Espectáculos 2011

Djuggledy (Alemaña)

El diábolo

Martes 26 de xullo, ás 19:30 h

Duración: 45 min

Xénero: malabares

Idioma: castelán

Para todos os públicos

Un guiri tolo alemán viaxa polo mundo rompendo barreiras con enerxía positiva, un
garfo e os seus diabolos nunha maleta. As interaccións e xogos co público son a base
para un show no que Djuggledy sorprende non só co manexo dos seus diábolos.
Un espectáculo aplaudido en todas as prazas de Europa… Preparen as súas palmas!!!

Bla, Bla, Bla (Arxentina)

Bésese antes de usar

Venres 29 de xullo, ás 19:30 h

Duración: 45 min

Xénero: circo, teatro

Idioma: non é narrado

Para todos os públicos

¨Bésese antes de usar¨ é unha simple historia construída entre dous personaxes e unha pequena carpa, que nos invitan a espiar un momento nas súas vidas, onde se atopan enredados no universo dos seus bicos.

Bicos matutinos, con ollos pechados e mal alento.

Algúns bicos esquivados, desencontrados e algún que outro case-bico.

Bicos con perfume e esbirros, bicos de boas noites e bicos entre soños.

Dúas personaxes para unir todos os bicos nun só bico.

Espectáculo de circo, teatro e sobre todo un pouco de humor.

 

Judita Látigos (Venezuela)

El tipo

Xoves 28 de xullo, ás 19:30 h

Duración: 45 min

Xénero: Circo.

Idioma: Castelán

Para todos os públicos

Esta vez Judita Látigos, deixa saír a “El Tipo” que leva dentro para homenaxear o home latinoamericano; salgado e saído, atrevido pero galante e co tumbao caribeño que a tod@s enfeitiza.

 

Alas Circo Teatro (Andalucía)

Amada y Amador, Encuentro en la Luna

Mércores 27 de xullo, ás 23:30 h

Duración: 45 min

Xénero: Circo contemporáneo con fundamento e fortes bases de destrezas físicas aéreas

Idioma: non é narrado

Para todos os públicos

Amada e Amador quedan nunha praza, á luz dun farol, unha pedida de man, e un ramo de flores, pero Amada nunca chega á cita... cando Amador descobre que Amada o agarda na lúa busca mil e unha formas para chegar ata ela, pero as relacións entre ceo e terra non son posibles.

Un camiño de ida sen volta, unha ilusión chea de valor, son os perigosos camiños destes dous ilusos extraviados polo aire.

 

Circo Alboroto (Arxentina)

Un poco de cordura en medio de tanta locura

Xoves 28 de xullo, ás 20:30 h

Duración: 45 min

Xénero: circo

Idioma: castelán

Para todos os públicos

Eles son Rula, Mumina, Cartucho e Tle Tle, catro excéntricas personaxes coas súas estrañas habilidades. Parecen algo asisados e un pouco máis tolos. Son un circo itinerante. Hoxe con vostedes, Circo Alboroto!

Elas viven dadas volta. Páranse nas súas mans, contorsiónanse, soben, baixan, dóbranse. Perfectamente equilibradas nun mundo ao revés.

Exasperado como todos os pallasos, o noso mestre de pista require da amable colaboración dun neno do público para despregar todo o seu extenso e inútil talento. Monociclo, spining, malabares, grazas á axuda do seu pequeno e grande partenaire.

 

Los Kikolas circo-teatro (Burgos)

Sin remite

Mércores 27 de xullo, ás 19:30 h

Duración: 50 min

Xénero: teatro xestual e circo

Idioma: non é narrado

Para todos os públicos

Con esta premisa de xogo preséntase SEN REMITE que a través de técnicas

como o teatro xestual, comedia slapstick ou diferentes gags visuais, introdúcenos no seu particular mundo e achéganos a un oficio que cada vez nos parece mais afastado.

Emprega variadas técnicas de circo, escaleira libre, manipulación de obxectos, malabares de rebote e unha infinidade de solucións para os conflitos que se expón, que lle levasen ata a introducirse dentro dun globo xigante.

