Programa
Formaclown
Clownvocatorias artísticas
Proxecto Solidario
Maraclown
Clown-Off
Certame intergalactico
Fotos
Contacto
Prensa
XIV CRÓNICA. 14 DE XANEIRO: ROBERTO BARRIOS PLATAFORMA DE LANZAMENTO



Margarita,a nosa maleta vermella, protagonista de mil aventuras polos carreiros selváticos de Chiapas, vai ben chea de cousas de teatro e feridas da guerra dos pallasos de Galicia, pero os nosos corazóns van cheos dunha sustancia altamente nuclear. A motivación rebelde que deixou en nós a última xuntanza que fixemos coa Xunta do Bon Goberno e o Comité Clandestino Revolucionario Indíxena fixo masa coa ilusión que nos floreceu tras 15 días de convivencia nas comunidades en resitencia, e acabou sintentizándose de xeito explosivo coa esperanza terca e inflexible de que outro mundo é posible, facendo de Roberto Barrios unha plataforma espacial e da nosa xira unha viaxe sen retorno.

O camiño da resistencia prendeu en nós e dende xa quedou constituido o grupo dos “Pallasos en Rebeldía”: Organización para a difusión dos valores revolucionarios desde o Clown.

O Discuso político e tenro que os sete encarapuchados verqueron na asemblea anticapitalista que tivo lugar na Casa do Bon Goberno (e que só nos tiña a nós como depositarios da sua palabra) foi un encontro entre Emiliano Zapata, Carlos Castaneda e os barbudos do Moncada.

Ademais de agradecernos o noso traballo, e de aprobar a nosa proposta de crear unha escola de Pallasos Zapatista no V Caracol “que Fala para Todos”, os Comandantes deron boa conta dos proxectos que actualmente están a cimentar a Autonomia Indixena: A Saúde e a Educación, cun modelo de autoxestion e ideario revolucionario sen parangón na historia dos movementos indíxenas en America Latina.

Volveremos para setembro, pero en realidade non marchamos, non sabemos como marchar, como se abandona a utopía que camiña, como desprenderse de tantas caras e tantos ollos que alumean un novo mundo desde a dignidade e o compromiso, quen pode deixar Chiapas se xogou con Pascual, coñeceu a Landi, falou con Don Xaime, acompañou a Cristóbal, perdeu a voleibol cos maias e comeu frijoles cos insurxentes que levan 25 anos de loita armada no lume e a verdade.

Subiremos ao avion, pero non marcharemos, xa non, desta volta faremos
camiño conxunto, ainda que pisemos o chan de terra distintas.

Compartimos o mesmo latir da historia, aquela que medra dende abaixo para derrubar os poderosos e abrir as novas avenidas.

Non imos perder, non podemos perder, como imos perder se somos un exército de soñadores.