Programa cómico Internacional
Inscripción e prazas
Programa de formación

Organizadores Concello de Pontevedra Festiclown Coperactiva





Programa de formación

Programa de formación para afeccionados

Obradoiro permanente de clown. Impartido pola Compañía "Os sete magníficos máis un". De febreiro a xuño, de catro horas semanais. Para un publico local que pretende achegarse ao Clown, e incluso montar os seus propios números.

Programa de formación para colectivos sociais

Cursos de Iniciación ao Clown. Cursos de vinte horas cada un que se ofertarán a Colexios, asociaións e incluso departamentos municipais, para a dinamización do clown, como disciplina teatral, como ferramenta comunicacional e fomentadora das habilidades socias. Impartidos pola Compañía "Os sete magnificos máis un" e totalmente de balde para a xente de Pontevedra. Realizaránse en función da demanda e datos a convir entre os demandantes e a organización.

Inscripción e prazas

Programa para afeccionados e para entidades sociais. Débense por en contacto coa organización do Seminario para inscribirse na solicitude de asistencia ó obradoiro permanente. Telf. 986 10 20 30 / 637 85 13 05

Forza Mayor. En circunstancias de forza maior, a organización anulará ou cambiará as datas dos cursos, do que dará debida conta públicamente.