Inspirado no cómico francés Jacques Tati e na súa curtametraxe L´École des Facteurs (1947)

 

Amontonados por Azar (Arxentina)

H2Olga

Sábado 30 de xullo, ás 19:30 h

Duración: 50 min

Xénero: acrobacias, malabares e humor

Idioma: español

Todos os públicos

A obra conta a historia de tres personaxes que buscan a solución aos seus problemas nun chiringuito abandonado no medio da rúa.

Mesturando diferentes sustancias xerarán situacións inesperadas e cheas de destrezas circenses.

Un espectáculo que mestura actuación, as acrobacias máis disparatadas para divertir aos máis novos e sorprender aos máis grandes, malabares e moito humor.

 

La Mano Jueves (Catalunya)

Ricky, el profesor de tenis

Mércores 27 de xullo, ás 20:30 h

Duración: 45 min

Xénero: clown

Idioma: castelán

Para todos os públicos

Ricky é: un home de mediana idade, louro, guapo, alto… ou non tanto?

Ricky é: un deportista áxil, rápido, habilidoso, forte... pero, ten forza?

Ricky é: un profesor de tenis tolo, espontáneo, enxeñoso, divertido… ou...?

 

Lusco e Fusco (Galicia)

Encontros

Sábado 30 de xullo, ás 20:30 h

Duración: 45 min

Xénero: novo circo e danza

Idioma: non é narrado

Para todos os públicos

"Encontros" é un espectáculo de circo contemporáneo que pretende desenvolver no espectador unha nova sensibilidade. Xogando co corpo como principal instrumento comunicador estes dous pallasos buscan unha nova identidade cómica, un código propio baseado na sutileza e limpeza escénica. Conseguen así que cada espectador teña unha vivencia única, unha mestura do que están vendo e do que cada un leva dentro.

Dous artistas que se atopan.

Como cada ano, chegou o momento de xuntarse, chegou o día de quedar.

Unha vez máis veranse as caras.

Serán diferentes.

Con novas experiencias.

Novos amigos.

Novas historias que contar.

E sempre serán os mesmos.

Como cada ano xúntanse.

Xúntanse para crear, para rir, para berrar, para escoitar.

Para chorar, para calar, para saltar.

Xúntanse para xogar.

 

Peter Punk (Galicia)

Peter Punk e o neno imperdible

Venres 29 de xullo, ás 20:30 h

Duración: 50 min

Xénero: clown e humor

Idioma: galego

Para todos os públicos

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? ¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? ¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días?

Asústase..., e volve ser un pallaso.

Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portuguesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!! Un salto ao baleiro en miniciclo e a Chungatrona: unha máquina de rebeldía pallasa...

 

Que é o Certame Intergaláctico

O Certamen Intergaláctico, unha das seccións fixas do Festival e, polo tanto, presente en todas as súas edicións, viuse consolidado como a maior plataforma clown do país para a presentación e lanzamento de traballos de compañías do Estado e Internacionais, nas dúas modalidades: a de exterior, ou de rúa, e a de interior, nun teatro.

Ao igual que no apartado formativo, as solicitudes recibidas para a participación foron aumentando de ano en ano, chegando a recibir preto de 100 solicitudes en cada edición. Este incremento non só foi apreciable na cantidade senón tamén na calidade das compañías que solicitaron participar. Así configurouse un programa de actuacións coa presenza dalgunha das mellores compañías de Clown do Estado que levan varios anos traballando e triunfando no campo profesional.

 

Festiclown agradece a todas as compañías participantes en 2011, máis de 100, o seu esforzo e atención para co festival. Ademais, informa da grande calidade das propostas recibidas e parabeniza a todas e todos aqueles que traballan diariamente polo clown e o novo circo.

 

Bla, Bla, Bla

Djuggledy

Bululu Circus

Alas Circo Teatro

Circo Alboroto

Los Kikolas

Amontonados por Azar

La Mano Jueves

Lusco e Fusco

Peter Punk