Programa
Formaclown
Clownvocatorias artísticas
Proxectos Solidarios
Maraclown
Clown-Off
Certame intergalactico
Fotos
Contacto
Prensa

L I S T A S   D E   A D M I T I D O S
» A- LEO BASSI
Alumn@s admitidos:

Diana Mera
Francisco Lindon
Verónica Serrada Rico
Vanesa Rivas Maceiras
Serxio Pazos
Demeautis Berenguere
Darío Sarria
Rita Lopes Fernandes
Mariam Sande
Raquel Imaz Quijera
Javier Jiménez
Pablo Ces Riobó
Josu Florentino
Laura López Rey
Nuria Lope
Marta Pérez Alonso
Isabel Marco
Eva Pilarte
Chus Vilarrubia
Francis Monferrer
Javier Prieto
José Ricardo Paredes
Germán Gundín
Descoñecido
Pepo Rueda
Patricia Habchi
Victoriano Cajaraville


Oíntes:

Xosé Lueiro Lemos
Merce Cando Soler
Alba Pazos Gómez
Álex Weibel
Sara Casanova
Sergio Danieri Martínez
Jorge Pacheco
Roberto Fernández
Artur Trillo
Toño Casais



» B- JANGO EDWARS E PETER ERCOLANO
» C- TOM GREDER
» D- BLANCA DEL BARRIO
» E- ÁLEX NAVARRO E CAROLINE DREAM
» F- CÁNDIDO PAZÓ
» G- NANNY COGORNO
» H- JÖNS PAPPILA
» I- PABLO MUÑOZ
» J- ÁNGEL SÁNCHEZ

Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario


Estos son os cursos convocados para este ano:

Na busca da nosa identidade cómica
» Impartido por Leo Bassi
» Duración: 12 horas. Do 2 ao 4 de agosto, de 10.00 a 14.00 h
» Máximo 25 alumnos/as
» Prezo: 100 €
» Idioma: castelán
» Oíntes: ata 10
Curso de Clown
» Impartido por Jango Edwards e Peter Ercolano
» Duración: 16 horas. Do 1 ao 4 de agosto, de 16.00 a 20.00 h
» Máximo 25 alumnos/as
» Prezo: 100 €
» Idioma: inglés, italiano e castelán
» Oíntes: ata 10
Performance Workshop para Clowns
» Impartido por Tom Greder
» Duración: 16 horas. 3 e 4 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas, e 5 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas
» Máximo 20 alumnos/ as
» Prezo: 100 €
» Idioma: inglés (con tradutor)
» Oíntes: ata 5
O Mimo: Materia Prima
» Impartido por Blanca del Barrio (Asistente de Marcel Marceau)
» Duración: 17 horas. 5 de agosto, de 16.00 a 19.00 horas, e 6 e 7 de agosto, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas
» Máximo 20 alumnos/ as
» Prezo: 100 €
» Idioma: castelán
» Oíntes: non
Non Actúes como un Pallaso, Se un Pallaso
» Impartido por Alex Navarro e Caroline Dream
» Duración: 16 horas. 6 e 7 de agosto, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
» Máximo 20 alumn@s
» Prezo: 80 €
» Idioma: castelán
» Oíntes: non
Curso de Monólogos Cómicos
» Impartido por Cándido Pazó
» Duración: 16 horas. Do 1 ao 4 de agosto, de 16.00 a 20.00 horas
» Máximo 20 alumn@s
» Prezo: 60 €
» Idioma: castelán
» Oíntes: non
O Clown e a Rúa
» Impartido por Nanny Cogorno
» Duración: 16 horas. Do 2 ao 5 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas
» Máximo 20 alumn@s
» Prezo: 60 €
» Idioma: castelán
» Oíntes: non
Curso de Maxia Cómica
» Impartido por Pablo Muñoz
» Duración: 20 horas. Do 1 ao 5 de agosto, de 16.00 a 20.00 horas
» Máximo 20 alumn@s
» Prezo: 80 €
» Idioma: castelán
» Oíntes: non
Curso de Iniciación ao Clown
» Impartido por Jöns Pappila
» Duración: 20 horas. Do 1 ao 5 de agosto, de 16.00 a 20.00 horas
» Máximo 20 alumn@s
» Prezo: 80 €
» Idioma: castelán
» Oíntes: non
Curso de Risoterapia e Ioga da Risa
» Impartido por Ángel Sánchez
» Duración: 20 horas (5 sesións de 4 horas) Do 1 ao 5 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas.
» Máximo 20 alumnos/ as
» Prezo: 20 € / sesión. 80 € / curso completo
» Idioma: castelán
» Oíntes: non

INSCRICIÓN E PAGAMENTO

Para facer a inscrición nos cursos do Festiclown 2005 seguir con atención os pasos indicados no apartado PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN.

