» galego » castellano » english
| AVISOS |
| CONFIRMADAS AS ACTUACIÓNS DE LEO BASSI E PEPE VIYUELA NO FESTICLOWN 2010! |
|
Pincha aquí para ver os cursos convocados para este ano
Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario
LISTAS DE ADMITIDOS/AS NOS CURSOS DO FESTICLOWN 2006
a. Curso de Clown para Profesionais. Jango Edwards e Peter Ercolano
b. Curso en Busca da Nosa Identidade Cómica. Leo Bassi
c. Curso de Introducción a la Commedia dell Arte. Carlo Boso
d. A Arte del Mimo según Marcel Marceau e outras formas do Teatro Xestual. Blanca del Barrio
f. Técnicas de Improvisación. Loco Brusca
g. Curso de Iniciación ao Clown. Jesús Jara
Curso de Iniciación ó Clown 2. Jesús Jara (5 e 6 de agosto)
h. Curso de Improvisación. Pablo Pudnik
i. Curso de Iniciación al Pallaso de Hospital. Sergio Claramunt
j. Curso de Acrobacia Cómica para Acróbatas Estrelados. Pablo Trasno
k. Curso de Risoterapia. Ángel Sánchez
INSCRICIÓN E PAGAMENTO
Para facer a inscrición nos cursos do Festiclown 2006 seguir con atención os pasos indicados neste apartado.
A preinscrición para os cursos do Festiclown 2006 realizarase exclusivamente a través das páxinas web www.festiclown.org e www.republicaclown.org, nos formularios de inscrición correspondentes, ou no número de teléfono 981 582 836, previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso.
A inscrición nos mesmos será por estricta orde de ingreso bancario.
O prazo de preinscrición remata o 28 de xuño de 2006. As persoas que desexen facer unha preinscrición despois desta data deberán pórse en contacto coa organización do festival no número de teléfono 981 582 836 ou a través do enderezo electrónico info@festiclown.org.
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
1. Unha vez seleccionados os cursos que se desexan facer, ingresar como mínimo o 50 % do importe total dos cursos solicitados no número de conta de Caixa Nova 2080 0480 13 0040111416 ata o 28 de xuño de 2006, indicando o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante do/s mesmo/s.
Observación: para transferencias internacionais
CÓDIGO SWIFT: ES70.2080.0480.1300.4011.1416
CÓDIGO BIC: CAVIES2V
2. Enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante.
3. Cubrir e enviar o formulario de inscrición completando todos os campos e especificando os cursos que se desexan realizar (máximo 3) ata o 28 de xuño de 2006. As persoas solicitantes faranse cargo da compatibilidade horaria dos cursos solicitados.
4. O 3 de xullo de 2006 publicarase en www.republicaclown.org e www.culturactiva.org as listas de persoas preinscritas en cada curso.
No caso de que se exceda o número máximo de alumnos/as nalgún dos cursos, o/a alumna/o entrará directamente en lista de agarda. Se finalmente non puidese entrar no curso solicitado, a organización do festival porase en contacto coa/s persoa/s sen praza para a devolución do importe ingresado.
5. As persoas preinscritas en cada curso deberán ingresar o importe restante no mesmo número de conta ata o 20 de xullo de 2006, e igualmente deberán enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de novo que figura o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante.
As persoas preinscritas en cada curso, unha vez realizado o segundo ingreso, terá a súa praza asegurada automaticamente, confirmándose así definitivamente a súa inscrición.
6. O 24 de xullo faranse públicas, a través de www.republicaclown.org e www.culturactiva.org as listas definitivas de persoas admitidas en cada curso, así como as prazas baleiras en cada un deles.
A organización do Festiclown poderá aprazar ou suspender aqueles cursos nos que non se cubran as prazas mínimas necesarias.
DEVOLUCIÓN DO DIÑEIRO INGRESADO
Aquelas persoas que, unha vez feito o primeiro ingreso, queiran darse de baixa, deberán comunicalo á organización no número de teléfono 981 582 836, antes do 5 de xullo de 2006, para que lles sexa devolto integramente o importe ingresado.
No caso de non poder asistir ao/s curso/s despois de teren realizado o segundo ingreso, só se devolverá o importe no caso de que a praza sexa cuberta por outra persoa ou se acrediten causas de forza maior.
OÍNTES
Para participar como oínte nos cursos que así o admiten, seguir o mesmo procedemento de preinscrición indicando no ingreso a opción de oínte.
Os/as oíntes terán que abonar o 50 % do custe do curso, non podendo participar activamente no mesmo, nin interromper ou molestar ás persoas participantes.
En todo caso, as prazas de oínte só se farán efectivas cando se cubran todas as prazas do/s curso/s correspondente.
ALOXAMENTO DE BALDE
A organización do Festiclown 2006 pon a disposición dos/as participantes nalgún destes cursos un pavillón polideportivo, con servizos de ducha e wc, para durmir durante as xornadas do/s curso/s solicitados.
Pincha aquí se queres aloxarte no pavillón
Os medios de comunicación poderán ter acceso controlado aos cursos.
Recomendase a todas as persoas participantes nestes cursos vestir roupa e calzado cómodo.
Imprescindible puntualidade.
Informarase a través da páxina web do festival www.festiclown.org dos espazos onde se realizarán os cursos.
Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario
|
|
|