Programa Formaclown Clownvocatorias artísticas Proxectos solidarios
Maraclown Actuaclowns Certame intergaláctico Fotos Prensa Contacto
Ligazons
Outras edicións
Galego Castellano English
Memorial Carlo Colombaioni
avisos


INFORMACIÓNS E ENDEREZOS DE INTERESE DO MUNDOCLOWN VIGO 2008: espazos dos cursos, como chegar, rueiro, aloxamentos...

Xa dispoñibles en www.culturactiva.org as listas definitivas de persoas inscritas nos cursos do Formaclown 2008.

Aínda quedan prazas libres para inscribirse nos cursos de Formaclown. Anímaste?

Xa dispoñible a programación do Mundoclown Vigo 2008 "Memorial Carlo Colombaioni" ¿¿Valo perder??

Descarga o documento de solicitude de aloxamento no pavillón para alumnado nos cursos de Formaclown, con información sobre o espazo e as condicións de aloxamento no mesmo


Tenencia de alcaldía do Concello de Vigo

Concellería de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo


Caixagalicia


Coper@ctiva


QUINTA CRÓNICA DE IVÁN PRADO DESDE CHIAPAS
O zapatismo atravesou a miña vida, fillo de rizoma e de metáfora

Hai trece anos un aspirante a teatreiro que se instalará en Madrid no seu primeiro exilio voluntario despois dun naufraxio radical no sindicalismo galego de pseudoclase chegou á realidade chiapaneca zapatista e indíxena. E fíxoo dobremente, porque así se chamaba a primeira comunidade que coñecín.
CUARTA CRÓNICA DE IVÁN PRADO DESDE CHIAPAS
2ª parte dunha viaxe sen levantarme da cadeira

Dedicado ás mulleres zapatistas de México, que baixo o meu prisma son as insurxentes, as violadas de Atenco, as presas de Oaxaca, as bases de apoio, as mulleres da rúa organizadas, as nenas Lupita e Toñita e, por suposto, todas as comandantes Hortensias do EZLN, entre outras…
Somos pueblo.

TERCEIRA CRÓNICA DE IVÁN PRADO DESDE CHIAPAS
Diapositivas dunha viaxe sen levantarme da cadeira

Dedicado ás compañeiras e compañeiros apaleados, gaseados e detidos inxustamente polas forzas do criminal gobernador de Oaxaca nunha concentración pacífica a favor das vítimas inocentes de Gaza e contra o xenocidio perpetrado sistematicamente por Israel.
SEGUNDA CRÓNICA DE IVÁN PRADO DESDE CHIAPAS
Desde Oventic

Oventic, o segundo caracol, é posiblemente o máis impactante de todos os centros neurálxicos do neozapatismo. Construido sobre unha lomba de radical pendente, tén unha chea de edidficacións rebeldes que se distribúen ao redor da estrada central -que leva desde a entrada principal ata o templete zapatista-, coma se dun enorme esquelete de balea se tratase. A casa da Xunta de bo goberno, a clínica, as cooperativas, a caseta de vixilancia, comedores populares, o auditorio…, en fin, un cento de lugares que, cando a néboa comeza a caer sobre esta zona dos altos de Chiapas onde os tzotziles gobernan desde antigo, adquiren unha condición realmente máxica, converténdose nun enorme navío a través de mares de brétema e misterio.
IVÁN PRADO REFLEXIONA EN CHIAPAS SOBRE O XENOCIDIO ISRAELÍ EN PALESTINA
Crónica Cero, ou a denuncia viva contra as mortes a mans dos “malgobernos”

Un día antes de saír de Barcelona dirección a Chiapas, agarro o xornal para gozar dun dominical almorzo na praza do Diamant. A portada xa non me deixa seguir: Israel, una vez máis, convértese na maquinaria de terror e xenocidio que nos recorda que a humanidade, como tal, segue en perigo. Dificilmente consigo contestar ao camareiro que me trae o café e non son quen de apartar a vista desa foto traumática. O número de mortos non é tan terrorífico como as declaracións do portavoz xudeo: “O peor está por vir”.
COMUNICANDO PARA MEDRAR
A Rede Estela presenta o seu portal representativo dun proxecto cultural consolidado

A páxina web de Estela que hoxe se presenta quere ser unha prolongación do traballo desta crecente rede de xestión cultural accesible á cidadanía. A promoción, difusión e, na suma, a información das actividades do proxecto e de cada un dos que a integran é o principal obxectivo deste portal. Con tres opcións idiomáticas, català, galega e española, este novo sitio web pretende chegar a todo o Estado para dar conta das súas accións e do seu modelo cultural.

CUARTA CRÓNICA DE IVÁN PRADO DENDE CARACAS
Pola ruta bolivariana

Nikki é un dos cadros desta revolución, home de circo cun amplo compromiso revolucionario, estudiante en Cuba, dinamizador dun dos barrios máis radicais e combativos de Caracas, e hoxe, como di él, "burócrata bolivariano do circo". Abandonando as súas tarefas como co-director deste festival, nos guía nunha experiencia única pola realidade venezolana
TERCEIRA CRÓNICA DE IVÁN PRADO DESDE VENEZUELA
Iván Prado actúa con Leo Bassi no festival de circo de Caracas

Actuar con Leo, diante de mil persoas, Ministro de Cultura incluído, na gala inaugural do Festival Internacional de Circo de Caracas xunto a varias ducias de pallasos, acróbatas, malabaristas e demais representantes do mundo circense, foi unha das experiencias artísticas máis potentes da miña vida.


SEGUNDA CRÓNICA DE IVÁN PRADO DESDE VENEZUELA
Os primeiros días

Traballar con Leo Bassi é unha das experiencias máis intensas da miña vida artística; o caudal de ideas e o estourido de creatividade é interminable. Chegamos á antiga praza de touros de Caracas hoxe rebautizada como Plaza nuevo circo, unha ficha máis do taboleiro politico entre a revolución bolivariana e as forzas opositoras.
PRIMEIRA CRÓNICA DE IVÁN PRADO DESDE VENEZUELA
Iván Prado reencóntrase con Leo Bassi de camiño a Caracas

Atopámonos na zona de embarque de Barajas e Leo chega acompañado da súa filla Liza. El pletórico, ela moi emocionada e eu nun estado de calma chicha. Semella que aínda non asumín que vou participar nunha aventura senlleira, das que a min me alimentan, o primeiro contacto do clown-bufón máis importante do noso tempo coa revolución bolivariana.
CON VARIAS REPRESENTACIÓNS
Éxito de Pallasos en Rebeldía no “Somriure per a Chiapas”

O colectivo galego Pallasos en Rebeldía xunto con Coperactiva Cultural e varios artistas do país participaron activamente na décima edición do “Somriure per a Chiapas” que se celebrou no municipio catalán de Pineda de Mar desde o 29 de outubro ao pasado 9 novembro. A dita asociación acudiu á cita representada polo seu director, Iván Prado, e por varios dos seus membros para sumarse a estes 10 anos de risas soliarias e apoio á causa zapatista.
COA PARTICIPACIÓN DE PALLASOS EN REBELDÍA
Chega unha nova edición do “Somriure per a Chiapas” a Pineda de Mar

O programa de actividades desta décima edición do “Somriure per a Chiapas”, organizado por “GONG per la defensa dels drets humans i dels pobles” caracterízase por unir actividades específicas para determinados sectores da población con outras para todos os públicos. Ademais, os dereitos humanos e a cooperación internacional son outros dos alicerces dunha proposta que procura a igualdade social a través de distintas expresións, coma a artística, a do riso ou a educativa, entre outras. Será en Pineda de Mar (Barcelona) do 29 de outubro ao 9 de novembro.
DE NOVO, ASASINATOS
Festiclown e Pallasos en Rebeldía denuncian o masacre contra campesiños en Chiapas

O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, e o colectivo galego Pallasos en Rebeldía, queremos denunciar o último masacre que a violencia militar do goberno mexicano deixou nas comunidades do Estado de Chiapas. Foron 6 campesiños mortos e 17 feridos o resultado dun novo episodio de violación dos dereitos humanos acontecido en territorio rebelde mexicano por efectivos do goberno.
XIII EDICIÓN, II PARTICIPACIÓN DA COMPAÑÍA GALEGA
“Os 7 Magníficos + 1” actuarán no Festival Internacional de Clown de Madrid

“Os Sete Magníficos + 1” actuarán no próximo Festival Internacional de Clown de Madrid co seu espectáculo “La salud es lo primero”. Durante os días 18 e 19 de setembro, a compañía oficial do Festiclown dará conta do humor máis hilarante arredor do mundo da medicina nesta peza protagonizada por Fran Rei e Pedro Brandariz.



Fran Rei e Pedro Brandariz nun momento da representación dirixida por Iván Prado
CLAUSURA DO FESTIVAL VIGUÉS
“Mundoclown toma as rúas, é alternativo e tén corazón”

En presente cualificou o director do festival, Iván Prado, esta edición ponte do Festiclown en Vigo. Se ben un feixe de valoracións positivas xorden logo de rematar o Mundoclown, o seu director quere expresar o que representa a cita co clown e a risa máis alá da programación. “Mundoclown toma as rúas, é alternativo e tén corazón”, afirmou. Ademais, o “éxito de asistencia e de calidade”, apunta, foron clave tamén neste festival.


