|
O FESTICLOWN 2005 XA ESTÁ AQUÍ. COMEZA A FESTA DA RISA, DO CLOWN, DA PARTICIPACIÓN E A SOLIDARIEDADE, QUE TERÁ LUGAR EN SANTIAGO DE COMPOSTELA DO 1 AO 7 DE AGOSTO DE 2005 QUEDA OFICIALMENTE INAUGURADO COA APERTURA DAS CLOWNVOCATORIAS ARTÍSTICAS TODOS E TODAS TEDES UN ESPACIO ARTÍSTICO ACAÍDO AOS VOSOS INTERESES. INFÓRMATE E SÚMATE A ESTA II EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CLOWN DE GALICIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA |
|
|
Por quinto ano consecutivo convócase o Certame Intergaláctico para aquelas compañías de teatro que queiran presentar o seu traballo e ser valoradas polo público asistente, dentro da que xa é considerada como a maior plataforma do clown no noso país.
MODALIDADES A) Interior B) Rúa CONDICIÓNS: 1.- Breve currículo da compañía.CONTÍA DAS BOLSAS DE AXUDA PREMIO As compañías gañadoras de cada unha das modalidades do Certame Intergaláctico, escollidas por votación popular, recibirán un premio que consiste na contratación dunha actuación con caché e datas pactadas co Excmo. Concello de Santiago de Compostela. Observación importante: as compañías participantes no Certame Intergaláctico non poderán presentar o espectáculo seleccionado noutra convocatoria artística do festival ata despois de telo representado no Certame. |
Pasar a gorra como un xeito máis de facer cultura, a rúa como outro escenario máis. No Festiclown ata as prazas son teatros invadidos polo clown, por iso, o Maraclown é un espacio aberto no que o artista e o público casual poderán comunicarse directamente.
CONDICIÓNS: 1.- Breve currículo da compañía.SELECCIÓN: |
|
Durante dúas noites do Festival haberá a altas horas un Clown-off nun local da cidade, onde as compañías ou os actores e actrices poderán presentar espectáculos que estean preparando ou teñan pouco rodados e precisen dunha presentación con público.
Na sección Clown-off os artistas atoparán un marco incomparábel para unha estreita relación co público, combinado a experimentación coa profesionalidade. Un espazo singular para difundir e arroupar novos proxectos artísticos. CONDICIÓNS 1.- Breve currículo da compañía. |
|
![]() |
DATOS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Enviar cartón de inscrición ben por correo tradicional ao: Apdo. 2036. 15703 de Santiago de Compostela, ben por enderezo electrónico ao: festiclown@festiclown.org e/ou a través da web: www.festiclown.org, adxuntando sempre os documentos requeridos para cada convocatoria. |
|
» Pincha aqui para o aloxamento no Pavillon |
O 11 de xullo farase pública a través da web www.festiclown.org o listado de compañías seleccionadas para cada unha das Clownvocatorias, as cales deberán contactar coa organización antes do día 14 de xullo para pechar as cuestións técnicas e organizativas.
No caso de non facelo dentro deste prazo pasarán a unha lista de agarda. Todos os artistas e compañías que sexan finalmente seleccionados en cada unha das convocatorias serán publicadas no xornal do festival Informaclown. PARA MÁIS INFORMACIÓN: telfs: 981 58 28 36
e-mail: festiclown@festiclown.org |
|
|
|