvisación desenvolvido a nivel individual e colectivo serviranos do camiño para espertar a procura e a creatividade, ferramenta indispensable para o xogo do clown.

H - CURSO TEATRO DO OPRIMIDO, por Hugo Cruz (Portugal)

Datas: 26 a 29 de xullo de 2011

Duración: 16 h

Horario: De 16:00h a 20:00h

Prezo: 80 €

 

 

 

 

 

 

 

O Teatro do Oprimido (TO) é un sistema de exercicios, xogos e técnicas especiais baseadas no teatro esencial, que busca axudar quen o practica a desenvolver o que xa posuímos dentro nosa: o teatro.

 

O TO como ferramenta de intervención no campo social e comunitario, evidenciando, facilitando e favorecendo á reflexión sobre as opresións e posibles formas de superalas, aplicación do TO para o desenvolvemento de proxectos comunitarios, educativos e sociais en diferentes contextos, etc.

I - CURSO DE MAXIA CÓMICA & CLOWN, por Pablo Muñoz (Toledo)

Datas: 26 ao 29 de xullo de 2011

Duración: 16 h

Horario: de 10.00 h a 14:00h

Prezo: 90 €

Oíntes: Non admite  

 

 

 

 

 

 

No curso de Maxia Cómica, as e os alumnos abordarán a aprendizaxe de xogos e rutinas máxicas: presentación e realización de xogos de maxia buscando a comicidade dos mesmos, procura do noso clown-mago a través de xogos e gags máxicos con cordas, panos e outros elementos, xogos de complicidade cos compañeiros e co público... O obxectivo último do curso é poder utilizar a maxia como unha ferramenta máis nos espectáculos de humor.

 

J - CURSO ZANCOS E COMICIDADE, por José Carlos Illanes (Galicia)

Datas: 26 ao 29 de xullo

Duración: 16 h

Horario: de 10.00 h a 14:00h

Prezo: 80 €

Oíntes: Non admite  

 

 

 

 

 

O curso está especialmente dirixido a actores/actrices, aínda que non necesariamente. Os contidos e obxectivos deste curso parten da base de que os zancos poden ser unha ferramenta máis para o actor/actriz, converténdoos no seu escenario móbil traballando na rúa.

 

Deste xeito, construiremos os nosos propios zancos, aprenderemos a manexalos, bailar, saltar, subir e baixar escaleiras; a como caer, cal é a relación dun zanqueiro coa xente dá rúa e como interactuar con ela con xogos empregando as nosas habilidades artísticas (malabares, música, acrobacias, etc).