Jango Edwards e Cristina García, xunto co resto de artistas participantes, no peche da Gala en Homenaxe a Carlo Colombaioni

Compañía gañadora do Certame Intergaláctico de Exterior 2008:
>> Peter Punk (Galiza), co espectáculo Peter Punk
ACTUACIÓN ESPECIAL NO MUNDOCLOWN
Jango Edwards ofrece o seu “Classics” este venres en Vigo

Venres 1 de agosto | 22.00 h | Auditorio do Concello
Entrada: 8 euros
NR menores de 14 anos
Idioma: Inglés/español
Duración: 90 minutos
Venda de entradas: Billeteira do Auditorio o día da actuación de 19.00 a 22.00 h.
Reserva de entradas: do luns 28 ao mércores 30 de xullo no teléfono 981 582 836 en horario de 10.00 a 14.30 e de 17 a 20.30


Aínda quedan prazas libres para te inscribires nos cursos de Formaclown

A escola de formación do Mundoclown aínda tén abertas as súas portas para aquelas persoas que desexen participar nalgún dos cinco cursos convocados. Son os que impartirán Philippe Gaulier, Jango Edwards, Claudia Contín, Blanca del Barrio e Antón Valén. Anímaste?
CLOWN, CIRCO, HUMOR E SOLIDARIEDADE
Unha programación de gran calidade completa o cartel do Mundoclown Vigo 2008

Preto de 20 compañías encherán de vida, ritmo, cor e humor ás rúas de Vigo durante o Mundoclown. Do 31 de xullo ao 3 de agosto, seccións do festival coma o Maraclown ou o Certame Internacional de Exterior van achegar á cidade unha coidada selección de espectáculos dos que poderán gozar públicos de todas as idades.

Calidade e variedade no cartel de Mundoclown 2008

Xa podes consultar as compañías que participarán nas Clownvocatorias do Mundoclown Vigo 2008 “Memorial Carlo Colombaioni”. Un total de 13 formarán parte do Maraclown e 5, no Certame Internacional de Exterior, completan o cartel, que destaca por unha excelente calidade e pola variedade de técnicas, espectáculos e procedencia de cada unha das compañías seleccionadas.
DE CARA A UN FESTICLOWN 2009
Vigo acollerá do 31 de xullo ao 3 de agosto a escola de clown máis importante de Europa co Mundoclown 2008

A cidade de Vigo volverá ser un referente no ámbito cultural e na formación artística grazas á celebración do Mundoclown 2008. Así o anunciou esta maña o concelleiro de Cultura, Xesús López, durante a presentación deste importante evento, na que estivo acompañado por Francisco Rei, da Cooperativa Cultural, e Yolanda Díaz, representante da Obra Social Caixa Galicia.
COA CELEBRACIÓN DE MUNDOCLOWN VIGO 2008 “MEMORIAL CARLO COLOMBAIONI”
A nave do Festiclown zarpa dirección Vigo2009

Este verán, os pallasos de todo o mundo fan a súa primeira parada técnica na cidade olívica no que será unha toma de contacto a través do festival Mundoclown camiño da edición Festiclown Vigo 2009. En Lembranza a Carlo Colombaioni “o mellor clown moderno do mundo”, segundo afirma o director artístico da proposta, Iván Prado, Vigo converterase, desde o 31 de xullo ao 3 de agosto, na escola do clown e o humor máis importante de Europa. Isto é así debido a que acolle a celebración do festival Mundoclown 2008 cun vendaval de humor e risas a esgalla, que invadirá as súas rúas.
DENTRO DO FESTIVAL MUNDOCLOWN MEMORIAL CARLO COLOMABIONI
Ven ao Formaclown 2008!

Aínda non tés claro o que facer en agosto?

Festiclown teno por ti!

A través do Mundoclown, o Festival Internacional de Clown de Galicia achega a Vigo, desde o 31 de xullo ao 3 de agosto, a mellor formación clown.

O festival Mundoclown levará a arte do circo a Vigo durante a primeira semana de agosto

Con distintas propostas, desde a formación a través do Formaclown, até ducias de actuacións en teatros e prazas da cidade serán moitas as risas e gargalladas que se poidan vivir na cidade olívica.

Mundoclown achega a Vigo a posibilidade de recibir formación teatral con cinco dos mellores mestres a nivel mundial

Philippe Gaulier, Jango Edwards, Claudia Contin Blanca del Barrio e Antón Valén impartirán obradoiros sobre distintos xeitos de traballar o clown durante os días 1 a 3 de agosto.
POR DECISIÓN DO CONCELLO
Compostela non será a sede do Festiclown 2008

O Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) non se celebrará en Compostela neste ano 2008. O que viña sendo lugar de encontro de milleiros de persoas arredor da risa e o teatro desde 2004 deixa de albergar o festival froito dunha decisión do Concello de Santiago.


Estela - Red de Festivales de magia y Clown
Fira Mágica de Santa Susanna

 

Páxina Amiga

 

Colabora


Programa Formaclown Clownvocatorias artísticas Proxectos solidarios Maraclown Actuaclowns Certame intergaláctico Fotos Prensa Contacto