Manicomio só para Clown é un espectáculo creado e dirixido por Carlo Colombaioni, no que interveñen seis clowns galeg@s , que se presentan ante o público representando as personaxes máis variopintas e divertidas.

Nesta producción, o mestre italiano, considerado como o mellor clown do mundo, recupera algunhas das técnicas máis arraigadas nas tradicionais farsas da súa saga familiar. A experiencia e a veteranía de Carlo Colombaioni, unida á enerxía e actitude de risco e traballo da compañía Os sete magníficos máis un fan de Manicomio só para Clown un proxecto único destas caracterísiticas en Galicia.

Manicomio só para Clown utiliza un formato de varios sketches unidos por un fío conductor, que só se comprende ao finalizar a obra. As historias representadas recrean as aventuras de Don Quixote e o seu fiel escudeiro, Sancho Panza, ou ao mesmo Guillermo Tell con problemas de puntería.

Esta producción é a segunda do Festival Internacional de Clown de Galicia ( Festiclown, Pontevedra do 15 ao 21 de xullo ) que nace para levar o festival a todas as partes de Galicia e continuar coa tarefa de promover o clown no noso país.

EQUIPO ARTÍSTICO  
Creación e Dirección: Carlo Colombaioni
Director en xira: Iván prado
Escenografía: Jöns Pappila
REPARTO  
JOSÉ LOSADA O DIRECTOR
FRAN REI DON QUIXOTE
DENTISTA 1
POLICIA 1
CIENTÍFICO
DOUTOR 1
PEDRO BRANDARIZ SANCHO PANZA
POLICÍA 2
COBAIA
APURAO
MARIAN BAÑOBRE E JÖNS PAPPILA IO PARTO
ISABEL MARTÍNEZ -RISCO VALDIVIESO DUELO 1
DOENTE
PEONA
PACIENTE
MIGUEL D'OCA DUELO 2
DENTISTA 2
CONDUCTOR
GUILLERMO TELL
DOUTOR 2
DATOS TÉCNICOS:  
Producción: Festival Internacional de Clown de Galicia
Distribución: Accionarte, s.l.
Telf: 981 58 28 36
Enderezo: Vespasante, 15 Baixo, 15578 Narón.

Financiación: Concello de Pontevedra
Colabora: Fundación Caixa Galicia