Programa
Formaclown
Clownvocatorias artísticas
Proxectos Solidarios
Maraclown
Clown-Off
Certame intergalactico
Fotos
Contacto
Prensa

Jango Edwards e Peter Ercolano

Jango Edwards, recoñecido internacionalmente como un dos mellores clowns do mundo, e Peter Ercolano, estreito colaborador de Jango nos últimos anos, tanto nos seus shows como nos seus cursos, preséntannos a súa particular visión do clown.

Para eles, o clown, en esencia pura, é unha combinación de inocencia e madurez e consideran que na combinación exacta destas dúas calidades é onde as persoas deben descubrir e desenvolver o seu clown persoal.

Así, a través de diversos xogos, actividades físicas, demostracións, improvisacións e performances, cada quen deberá descubrir a súa particularidade cómica, con doses de inocencia e lóxica, ingredientes fundamentais da fórmula clown destes mestres.