DENTRO DO FESTIVAL MUNDOCLOWN
Ven ao Formaclown 2008!
Aínda non tés claro o que facer en agosto?
Festiclown teno por ti!
A través do Mundoclown, o Festival Internacional de Clown de Galicia achega a Vigo, desde o 31 de xullo ao 3 de agosto, a mellor formación clown.
|
UNHA REALIDADE SILENCIADA
Festiclown e Coperactiva Cultural denuncian o incremento da violencia en Chiapas
O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, e o equipo humano de Coperactiva Cultural, queremos denunciar o incremento da violencia militar do goberno mexicano nas comunidades zapatistas do Estado de Chiapas.
|
Cursos Firaclown con Johnny Melville e Nanny Cogorno
O Firaclown, a parte máis pallasa da Fira Màgica, volve con dous cursos formativos ademáis dun programa de actuacións do máis completo. Os días 21 e 22 de xuño celebraranse os talleres impartidos por Nanny Cogorno e Johnny Melville, para os que todavía podes inscribirte. Todo isto e máis no festival que posúe unha das propostas culturais e de ocio máis potentes da comarca do Maresme (Barcelona), a Fira Màgica de Santa Susana.
|
MAGICLOWN RÉNDELLE HOMENAXE
FINOU CARLO COLOMBAIONI
Un enorme e emotivo berro colectivo, “para chegar con el ao ceo” en palabras de Fran Rei foi un dos momentos máis especiais do Magiclown 2008. En recordo a un dos pallasos máis importantes a nivel internacional, Magiclown quixo expresar a súa vinculación co clown e con Carlo Colombaioni, quen finou o pasado xoves.
Nesta homenaxe, o grande artista italiano que traballou con outros mestres coma Federico Fellini e que tanto loitou por levar o clown aos escenarios de teatro foi recordado, como non podía ser doutro xeito, nunha carpa de circo e rodeado de artistas e público.
|
TRASPASANDO FRONTEIRAS
O festival Risactiva en imaxes
O festival Risactiva (Haría, Lanzarote) produciu risos e complicidade máis alá das datas marcadas para a súa celebración en abril de 2008. Algúns participantes envíannos este material audiovisual xunto cun sentimento de proximidade e amizade que traspasa fronteiras. Pincha aquí para ver o vídeo.
|
SOYAPOS EN BERELDÍA
Especial cas crónicas da última Caravana de Payasos en Rebeldía a Chiapas no portal Culturactiva
Xa podes acceder ao especial do portal culturactiva.org que xunta todas as crónicas que Lokonuk nos fixo chegar desde a V caravana solidaria a Chiapas posta en marcha por Pallasos en Rebeldía.
Ver especial Caravana a Chiapas 2008
|
SOYAPOS EN BERELDÍA
Terra liberada
Chegamos camiñando a Nuevo progreso, terra recuperada. Unha comunidade ás portas do grande centro turístico de Aguazul, un dos atractivos naturais destas terras. Aquí, nesta comunidade de puros compas, a organización respirase en cada momento, iso si, sempre acompañada do bo ambiente e as risas dos compas. O responsable da comunidade, de quen non direi o nome, recíbenos cun discurso de benvida e os compas regálannos comida e bebida. Ademais, os carteis zapatistas feitos á man sobre táboas están colgados por todos os lados.
|
SOYAPOS EN BERELDÍA
A festa coas amazonas zapatistas
Tres horas de duro camiño cheo de baches e pó.... Dunha comunidade a outra poden pasar moitas cousas: pódenos parar a federal e interrogarnos, pódenos invadir unha nube de pó e deixarnos como Copito de nieve, podémola pasar facendo pallasadas sen parar, facer do chan da redila a cama que non tivemos na comundiade...
|
SOYAPOS EN BERELDÍA
Crónica VI dos pallasos en rebeldía
Don Pancho é o patriarca da familia que nos acolle e tamén o iniciador da loita nesta comunidade. Non direi o nome da comunidade para salvagardar o anonimato. Nesta revolta sen rostro todas as identidades son parte do soño colectivo. Pode incluso que Don Pancho sexa o nome da clandestinidade.
|
SOYAPOS EN BERELDÍA
Crónica V dos pallasos en Rebeldía
Cada comunidade ten unha historia propia, cada loita ten un nome concreto. Hoxe actuamos nunha comunidade extraordinaria, onde os compas son na actualidade o 10% dos indíxenas que aquí viven.
|