Pasar a gorra como unha forma máis de facer cultura dun xeito imprescindíbel, democrático, participativo… A rúa coma outro escenario máis. Unha programación constante de espectáculos en diversas prazas e rúas de Vigo para todos os públicos. No Festiclown toda a cidade é invadida, conquistada polo clown, o circo, o teatro de rúa...

 

O Maraclown é un espazo artístico aberto no que o/a artista e o público casual poderán comunicarse directamente.

 

As compañías interesadas en presentar a súa proposta de participación na sección Maraclown deberán ter en conta as seguintes bases de participación:

 

1º As compañías seleccionadas para participar exclusivamente no Maraclown terán asegurados un mínimo de 2 pases dentro da sección Maraclown do Festiclown 2011.

 

2º A organización do Festiclown 2011 farase cargo igualmente da comida dos días de actuación e do aloxamento das compañías seleccionadas para participar na sección Maraclown as noites das súas actuacións.

 

3º A organización do Festiclown 2011 proporcionará un espazo de actuación, unha persoa de coordinación e un punto de luz.

 

4º As compañías participantes na sección Maraclown do Festiclown 2011 recibirán unicamente a cantidade económica recadada directamente do público, pasando a gorra despois de cada unha das súas representacións.

 

5º Por respecto ao resto de compañías programadas, a duración máxima de cada espectáculo será de 50 minutos, incluíndo montaxe, convocatoria e desmontaxe.

 

6º As compañías participantes na sección Maraclown do Festiclown 2011 deberán proverse dos equipos de son e microfonía necesarios para o bo desenvolvemento do seu espectáculo.

 

7º As compañías interesadas en participar no Maraclown do Festiclown 2011 deberán presentar a seguinte documentación antes do 1 de xullo de 2011:

 

1.- DVD con imaxes do espectáculo completo.

 

2.- 1 ou máis fotos (resolución mínima 300 ppp, formato .jpg) do espectáculo.

 

3.- Datas nas que a compañía podería presentar o seu espectáculo dentro do Festiclown 2011, do 27 ao 31 de xullo de 2011.

 

4.- Ficha cuberta de solicitude para participar na sección Maraclown do Festiclown 2011, de acordo coas bases desta convocatoria artística. (Descargable máis abaixo deste documento).

 

(A COMPAÑÍA QUE NON PROPORCIONE TODA A INFORMACIÓN REQUERIDA NESTE PUNTO ANTES DO 1 DE XULLO DE 2011 PODERÁ SER APARTADA DO PROCESO DE SELECCIÓN)

 

A documentación solicitada poderá enviarse por correo electrónico e/ou correo postal aos seguintes enderezos:

 

        Correo electrónico:   info@festiclown.org

 

        Enderezo postal:       FESTICLOWN

 

                                          Apdo de Correos 2036

 

                                          (15780) Santiago de Compostela (A Coruña).

 

 

 

8º O 15 de xullo de 2011 faranse públicos en www.festiclown.org os nomes das compañías seleccionadas para participar na sección Maraclown do Festiclown 2011.

Descarga a ficha de información para compañías interesadas no Maraclown

Ficha de información para compañías interesadas no Maraclown
Ficha Informacion Compañias Maraclown 20
Documento Adobe Acrobat [81.9 KB]
Descarga

Que é o Maraclown?

Maraclown abre espazos para a interacción entre artistas de rúa e o público casual, convertindo o pasar a gorra nun modo máis de facer cultura e da rúa, outro escenario máis. Calquera profesional do clown, das artes circenses en xeral, da maxia ou do teatro da rúa que teña pasado polo Festiclown ama o que fai. As grandes concentracións de xente son o obxectivo que procuran as e os integrantes do Maraclown. Con ese público asegurado, números e transicións son do agrado de todos.

 

Sen dúbida esta sección destaca pola gran cantidade de pases cos que conta cada ano así como pola súa programación ininterrumpida de 12:00 da mañá a 22:00 h da noite.

 

Neste apartado o importante non son as infraestruturas, as grandes postas en escea ou o formalismo do teatro convencional, senón a comunicación directa en espazos abertos entre artistas e público, que ten a oportunidade de gozar durante o festival de ducias de pases ao longo de todo o día.

 

Ao longo da historia do festival destaca o aumento progresivo edición tras edición do número de compañías interesadas en participar nesta convocatoria de rúa, pola que pasaron máis dun cento de compañías de todo o mundo, algunhas delas de recoñecido prestixio, alcanzado tras actuar en numerosos escenarios e festivais de teatro cómico.

 

En los próximos días iremos dando cuenta de las compañías seleccionadas para participar en Maraclown 2011