|
Compañías gañadoras do Certame Intergaláctico Festiclown 2007 |
|
>> Certame Intergaláctico de Interior: LAS PESTAÑAS (Catalunya), co espectáculo Bienvenidos al Cielo
>> Certame Intergaláctico de Exterior: MALABREIKERS (Madrid), co espectáculo Malabreikers
|
Certame Intergaláctico 2007 |
| |
Un bo número de compañías galegas, do estado e do resto do mundo presentaron os seus espectáculos ao Certame Intergaláctico de Interior e de Rúa. Un ano máis o Festiclown resultou unha plataforma de atractivo tanto para numerosos grupos e compañías consgrados, como para o lanzamento de artistas cun grande potencial artístico.
Das compañías seleccionadas, será o público asistente aos espectáculos quen decida por votación popular cales sairán gañadoras en cada unha das modalidades do Certame: a de Exterior, que teará como escenario a Praza do Toural e a de Interior, que se celebrará no Teatro Principal. As escollidas, recibirán un premio consistente na contratación dunha actuación con caché e datas pactadas co Concello de Santiago de Compostela.
O domingo 5 de agosto, no transcurso da actuación de Magic Andreu no Teatro Principal, farase público o nome das compañías gañadoras do Certame Intergaláctico de Exterior e de Interior.
ENTRADA LIBRE E DE BALDE PARA TODOS OS PÚBLICOS ATA CUBRIR AFORO EN INTERIOR
Compañías seleccionadas Certame de Interior
Lucas Trapaza (Castela León)
La Tribu Imaginaria (Madrid)
Las Pestañas (Catalunya)
Síndrome Clown (Andalucía)
Compañías seleccionadas Certame de Exterior
Peter Punk (Galiza)
Picompé (Galiza)
Azulkillas (Euzkadi)
Malabreikers (Madrid)
Boni (Catalunya)
Chacovachi (Arxentina)
CERTAME INTERGALÁCTICO DE INTERIOR
La Destilería de Lucas Trapaza (Madrid), co seu espectáculo ONOFF
Mércores 1 de agosto 23.30 h
Tratro Principal
Xénero: clown
Duración: 60 minutos
Idioma: castelán
Para todos os públicos
Lucas, bautizado no teatro no seo dunha compañía profesional (Teatro del Norte, con Etelvino Vázquez), traballou tamén con Tramoya, Lavi e Bel, Mr.E productions, Zanguango, Clownfish... Estudia e vive o oficio de clown ao lado de mestres da talla de Carlo Colombaioni, Jango Edwards, Philippe Gaulier, Johnny Melville, Eric de Bont, Txortas, Oskar Gómez... Leva máis de 10 anos compaxinando o traballo en teatro, televisión e cine cunha labor pedagóxica que abarca varias vertentes da formación actoral, especialmente a comedia.
ONOFF é un show cómico visual. Linguaxe corporal de impacto que apunta directo ao mecanismo simple do humor cas ferramentas da pantomima e a onomatopeia entre outros delirios. Lucas, un clown nun escenario baleiro pero cheo de sustancia, debuxa na imaxinación do espectador distintos episodios que conteñen contradiccións pequenas e grandes do ser humano, xogos de contrarios. Sketches hilarantes cunha sucesión de gags plagados de inocencia non exentos de picardía e “mala leche”.
La Tribu Imaginaria (Madrid), co seu espectáculo La Orgía
Xoves 2 de agosto 23.30 h
Teatro Principal
Xénero: Bufón
Duración: 50 minutos
Idioma: castelán
A partir de 14 anos La tribu Imaginaria xurde en Chile como a posibilidade de unificar xente de distintas culturas e ideas. Posteriormente en Europa xurde dunha maniera moi natural na medida na que van xuntándose diversas persoas que vibran dunha maneira concreta, personas de distintas “tribus”, pero unidas por certas visións e alucinacións que os oráculos puxeron ante elas e lles permitieron ver camiños teatrais, de compromiso nas súas vidas para ir adiante e camiñar…
La orgía, do mestre Enrique Buenaventura (Ligado ao Teatro Experimental de Colombia) fala do delirio dunha anciana que reúne a uns mendigos nunha cea de disfraces que parodia aos poderosos da cidade. Unha cea que se celebra o día 30 de cada mes e no que se suceden situacións raras, histriónicas e bufonescas. Un teatro correspondiente ao mundo esperpéntico, á tragicomedia, para imaxinar o mundo ao revés…
Las Pestañas (Catalunya), co seu espectáculo Bienvenidos al Cielo
Venres 3 de agosto 23.30 h
Teatro Principal
Xénero: Clown
Duración: 60 minutos
Idioma: castelán
Para todos os públicos Pati Dubois e Cristi Garbo tiveron o seu primeiro encontronazo no 2004 como membros de The Fools Militia e son grandes enemigas desde entón. Presionadas por Clownfish (os seus coproductores) e por Jango Edwards (Director da Fools Militia), que exhaustos de probar infinitas opciones non vían a fin de tanto odio, aceptaron de mala gana traballar xuntas. Pronto, cada unha atopou o seu alter ego co que poder dar rienda suelta ás súas dotes artísticas, convertíndose en Zsa-Zsa Rina y Bou-Bou Bidú, Las Pestañas.
