Democratizar a cultura e fomentar a participación. Con ese espírito Festiclown abre cada ano as súas clownvocatorias artísticas. Así, o Certame intergaláctico, o Maraclown e o Clown off permiten
a compañías teatrais de todo o mundo presentar os seus traballos a concurso e entraren no procedemento de selección para amosaren os seus números ao público do festival.
Desde espectáculos de rúa, ata outros de sala, todos os idiomas, propostas e caben nas ditas seccións do Festival Internacional de Clown de Galicia, polas que teñen pasado grandes artistas e
espectáculos de altísimo nivel.
Pinchando nas categorías que tés á túa esquerda poderás ver polo miúdo cada unha das tres clownvocatorias que ofrece Festiclown.
