Programa cómico Internacional
Inscripción e prazas
Programa de formación

Organizadores Concello de Pontevedra Festiclown Coperactiva





Programa cómico internacional

Na busca da nosa identidade cómica
O humor na narración oral
Bufón
Stand Up Comedy
Tecnicas de improvisación
A interpretación no Teatro do Xesto

Curso: Na busca da nosa identidade cómica
Impartido por Leo Bassi (Italia)
1 e 2 de marzo, 12 horas 75 €

Leo Bassi é recoñecido polas súas actuacións en solitario e polo seus extravagantes shows teatrais. O comediante intérprete circense Leo Bassi descende dunha longa liña de comediantes excéntricos, italianos, franceses e ingleses. Destaca na provocación autocrítica, tomándolle o pulso ao publico para que este lle responda, e retroalimentar así as obras.

Contidos

A teoría mesturase con orixinais xogos psicoloxicos, que inducen aos participantes a descubrir máis deles mesmos segundo se van intensificando este exercicios. Un dos aspectos máis importantes é que Leo Bassi estimula constantemente aos alumnos/as a tomar parte alternativamente nun papel activo é á vez observador-crítico. Esto alenta discusións francas en cada paso que se vai dando, obrigándoos a darse conta de cómo as súas accións son percibidas por outros e que significan para eles mesmos.

Segundo vai progresando o curso, o enfase pasa de ser unha ampla exploración da mente a ser un estudio máis centrado na comedia e nos problemas puramente teatrais de como ser efectivo diante do público.


Curso: O humor na narración oral
Impartido por Candido Pazó (Galicia)
18, 19 e 20 de abril 20 horas 60 €

Candido Pazó e autor, director de escena, narrador. Menbro fundador da compañía viguesa A farandula, traballa en todos os seus espectáculos ata a disolución da mesma en 1983. Logo dunha etapa de actor en diversas compañías e no C.D.G. e de axundate de dirección debuta como autor e director de escena. A partir de entón escribe, dirixe ou fai adaptacións para varias compañía, traballa en televisión e esta presente, con relatorios e traballos, nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre o feito teatral galego.

Contidos.

- Exposición en bruto do material sobre o que se vai traballar.
- Selección do material. Segundo o efecto causado nos distintos auditorios (resultantes das dinámicas e dos xogos) e o xuizo do profesor.
- Comparación das dimensións da exposición:
  a) a anécdota contada a un auditorio máis ou menos particular (e os seus efectos e resultados) e
  b) a mesma anécdota contada a una auditorio más publico (e os seus efectos e resultados)
- Estudio e experimentación: dos ingredientes que fan que unha anécdota sexa susceptibel ou non de ser convertida; de como redimensionar unha anécdota; uso das figuras na redimensión formal da anécdota.
- Xogos de mesturas das distintas anécdotas, ou algun dos seus elementos
- Traballo sobre os mecanismos da memoria


Curso: Bufón
Impartido por Eric de Bont (Holanda)
23, 24 e 25 de maio 16 horas, 75 €

Eric de Bont é o director da prestixiosa Bont's School de Ibiza, con máis de dezasete anos de experiencia como formador de clown e de bufon e cunha exitosa e recoñecida traxectoria profesional no mundo do teatro. Achegará persoas á figura e ó quefacer particular do bufón.

Contidos

Os bufóns, chamados tamén farsantes, proveñen directamante das profundidades nebulosas do tempo. O seu pasatempo favorito é imitar a vida da xente. O bufón pérdese completamente na extravagancia esaxerada; a súa forza radica nun terreo entre o ceo e a terra, nun cruce dun pasado eterno e un futuro visto pola lupa da crueldade e a traxedia.


Curso: Stand Up Comedy
Impartido por Alexis Valdés (Cuba)*
APLAZADO 20 horas. 75 €

Alexis Valdés é un actor cubano afincado en Barcelona, polifacético e brillante showman que vence en cada interpretación, actuación, intervención que realiza; un auténtico especialista en conectar co publico, un grande comunicador de temas de interese tratados desde a ironía.

Contidos

A Stand Up Comedy é un xénero ácido en Estados Unidos na época dos buscadores de ouro, e consiste en que unha persoa, micrófono en man, fai rir contando situacións cotiás.

No curso traballaráse fundamentalmente o humor baseado en ofrecer un punto de vista sobre o cotián, empregando como fonte de inspiración a un mesmo, os amigos, os medios de comunicación

*Se por cuestións de calendario, Alexis Valde´s non puidese asistir, sería substituido
por Dani Pérez (Catalunya), gañador do III Certame de Monologos do Clube da Comedia


Curso: Tecnicas de improvisación
Impartido por Loco Brusca e Eva Magrané (Arxentina)
APLAZADO 20 horas. 75€

Loco Brusca é un actor-clown especializado en performace de rúa, a través dos seus anos de experiencia adquiriu numerosas habilidades (pantomima, clown, drama. bufón, máscara neutra). Comenza a súa formación na Arxentina e continuou estudios de teatro e cine en Barcelona con mestres como Johnny Mellville, Jango Edwars, John Wright, Albert Vidal, que influenciaron na súa formación.

Eva Magrané é bailarina de formación e estudiou acrobacias en diferentes escolas de Barcelona e Nova York. Traballa co corpo, na súa infinidade de posibilidades e toma de conciencia deste.

Contidos

A través de diferentes exercicios de xogo teatral (mimo, chimpancé, clown,...) e partindo do corpo como ferramenta esencial do actor, propónse un obradoiro baseado no coñecemento de medio de traballo, a adaptación escénica grupal e a elección da mensaxe a transmitir. Ö final, en diferentes lugares da cidade, faránse curtas intervencións para comprobar o efecto no publico do traballo no obradoiro.


Curso: A interpretación no Teatro do Xesto
Impartido por Rafael Ruiz (España)
APLAZADO 20 horas 75 €

Rafael Ruiz é profesor de interpretación en teatro do xesto desde 1994 e xefe de estudios da RESAD (Real Escuela Superior de Arte Dramático en Madrid). Dirixe a compañía de teatro Zascandil de Madrid e pertence ao equipo de Marta Schina, dedicado á investigación, docencia e realización de espectáculos de teatro xestual. Como director de escena monto un 12 espectáculos e impartiu numerosos cursos.

Contidos

Bases Interpretativas: ferramentas especificas da acción dramática e a construcción do personaxe no teatro do xesto. Gramática e vocabulario da linguaxe corporal. A linguaxe sonora non verbal. A palabra e o actor xestual. O actor e os xeneros no teatro do xesto. Mimese, amplificación, metáfora, abstracción. Bases compositivas: a escrita verbal.