Mundoclown
Formaclown
Clownvocatorias artísticas
Compañías convidadas
Maraclown
Clown-Off
Certame intergalactico
Fotos
Contacto
Prensa


 Certame de Interior

Teatro Principal
22.00 h (Luns, Martes, Xoves, Venres e Sábado)
23.30 h (Mércores)


La Fortalesa (cascai teatro) con "L'home incomplet" (Catalunya)
- Castelán / Monólogo Humorístico
- 70 minutos

Un particular personaxe presentarase no teatro principal, que ten a necesidade de contar o que lle pasa, buscando a complicidade do público, contando historias da vida mesma, historias en boca dun home incompleto como todo o mundo.

Tony Clifton Circus con "Rubbish Rabbit" (Italia)
- Castelán-italiano / Clown
- 45 minutos

Concebido segundo a súa idea de que o clown non é un oso de peluche, senón que é tolo, libre... co seu espectáculo buscan transformar ao mundo: os consumidores tensionados, a teledependencia, tomando como modelos excepcionais aos cativos: "facer o que lles sae da cabeza sen preocuparse porqué".

El Tuli con "El Tuli" (Madrid)
- Teatro Cómico xestual
- 60 minutos

Un espectáculo de ritmo trepidante e moderno. Usando somentes a mímica e o xesto conta a historia da vida diaria dun clown cagabundo que se ve inmerso en todo tipo de situacións e aventuras.

Circasu Teatro Circo con "Circómico" (Córdoba)
- Castelán / Novo Circo
- 60 minutos

Domadores sin animais pero con inimaxinable valor, músicos imprevistos, malabaristas que o inventan todo no momento, e todo esto nun ambiente de película. Desde a súa estrea en maio do 2002 o espectáculo representouse en 20 ocasións e en lugares como Bilbao, Málaga, nos Festivais de teatro de rúa de Córdoba, Granada...

Circusfusión con "Día tras Día"
- (Ferrol) / Galego / Cabaret Clown
- 40 minutos

Un frenético percorrido de corenta minutos incansables pola vida dunha muller cunha característica excepcional: trátase do primeiro caso de "triple desdobramento físico"dunha muller: ROSA, nas súas facetas respectivas de "boa amante","ama de casa", e "aspirante a Barbie". O humor e a música son, ademáis de Rosa, o fío conductor.

Pablo Muñoz (Good idea Company) con "Esto no es Gualdisnei" (Madrid)
- Castelán / Clown
- 60 minutos

É un espectáculo moi serio, tanto como poñerse diante dun touro de 500 Kg cun trapo vermello. Pablito de Talavera de La Reina toma a alternativa. Comeza a corrida en "El Pablito" lucirase cos seus tercios de banderillas e a súa espectacular faena de muleta.