Completamente opostas, como a noite e o dia, o yin e o yan, a velocidade e o touciño, a súa colaboración foi un completo desastre desde o principio, ata o punto en que a noite da estrea unha delas matou á outra ao finalizar o primeiro sketch. Pum! Así, tal como sona... Ou así é como vagamente o recorda Madame L, unha extraordinaria testigo presencial dos supostos feitos, que nos conta desde lonxe a magnitude da traxedia, máis ou menos... en fin, mellor venno vostedes mesmos.
Espectáculo non recomendado para ser visto por ningún tipo de público serio
Síndrome Clown (Andalucía), co seu espectáculo La Prematura Muerte de un Viajante
Domingo 5 de agosto 20.00 h
Teatro Principal
Xénero: Clown
Duración: 60 minutos
Idioma: castelán
Para todos os públicos La Prematura Muerte de un Viajante pretende levar a cabo unha crítica social sobre temas tan actuais como a emigración, a burocracia, a búsqueda da fama, o progreso, a xustiza… co argumento da obra de Miller como fío conductor. Xa o dixo el nunha ocasión: “A arte debe servir para cambiar a sociedade”. E que mellor forma de cambiala que mediante un sorriso.
Para iso esta parella de clowns emprega unha linguaxe simple, directa, sen aristas e ás veces absurda, mais sobre todo sinxela de entender para calquera persoa. É a filosofía do grupo. A risa non é parcela de poucos, senón máis ben un dereito universal no que poñemos todo o noso empeño.
CERTAME INTERGALÁCTICO DE EXTERIOR
Chacovachi (Arxentina), co espectáculo Cuidado!!! Un Pallaso Malo puede Arruinar tu Vida
Mércores 1 de agosto 19.00 h
Praza do Toural
Xénero: Clown
Duración: 60 minutos
Idioma: castelán
Para todos os públicos
Chacovachi leva 25 anos como artista de rúa durante os que levou o seu humor a convencións e centos de cidades, pobos e aldeas do mundo, convertíndose nun referente indiscutible das sucesivas xeracións de artistas de rúa de Sudamérica e Europa.
Os malabares, a maxia, os equilibrios e a globoloxía son a excusa. Deus, a política, a morte, as drogas, o poder, a falsa modestia, o amor, os ideais e o conformismo son a razón para rir. A súa misión neste mundo é despertar almas desprevidas.
Cuidado!!! un Payaso Malo puede Arruinar tu Vida é un espectáculo que emociona, transforma e arde, cheo de risas, sorrisos e gargalladas, amosa un pallaso auténtico, rompendo con todos os códigos tradicionais dos clowns, na súa loita por entreter sen estupidizar e sobrevivir no intento.
Malabreikers (Madrid), co seu espectáculo Malabreikers
Mércores 1 de agosto 20.30 h
Praza do Toural
Xénero: Novo Circo
Duración: 50 minutos
Idioma: castelán
Para todos os públicos Beto e Tornillo presentan desde a periferia do extrarradio un espectáculo que no barrio teñen flipao ¿poderán triunfar tamén fora do barrio? Estos dous personaxes amosan durante 50 minutos o resultado de moitos anos de perder o tempo, o que máis lles gusta facer na vida.
Co break, os malabares e o reto do monociclo xigante alucinarán ao público infantil e adulto máis exisente. Malabreikers, comedia de rúa para todos os públicos. Malabarismo, acrobacia e humor con sabor a retro-break.