A preinscrición para os cursos do Festiclown 2005 realizarase exclusivamente a través da páxina web do festival www.festiclown.org ou no número de teléfono 981 582 836, previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso.

É imprescindible indicar o nome e apelidos da persoa solicitante e o/s nome/s do/s curso/s.

A inscrición nos mesmos será por estrita orde de ingreso bancario.

O prazo de preinscrición termina o 7 de xullo de 2005. As persoas que desexen facer unha preinscrición despois desta data deberán pórse en contacto coa organización do festival no número de teléfono 981 582 836 ou a través do enderezo electrónico festiclown@festiclown.org.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

1.- Cubrir e enviar o formulario de inscrición completando todos os campos e especificando os cursos que se desexan realizar (máximo 3) ata o 7 de xullo de 2005. As persoas solicitantes faranse cargo da compatibilidade horaria dos cursos solicitados.

2.- Ingresar como mínimo o 50 % do importe total dos cursos solicitados no número de conta de Caixa Nova 2080.0480.13.004011.1416 ata o 7 de xullo de 2005, indicando o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante do/s mesmo/s.

Pincha aquí para transferencias internacionais

3.- Enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante.

4.- O 11 de xullo publicarase a través da páxina web do festival www.festiclown.org as listas de persoas preinscritas en cada curso.

No caso de que se exceda o número máximo de alumnos/as nalgún dos cursos, o/a alumna/o entrará directamente en lista de espera. Se finalmente non puidese entrar no curso a organización do festival porase en contacto coa/s persoa/s sen praza reservada para a devolución do importe ingresado.

5.- As persoas preinscritas en cada curso deberán ingresar o importe restante no mesmo número de conta ata o 20 de xullo de 2005 e igualmente deberán enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de novo que figura o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante.

6.- As persoas preinscritas en cada curso, unha vez realizado o segundo ingreso, terá a súa praza asegurada automaticamente, confirmándose así a súa inscrición.

7.- O 24 de xullo faranse públicas a través da web do festival www.festiclown.org as listas definitivas de persoas admitidas en cada curso, así como as prazas baleiras en cada un deles.

A organización do Festiclown poderá aprazar ou suspender aqueles cursos nos que non se cubran as prazas mínimas necesarias.

DEVOLUCIÓN DO DIÑEIRO INGRESADO

Aquelas persoas que, unha vez feito o primeiro ingreso, queiran darse de baixa, deberán comunicalo á organización no número de teléfono 981 582 836 antes do 12 de xullo para que lles sexa devolto integramente o importe ingresado.

No caso de non poder asistir ao/s curso/s despois de teren realizado o segundo ingreso, só se devolverá o importe no caso de que a praza sexa cuberta por outra persoa ou se acrediten causas de forza maior.

OÍNTES

Para participar como oínte nos cursos que o admiten, seguir o mesmo procedemento de preinscrición indicando no ingreso a opción de oínte.

Os/as oíntes terán que abonar o 50 % do custe do curso, non podendo participar activamente no mesmo, nin interromper ou molestar ás persoas participantes.

En todo caso, as prazas de oínte só se farán efectivas cando se cubran todas as prazas do/s curso/s correspondente.

PAVILLÓN PÚBLICO
Os participantes disporán dun Pavillón público para durmir durante os días que dure o/os cursos. A organización non aportará NINGUN MATERIAL para durmir,debendo traer os participantes saco, esterilla, manta ou aquelo que precisen . As persoas interesadas en solicitar unha praza deberán facelo cubrindo o formulario que aparece na web.
» Pincha aqui para o aloxamento no Pavillon

MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Os medios de comunicación poderán ter acceso controlado aos cursos.

Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario