O FESTICLOWN 2006 XA ESTÁ AQUÍ. COMEZA A FESTA DA RISA, DO CLOWN, DA PARTICIPACIÓN E A SOLIDARIEDADE,
QUE TERÁ LUGAR EN SANTIAGO DE COMPOSTELA DO 31 DE XULLO AO 6 DE AGOSTO DE 2006
QUEDA OFICIALMENTE INAUGURADO COA APERTURA DAS CLOWNVOCATORIAS ARTÍSTICAS
TODOS E TODAS TEDES UN ESPACIO ARTÍSTICO ACAÍDO AOS VOSOS INTERESES.

INFÓRMATE E SÚMATE A ESTA VII EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CLOWN DE GALICIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
   Por sexto ano consecutivo convócase o Certame Intergaláctico para aquelas compañías de teatro que queiran presentar o seu traballo e ser valoradas polo público asistente, dentro da que xa é considerada como a maior plataforma do clown no noso país.

MODALIDADES

A) Interior

B) Rúa

CONDICIÓNS:

  • Recepción de solicitudes de participación ata o 5 de xullo de 2006.
  • Os espectáculos deben ter unha duración mínima de 30 minutos e unha máxima de 50 minutos.
  • A montaxe e probas do espectáculo deben durar como máximo 120 minutos.
  • Débese achegar a seguinte documentación:
    1.- Breve currículo da compañía.
    2.- Breve sinopse ou descrición do espectáculo.
    3.- IMPRESCINDIBLE VHS o DVD con imaxes do espectáculo.
    4.- 2 ou máis fotos (formato .jpg) do espectáculo.
    5.- Ficha técnica completa do espectáculo.
    6.- Datas nas que poderían estar no Festiclown 2006 (do 31 de xullo ao 6 de agosto).
    7.- Idioma, xénero artístico e duración do espectáculo e modalidade para que solicita (interior ou exterior).
    8.- Indicar se sería a estrea do espectáculo en Galicia.
    9.- Nome, teléfono e enderezo electrónico dunha persoa de contacto.
    CONTÍA DAS BOLSAS DE AXUDA

  • Unha dotación de 300 € por membro da compañía, ata un máximo de 800 € para compañías galegas.
  • Unha dotación de 500 € por membro da compañía, ata un máximo de 1.200 € para compañías de fóra de Galicia.


  • PREMIO

       As compañías gañadoras de cada unha das modalidades do Certame Intergaláctico, escollidas por votación popular, recibirán un premio que consiste na contratación dunha actuación con caché e datas pactadas co Excmo. Concello de Santiago de Compostela.

       Observación importante: as compañías participantes no Certame Intergaláctico non poderán presentar o espectáculo seleccionado noutra convocatoria artística do festival ata despois de telo representado no Certame.
       Pasar a gorra como un xeito máis de facer cultura, a rúa como outro escenario máis. No Festiclown ata as prazas son teatros invadidos polo clown, por iso, o Maraclown é un espacio aberto no que o artista e o público casual poderán comunicarse directamente.

    CONDICIÓNS:
  • Recepción de solicitudes de participación ata o 5 de xullo de 2006.
  • A duración máxima de cada espectáculo será de 60 min., incluíndo montaxe, convocatoria e desmontaxe.
  • Débese achegar a seguinte documentación:
  • 1.- Breve currículo da compañía.
    2.- Breve sinopse ou descrición do espectáculo.
    3.- Vídeo e fotos (formato .jpg) do espectáculo.
    4.- Número de pases que a compañía desexa facer por día.
    5.- Datas nas que poderían estar no Festiclown 2006 (do 31 ao 7 de agosto).
    6.- Idioma, xénero artístico e duración do espectáculo.
    7.- Indicar se sería a estrea do espectáculo en Galicia.
    SELECCIÓN:
  • Os/as alumnos/as que participen nos cursos de formación do Festiclown terán preferencia nos criterios de selección.


  •    Durante dúas noites do Festival haberá a altas horas un Clown-off nun local da cidade, onde as compañías ou os actores e actrices poderán presentar espectáculos que estean preparando ou teñan pouco rodados e precisen dunha presentación con público.

       Na sección Clown-off os artistas atoparán un marco incomparábel para unha estreita relación co público, combinado a experimentación coa profesionalidade. Un espazo singular para difundir e arroupar novos proxectos artísticos.

    CONDICIÓNS
  • Recepción de solicitudes de participación ata o 5 de xullo de 2006.
  • A participación realizarase coas condicións técnicas da sala.
  • Débese achegar a seguinte documentación:
  • 1.- Breve currículo da compañía.
    2.- Breve sinopse ou descrición do espectáculo.
    3.- Vídeo e fotos (formato .jpg) do espectáculo ou ensaios.
    4.- Idioma, xénero artístico e duración do espectáculo.
    5.- Indicar se sería a estrea do espectáculo en Galicia.
    DATOS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

       Enviar cartón de inscrición ben por correo tradicional ao: Apdo. 2036. 15780 de Santiago de Compostela, ben por enderezo electrónico ao: info@festiclown.org e/ou a través da web: www.festiclown.org, adxuntando sempre os documentos requeridos para cada convocatoria.
    Os participantes disporán dun Pavillón público para durmir os días das súas actuacions. A organización non aportará NINGUN MATERIAL para durmir,debendo traer os participantes saco, esterilla, manta ou aquelo que precisen. As persoas interesadas en solicitar unha praza deberán facelo cubrindo o formulario que aparece na web (dispoñible a partir do 10 de xuño).

    O 11 de xullo farase pública a través da web www.festiclown.org o listado de compañías seleccionadas para cada unha das Clownvocatorias, as cales deberán contactar coa organización antes do día 14 de xullo para pechar as cuestións técnicas e organizativas.
    No caso de non facelo dentro deste prazo pasarán a unha lista de agarda.
    Todos os artistas e compañías que sexan finalmente seleccionados en cada unha das convocatorias serán publicadas no xornal do festival Informaclown.
       PARA MÁIS INFORMACIÓN: telfs: 981 58 28 36
    e-mail: info@festiclown.org
    Código antispam
    Verificar código antispam

    Nome do espectáculo: Nome da compañía:
    Nome e apelidos dos membros: Persoa de contacto:
    Tel:       email: ¿Solicitas participar nalgún curso de Formaclown? en cal/cales
    Durmir no Pabellón:  
        [Certáme intergaláctico] InteriorRúa     [Maraclown]     [Clown-off]