|
GALA POLA LIBERTADE DE EXPRESIÓN. En apoio a Leo Bassi e ao Teatro Alfil O Festiclown, coa colaboración da sala Yago e a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Santiago de Compostela e o apoio da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia e da Asociación Galega de Axuda ao Pobo Saharauí, organiza un acto de repulsa aos ataques fascistas que Leo Bassi e o teatro Alfil están a padecer. |
|
Compostela capital europea da peregrinaclown Tras sete días de desclowntrol nas rúas, o barco pirata do FestiClown disponse a atracar no porto, trala maior campaña de captura de risas e gargalladas da historia recente de Galicia. Agora teremos que esperan doce meses antes de que a tripulación clown volva a soltar amarras e surcar o mar da diversión comprometida e irreverente. ![]() Concentracion pola liberdade: Iván Prado cos nen@s saharauis ![]() The Three Brothers of Santiago (Jango Edwards, Iván Prado e Peter Ercolano) Compañías gañadoras do Certame Intergaláctico 2005 >> Certame de interior: CARLO MÔ (Cataluña), co espectáculo: Mal Parto Me Raya. >> Certame de exterior: JAVI JAVICHI, EL MALABARISTA DE LA PISTA (Madrid), co espectáculo: Velo como el Rayo |