

Desde a organización do
Festival Internacional de Clown de Galicia entendemos que a cultura ademais de ser participativa, comunitaria e creativa debe ser tamén solidaria a través da colaboración con outras comunidades do mundo.
Por iso, edición tras edición mantemos o
Fondoclown solidario. Este ano, boa parte dos beneficios recadados no Festival e na xira de presentación irán destinados a oganizar unha caravana de pallasos pola Paz en Palestina en colaboración con
Payasos sin Fronteras e os
Sete magníficos máis un.
O
Fondoclown solidario contará co 75% dos beneficios acumulados durante a xira de presentación e coa venta de entradas para a Mostra internacional durante o festival. Con estes beneficios,
Festiclown e
Pallasos sin fronteras unen esforzos encamiñados a levar o sorriso aos territorios ocupados de Palestina, nos que a poboación civil, máis ainda a infancia e a adolescencoa vése afectada pola destrucción e a violencia que xera odio en xeracións futuras, por iso é preciso facer o esforzo por mellorar a situación Psicolóxica de poboacións que son víctimas da destrucción, empregando a risa como recurso terapéutico, mediante espectáculos e obradoiros de información socieducativos.
Liñas de intervención
- 1.- A Terapia da risa
- 2.- Apoio psicosocial: a liña medular deste proxecto consiste no desenvolvemento de espectáculos e obradoiros terapéuticos, orientados cara a prevención de transtornos.
Beneficiarios
Beneficiarios directos: nenos/as de Palestina das zonas ás que se poida chegar, aproximadamente 5.000 persoas ( segundo datos de nenos/as espectadores da Caravana que
Pallasos Sin fronteras realizou o ano pasado)
Zonas de intervención
Todos aqueles de Cisjordania e Gaza aos que se poida chegar, coa posibilidade de facer intervencións en : Ramallah, Hebrón, Nablús, Khan Younis, Yenin e Belén.
Empregarase a risoterapia, as técnicas de desenvolvemento da expresión e á creatividade para mellorar a situación psicolóxica dos e das que son espectadores, participantes e víctimas nun momento no que a situación é alarmante
Palestina leva máis de 50 anos soportdando unha realidade opresiva. Varias xeracións foron víctimas do conflicto, o paro a desesperación, baixo a ocupación e a constante ameaza de morte. En consecuencia, homes e mulleres viven inmersos nun ambiente escasamente propicio para vivir dunha forma sana.
A través da túa participación no Festiclown estarás contribuíndo tamén co
Fondoclown solidario e que se poida facer realidade a intervención en palestina a través da Caravana.