O FESTICLOWN 2004 XA ESTÁ AQUÍ. COMEZA A FESTA DA RISA , DO CLOWN, DA PARTICIPACIÓN E A SOLIDARIEDADE QUE SE
CELEBRARÁ EN SANTIAGO DE COMPOSTELA DO 2 AO 8 DE AGOSTO DE 2004
QUEDA OFICIALMENTE INAUGURADO COA APERTURA DAS CLOWNVOCATORIAS ARTÍSTICAS TODOS E TODAS TEDES UN ESPACIO ARTÍSTICO ACAÍDO AOS VOSOS INTERESES.
INFÓRMATE E SÚMATE A ESTA 4ª EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CLOWN DE GALICIA.
   Por cuarto ano consecutivo convócase o Certame para aquelas compañías de teatro que queiran presentar o seu traballo e ser valoradas polo público asistente, dentro da que xa é considerada como a maior plataforma do clown no noso país.

MODALIDADES:

A) Interior           B) Rúa

CONDICIÓNS:

  • Os espectáculos deben ter unha duración mínima de 30 minutos e unha máxima de 50 minutos.
  • A montaxe e probas do espectáculo deben durar como máximo 120 minutos.
  • Envío de solicitudes ata o 5 de xullo.
  • Débese adxuntar descrición do espectáculo, vídeo e fícha ténica.
  • Para Certame de Interior: Escoller entre luns, martes ou mércores para actuar.
  • Para Certame de Exterior: Escoller entre mércores, xoves, venres, sábado ou domingo para actuar.
  • Estas preferencias tanto para unha modalidade como para outra serán tomadas en conta pola organización, pero sen carácter vinculante.

    PUBLICACIÓN DA SELECCIÓN:

       A partir do 9 de xullo faráse pública a través da web o listado de compañías e artistas seleccionadas, as cales deberán contactar coa organización antes do día 14 de xullo para pechar as cuestións técnicas.
    No caso de non facelo pasarán a unha lista de espera.

    AMPLÍASE A CONTÍA DAS BOLSAS DE AXUDA

  • Unha dotación de 300 € por actor / actriz e un máximo de 700 € para compañías galegas.
  • Unha dotación de 450 € por actor / actriz e un máximo de 1.000 € para compañías de fóra de Galicia.

    PREMIO:

  • Os gañadores de cada unha das modalidades do Certame, escollidos por votación popular, recibirán un premio que consiste na contratación dunha actuación con caché e datas pactadas co Concello de Santiago de Compostela.

  •    Pasar a gorra como un xeito máis de facer cultura, a rúa como outro escenario máis. No festiclown ata as prazas son teatros invadidos polo clown, por iso, o Maraclown é un espacio aberto no que o artista e o público casual poderán comunicarse directamente.

    CONDICIÓNS:
  • Envío de solicitude de participación ata o 5 de xullo.
  • Axuntar descrición do espectáculo e a duración do mesmo.
  • As compañías que participen no Certame de Interior ou de Rúa non poderán presentar o mesmo espectáculo no Apartado de Maraclown ata despois de representalo no Certame.
    Quedan exentos desta indicación calquera dos outros espectáculos da Compañía que non formen parte da programación do Certame.

    SELECCIÓN:
  • Os/as alumnos/as que participen nos cursos de formación do Festiclown terán preferencia nos criterios de selección.
  •    Durante dúas noites do Festival celebrarase a altas horas un Clown-off nun local nocturno, onde as compañías ou os actores e actrices poderán presentar espectáculos que estean preparando e precisen dunha presentación con público.

       Na Clown-off os artistas atoparán un marco incomparable para unha estreita relación co público, combinado a experimentación coa profesionalidade. Un espacio singular para difundir e arroupar novos proxectos artísticos.

    CONDICIÓNS:
  • Envío de solicitude de participación ata o 5 de xullo.
  • Débese adxuntar descrición do espectáculo e vídeo.
  • A participación realizarase coas condicións técnicas da sala.
  • DATOS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
    - Enviar cartón de inscrición ben por correo tradicional ao: Apdo. 2036. 15780. Santiago de Compostela, ben por e-mail ao: festiclown@festiclown.org e/ou a través da web: www.festiclown.org
    - Adxuntando sempre os documentos requeridos para cada convocatoria.
    Co gallo de organizar unha "Exposiclown" e Videoinstalaclowns convidamos a todas as persoas interesadas que envien material gráfico ou audiovisual relacionado co clown. Apdo.2036. Cp. 15780 Santiago de Compostela ata o 30 de xullo.
    O material presentado seralle devolto aos donos/as (no caso de que así o soliciten) ou ficará como fondo do Festiclown.
       Todos os artistas e compañías que sexan finalmente seleccionados en cada unha das convocatorias serán publicadas no Xornal Informaclown e con anterioridade, desde o 14 de xullo, na web: www.festiclown.org e no portal www.culturactiva.org

    Os participantes das clownvocatorias terán acceso a un recinto feiral para pasar as noites das súas actuacións. Para iso deben cubrir un formulario que aparece na web www.festiclown.org
    Todos e todas as que se beneficien deste recinto deben vir provistos de esterilla e saco de durmir.
       PARA MÁIS INFORMACIÓN: telfs: 981 58 28 36
    e-mail: festiclown@festiclown.org
    Nome do espectáculo: Nome da compañía:
    Nome e apelidos dos membros: Persoa de contacto:
    Teléfono:          email:   
    Durmir no Pabellón:   
        [Certáme intergaláctico] InteriorRúa     [Maraclown]     [Clown-off]