Con este espectáculo, Malabreikers foron gañadores do Premio “Off” do Festival de Valladolid 2006.
Boni (Catalunya), co seu espectáculo In Situ
Xoves 2 de agosto 20.30 h
Praza do Toural
Xénero: Malabares
Duración: 50 minutos
Idioma: castelán
Para todos os públicos Jordi Juanet - Boni - comezou a súa carreira profesional conxuntamente con Ramón Muñoz, Caroli, formando o dúo Boni & Caroli. No ano 2000, despois de presentar os seus espectáculos en numerosos países de Europa, América, Asia e África, se disolveu para seguir a súa traxectoria por separado. Xunto con A Familia Ramírez creou o espectáculo “Tres mejor que dos”.
¿Como pode unha personaxe atopar, con música, malabares e monociclos como ingredientes, a complicidade do público? ¿Como pode un manipulador de artefactos con rodas acercarse ao seu desexo de ser unha estrela da música? Pois co humor e os soños, combustibles básicos da vida e ferramentas de traballo de Boni en “In Situ”. Este é o primeiro espectáculo como solista, creado a partir dunha recopilación de anécdotas e experiencias acumuladas durante a súa carreira profesional, primeiro con Boni & Caroli e despois ca Familia Ramírez.
Peter Punk (Galiza), co seu espectáculo Peter Punk
Venres 3 de agosto 19.00 h
Praza do Toural
Xénero: Malabares
Duración: 60 minutos
Idioma: galego
Para todos os públicos
Isaac Rodríguez Miranda é a identidade secreta de Peter Punk, personaxe imaxinaria vida do país de Nunca Máis, un xove malabarista vigués que representa como poucos á nova escola popular de malabaristas e artistas de rúa e de novo circo que se ven desenvolvendo en Galicia nos últimos anos.
Chungo, chungo que te cagas é a frase máxica deste espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade mesturase coa habilidade na procura da gargallada do público.
Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten) amosaranos a súa destreza con bolas, mazas, aros,…, fará incribles figuras de globoflexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor…
Picompé (Galiza), co seu espectáculo O Kásting
Venres 3 de agosto 20.30 h
Praza do Toural
Xénero: Malabares
Duración: 60 minutos
Idioma: galego
Para todos os públicos
Picompé son unha veterana compañía de malabares e novo circo formada por Xavi Picos e Pepablo. Xuntos levan máis de dez anos percorrendo as vilas e cidades de Galicia cos seus divertidos espectáculos, entre os que poderiamos nomear O Kasting, O Cabaleiro e a Dragoa ou Os Bañistas, a medio camiño entre o circo e o teatro de rúa, buscando sempre a participación do público e co seu particular humor como tarxeta de presentación.
Unha improvisada carpa e unha lona sobre o chan anuncian a chegada dun novo circo á vila. Os dous malabaristas están a piques de comezar a función, pero non sempre as cousas saen tan ben como se agarda... Un espectáculo para toda a familia, a cargo do dúo de artistas con ganas de xogar. Xogar nun escenario, xogar na rúa, xogar no día a día e, sobre de todo, buscar a complicidade do público.
Azulkillas (Asturias-Euzkadi), co seu espectáculo Historias dun Baúl
Sábado 4 de agosto 19.00 h
Praza do Toural
Xénero: Circo- Teatro
Duración: 40 minutos
Idioma: castelán
Para todos os públicos
Azulkillas son unha compañía de técnicas aéreas de circo Astur Vasca composta por Gloria Peón e Maider Yabar. Despois de formarse de maneira conxunta nas Escolas de Circo de Río de Janeiro e a Habana, crearon en 2004 a súa propia compañía, coa que levan posto en marcha tres espectáculos. A súa filosofía básase na investigación e formación continuas para mellorar os seus espectáculos.
Nun vello baúl esquencido nun desván dúas bonetas comezan a espertar despois de moitos anos dormidas dentro del. Están torpes e oxidadas pero a medidad que van espertando e voltando a abrir os ollos, as súas ansias por xogar son tan grandes que comezan a descubrir todos os xogos do pasado, convidando así ao público a pasar unha divertida e interesante tarde de xogos, coas súas destrezas no aire, coas súas parodias no chan.
|
|
|